viernes, 25 de noviembre de 2016
CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN VENRES 25 DE NOVEMBRO ÁS 20 H NO OBELISCO da Coruña
Mulleres organizadas na Coordinadora local da Marcha
Mundial das Mulleres da Coruña convocamos á aconcentración para hoxe 25
de novembro, Día Internacional de loita contra a violencia machista, ás 20 horas no Obelisco.
Traballamos durante todo o ano para visibilizar e
denunciar as violencias machistas e transformar a sociedade para erradicalas.
Con esa intención, representaremos unha performance que pretende identificar os
distintos tipos de violencia que sofrimos as mulleres polo mero feito de selo.
Este 25N queremos lanzar unha mensaxe en tempos duros
nos que as violencias se multiplican: A violencia machista non ten idade:
erradiquémola. E queremos lembrar tamén que a violencia machista é contra todas
e que as solucións son coletivas.
Un 25 de novembro máis de loita contra a violencia
machista. Contra a violencia que sufrimos as mulleres polo feito de sermos
mulleres. Van 17 anos desde que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designase o
25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a
Muller, e non nos cansamos, non esmorecemos ante os ataques daqueles que se
senten ofendidos. Daqueles que deslixitimando o discurso feminista son cómplices
de cada asasinato, de cada agresión, de cada violación. Porque non son feitos
illados, noticias breves da sección de sucesos dos informativos, senón a
consecuencia do sistema de valores que avala o dominio dun sexo que se afirma
sobre outro que lle pertence.
“Cando agriden a unha nos agriden a todas” non é
metafórico, xa que coas agresións preténdese que esteamos pasivas, inanes,
temerosas, inseguras e coartar a nosa liberdade. Non. Berramos que a cada
agresión levantan a nosa ira. O androcentrismo non vai seguir ocultando a nosa
voz. Queremos que as regras de xogo non dependan de se nacemos nenas, nenos ou
transxénero. Queremos vivir sen medo.
Seguiremos en marcha ata que TODAS sexamos libres!!
Este 25N, como o resto do ano, saimos ás rúas
reclamar unha vida sen violencia.
Fronte a violencia machista, loita feminista!
Etiquetas:
AGaSEX,
convocatorias,
marcha mundial mulleres,
violencia machista
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario