sábado, 19 de noviembre de 2016

III Concurso de guións contra a violencia de xénero 2016

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación se- cundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados e titorizados por persoal docente do centro público de estudos ao que se adscribe, pertencentes á provincia da Coruña, e apoiados pola Dirección do centro.

Outorgarase un único premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, no que se producirá o vídeo con base no guión gañador que se adaptará segundo as necesidades e onde as persoas participantes poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso.

Prazo: o prazo de admisión de guións ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase aos 30 días naturais.