sábado, 20 de febrero de 2016

MANIFESTO PLATAFORMA CORUÑA DEREITO AO ABORTO

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto de A Coruña con data de 20 de xullo deste ano 2015, entregou no rexistro do Complexo Universitario da Coruña un escrito dirixido ao Xerente do complexo e ás directoras médica e de enfermaría, no que describía como tiña que ser a atención ás mulleres que teñen un aborto no 2º Trimestre da xestación, segundo os protocolos internacionais, denunciando que non se estaban a cumprir os mínimos do que marcan os protocolos, polo que instabamos ás autoridades responsables a que tomasen as medidas oportunas para garantir unha atención integral e de calidade na atención ás mulleres que precisaban un aborto no 2º trimestre do seu embarazo.

Despois de case sete meses e dado que non houbo resposta, facemos un chamamento a toda a cidadanía a que exprese o seu rexeitamento a esta situación:

Acudindo á mobilización que terá lugar o vindeiro xoves 18 de febreiro de 2016 ás 12h diante do Rexistro do Hospital Universitario de A Coruña (na rotonda de acceso ao Hospital) entregando este escrito de reclamación e/ou enviándoo aos correos electrónicos de:

-Francisco.Jose.Vilanova.Fraga@sergas.es
- Pilar.Mata.Freire@sergas.es
- Maria.Angeles.Navasquillo.Lorda@sergas.es

Ao coidado de Francisco José Vilanova Fraga
Ao coidado de Pilar Mata Freire
Ao coidado de María Ángeles Navasquillo Lorda

Enviando chíos a @PGAbortoCorunha.

Compartindo en facebook este evento de PGDA da Coruña.

Tendo coñecemento de que:

1º. A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto de A Coruña con data de 20 de xullo do ano 2015, entregou no rexistro do Complexo Universitario da Coruña un escrito dirixido ao Xerente do complexo e ás directoras médica e de enfermaría, no que describía:

• Como debería de ser a atención ás mulleres que teñen un aborto no 2º Trimestre da xestación, segundo os protocolos internacionais (Conferencia Internacional sobre Poboación e Desenvolvemento, O Cairo 1994 e a súa revisión posterior en Nova York 1999).
• Como non se estaban a cumprir os mínimos que marcan os protocolos, polo que instaba ás autoridades responsables a que tomasen as medidas oportunas para garantir unha atención integral e de calidade na atención ás mulleres que precisaban un aborto no 2º trimestre do seu embarazo.

2º. Despois de case sete meses non houbo resposta pola administración.

SUMÁMONOS Á DENUNCIA da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto da Coruña

“Que as autoridades da área sanitaria da Coruña están a vulnerar os dereitos sexuais e reprodutivos de todas nós. Porque as mulleres que teñen necesidade de que se lles practique un aborto de máis de 14 semanas por causas médicas, no hospital materno -infantil da Coruña son dobremente castigadas ao non ter a mesma atención que nun parto.
Ao trauma de ter que interromper un embarazo desexado, cómpre engadirlle que van parir o feto morto sen posibilidade de anestesia epidural.

Ademais non se lles pode garantir que vaian ser atendidas durante todo o proceso por xinecólog@ ou matrona, nin que vaian ter o expulsivo (parto) asistido nun paritorio e non na habitación de ingreso.

Para ter a seguridade de dispor dunha atención axeitada tal e como recollen os protocolos internacionais: ser atendida en todo momento por profesionais de xinecoloxía e ter acceso á anestesia, as mulleres teñen que desprazarse ata Madrid.

Ademais non queremos esquecernos de denunciar tamén que as mulleres de 30 concellos do rural : Abegondo,Aranga,Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Camariñas, Carballo, Cee, Cerceda, Coirós, Corcubión, Coristanco, Culleredo, Curtis, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laracha, Malpica, Miño, Muxía, Oza - Cesuras, Paderne, Ponteceso, Sobrado dos Monxes,Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas, están sen profesional de xinecoloxía no seu Centro de Orientación Familiar de referencia (O COF do Ventorrillo) dende xaneiro do 2013.
Este tipo de atención vulnera os acordos internacionais sobre os “Dereitos Sexuais e Reprodutivos” recoñecidos como dereitos humanos.

E por todo instamos a que se adopten as medidas oportunas para garantir unha atención integral e de calidade.




DENUNCIAMOS

- Que na área sanitaria da Coruña están a vulnerar os dereitos sexuais e reprodutivos de todas nós.
- As mulleres que temos necesidade de que se nos practique un aborto de máis de 14 semanas por causas médicas no hospital materno -infantil Teresa Herrera da Coruña, somos dobremente castigadas ao non ter a mesma atención que nun parto.
- Ao trauma de ter que interromper un embarazo desexado, non se nos pode garantir a atención durante todo o proceso por persoal sanitario, nin que teñamos o expulsivo (parto) asistido nun paritorio, obrigándonos a parir o feto morto na mesma habitación do ingreso, sen posibilidade de anestesia epidural.
- Ante esta situación a única saída que temos as mulleres para ser atendidas en todo momento por profesionais sanitarios e ter acceso á anestesia, é desprazarse fóra de Galiza, a Madrid.

ESIXIMOS

1º.Que contraten XA parteiras que nos atendan ás mulleres durante todo o proceso: indución do parto e expulsivo do feto morto.
2º. Parir o feto morto nun paritorio con posibilidade de anestesia epidural como todas as parturientes.



Mulleres obrigadas a abortar soas pola falta de matronas na área de xinecoloxía do CHUAC

A Plataforma en defensa do dereito ao aborto e o COF denuncian que a Xerencia non garante unha atención acaída ás mulleres que abortan após 14 semanas de xestación através da indución do parto.

A Plataforma en defensa do dereito ao aborto da Coruña convocou unha movilización o 18 de febreiro diante do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) para denunciar a situación que atinxe as mulleres que teñen que interromper o seu embarazo pasadas 14 semanas de xestación.

Partos en habitacións convencionais e sen asistencia sanitaria de calidade, sinala Chus Díaz Anca desde o Centro de Orientación Familias (COF). “É un horror”, denuncia.

"É un horror, a violencia é total, é intolerábel"

No concreto, aquelas mulleres que contan cunha gravidez superior ás 14 semanas teñen dúas opcións para interromper o embarazo. “Facelo no Materno” ou “ir a unha clínica privada-concertada en Madrid”, explica.

Trátase de situacións nas que concorren algún dos dous supostos contemplados pola actual lei en vigor, “malformación fetal, moitas delas incompatíbeis coa vida” ou “problemas de saúde para  nai”, sinala Chus Díaz. Estas interrupcións, embora ser unha decisión da muller, son “moi difíciles” pois “son embarazos desexados”.

Indución do parto

Para interromper a gravidez “emprégase unha técnica que consiste na indución ao parto” através da colocación duns óvulos que provocan a expulsión do feto, ora ben, “morto”. A práctica ten lugar no Materno “na área de xinecoloxía” e “non hai matronas, só enfermeiras”. “Teño en terapia mulleres que tiveron o parto na habitación, soas e sen anestesia”, explica, pois o persoal anestesista “négase a pór a epidural nesa situación”. Unicamente a supervisora da área, unha matrona, asiste as mulleres que, no entanto, acuden ao hospital cando ela se atopa nas instalacións. Faino de maneira voluntaria pois, “non está contratada para iso”.

“Teño en terapia mulleres que tiveron o parto na habitación, soas e sen anestesia”, explica, pois o persoal anestesista “négase a pór a epidural nesa situación”.

Desde a Plataforma en defensa do dereito ao aborto “denunciámolo hai tempo”, di. Concretamente en xullo de 2015 remitiron un escrito dirixido á Xerencia do CHUAC e ás directoras médica e de enfermaría no que describían “como debía ser a atención das mulleres que teñen un aborto no segundo trimestre de embarazo” de acordó co fixado polos protocolos internacionais. Porén, explica Chus Díaz, “desde o COF levamos moito máis tempo denunciándoo e mantendo xuntanzas” coa dirección do hospital. “Neste tempo din que van cambiar mais polo de agora nada”.

A alternativa a esta realidade é que as mulleres sexan atendidas nunha clínica privado-concertada de Madrid na que “é diferente”. Paren nun paritorio e coa supervisión dunha matrona, afirman. Mais non todas as mulleres están en disposición de asumir este deslocamento.

Deslocadas a Madrid á privada

Por que en Madrid?, preguntamos. “No Materno non se practicaban abortos” até hai un tempo. “Como o permite a lei todos os profesionais se declararon obxectores de conciencia” e na Galiza non existían clínicas “con licencia para practicar abortos a partir das 14 semanas”. “Cando comezaron a facelos, isto empezou así”, sinala en relación ás condicións nas que se levan a cabo. É unha situación, afirma, “de violencia total, é intolerábel”.

"As mulleres teñen pesadelos e ansiedade sobre todo polas imaxes que lles quedan após ter un feto morto entre as pernas mentres agardan".

Chus Díaz sábeo ben. Desde o COF levan a cabo terapias con algunhas destas mulleres. “Teñen pesadelos e ansiedade”, sobre todo polas imaxes que lles quedan “após teren un feto morto entre as pernas” mentres agardan a que profesionais sanitarios con formación “retiren a placenta”. Tarefa que non levan a cabo as enfermeiras e si matronas e xinecólog@s.

“Non podemos garantir que todas as mulleres teñan unha atención sanitaria acaída” nas mesmas condicións en que paren “mulleres con fetos vivos”, apunta.

“Teño mesmo mulleres en terapia que tiveron que pór os óvulos elas propias cando iso é labor dun sanitario”, sinala en relación ao tratamento que se suministra para provocar o aborto.

Sen COF no Ventorrillo

Após sete meses desde a queixa presentada pola Plataforma en defensa do dereito ao aborto e perante o silencio da administración, o colectivo feminista, apoiado tamén pola Plataforma en defensa da sanidade pública, chaman a participar nunha movilización o 18 de febreiro ás 12h perante o CHUAC mais tamén a que outras organización ou persoas individuais fagan chegar as súas queixas á Xerencia do hospital denunciando que “as autoridades da área sanitaria da Coruña están a vulnerar os dereitos sexuais e reprodutivos de todas nós. Porque as mulleres que teñen necesidade de que se lles practique un aborto de máis de 14 semanas por causas médicas, no hospital materno -infantil da Coruña son dobremente castigadas ao non ter a mesma atención que nun parto”, sinalan nun escrito.

A Plataforma lembra que os 30 concellos que abrangue o COF do Ventorrillo continúan sen profesional de xinecoloxía desde xaneiro de 2013.

Aliás, lembran quen as mulleres de 30 concellos do rural: Abegondo ,Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Camariñas, Carballo, Cee, Cerceda, Coirós, Corcubión, Coristanco, Culleredo, Curtis, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laracha, Malpica, Miño, Muxía, Oza - Cesuras, Paderne, Ponteceso, Sobrado dos Monxes,Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas, están sen profesional de xinecoloxía no seu Centro de Orientación Familiar de referencia (O COF do Ventorrillo) dende xaneiro do 2013.

Persoal

Esta terza feira as organizacións que integran a Plataforma en defensa do dereito ao aborto reúnense para valorar máis accións entre as que se atopa derivar a información recompilada a algunhas parlamentares do Pazo do Hórreo na que procura de responsabilidades por parte do goberno galego.

Neste senso, reclaman "habilitar un espazo onde están as matronas" ou "contratar matronas en xinecoloxía que cubran todas as quendas, mañá, tarde e noite". Desde a dirección do hospital "dixeron que estaban a habilitar unha sala especial" mais diso vai "máis dun ano", sentencia.


Un aborto no segundo trimestre: ¿que din os protocolos internacionais?

A Organización Mundial da Saúde e Ipas fixan os procedementos a seguir para a interrupción dun embarazo a partir da 14ª semana de xestación.

Guías e protocolos internacionais describen como deben desenvolverse as interrupcións da gravidez a partir do segundo trimestre. De acordo co relato do Centro de Orientación Familiar do CHUAC e de Sabela, unha muller que abortou na 16ª semana de embarazo no Arquitecto Marcide de Ferrol, na Galiza non se estarían a cumprir en todos os casos as indicacións.

En 1994 a Conferencia Internacional sobre Poboación e Desenvolvemento decorrida no Cairo promulgou un mandato que obriga a todos os estados asinantes do mesmo, entre eles o español e por extensión a Galiza, a adoptar as medidas necesarias para garantiren abortos "seguros" e "accesíbeis". Neste senso, sinálase que cada muller ten dereito a recibir servizos seguros de atención integral do aborto e posterior a este. Así, durante todo o proceso deberán terse en conta as súas inquedanzas, intereses e necesidades.

Os protocolos internacionais fixan as inquedanzas, intereses e necesidades das mulleres como unha prioridade ao longo do proceso.

Aliás, descríbense os dous procedementos que habitualmente se seguen para a interrupción da gravidez a partir da 14ª semana, abortos cirúrxicos ou médicos/farmacolóxicos, tamén coñecidos como abortos por indución. Eis os casos denunciados pola Plataforma en defensa do dereito ao aborto na Coruña e Ferrol. No entanto, internacionalmente fíxase o dereito das mulleres a escoller entre as dúas opcións (cirúrxico - farmacolóxico).

As mulleres teñen dereito a elixir entre abortos cirúrxicos ou farmacolóxicos/por indución.

De acordo cos criterios estabelecidos pola Organización Mundial da Saúde (OMS) en Aborto sen riscos, guía técnica e de políticas para sistemas de saúde (Xenebra, 2012) estes deben empregar unha asociación de medicamentos. No concreto, mifepristona e misoprosol. Este último atópase en protectores estomacais como o Cytotec, empregados habitualmente nos abortos clandestinos. Dilata o útero e induce as contracións.

Intimidade, comodidade e atención médica

Aliás, sublíñase o apoio psicolóxico á muller como un elemento chave na prestacón de servizos de atención integral do aborto. Así mesmo, as guías describen os equipamentos e profesionais cos que deberán contar as mulleres que teñan que someterse a un aborto por indución. De maneira detallada estas indicacións foron achegadas pola Plataforma galega polo dereito ao aborto da Coruña en xullo de 2015 nun escrito remitido á xerencia de xestión integrada, á dirección médica da EOXI da Coruña e á dirección de enfermaría.

Ao contrario do que fixan as guías internacionais, as mulleres non agardan en espazos habilitados.

O documento, ao que tivo acceso Sermos Galiza sinala que, de acordo cos protocolos internacionais, as Unidades nas que serán atendidas as mulleres deberán contar con acceso a un equipo de ecografía, un espazo para que as mulleres agarden comodamente mentres a mifepristona prepara o colo do útero e un espazo confortábel para todo o proceso nos abortos por indución, lonxe das salas de dilatación de partos. Aliás, contarán cunha sala de recuperación para descansar despois do procedemento.

En conversa con Sermos Galiza, unha das mulleres ás que se lles practicou este aborto narra como estivo agardando nunha sala con mulleres que estaban a preparar o seu protocolo de parto e mesmo unha parideira. Aliás, foi ingresada nunha habitación partillada con outra doente que ía ser intervida cirurxicamente ao día seguinte.

Recomendan que as mulleres non teñan contacto cos restos fetais

Doutra banda, os abortos por dilatación e extracción deberán contar cun paritorio básico no que exista o preciso para suministrar anestesia epidural ou sedación. As habitacións de ingreso nas que decorren estes abortos quer no CHUAC, quer no CHUF non permiten o traballo dos profesionais anestesistas polo que as mulleres se ben obrigadas a parir con dor.

Aliás, recoméndase unha equipa de saúde estábel e preparada que garanta non só eficacia no proceso senón seguridade e atención ás mulleres. Isto é, anestesistas, matronas, xinecólog@s e mesmo persoal de apoio.

O procedemento descrito pola Plataforma polo dereito ao aborto da Coruña, recollido pola Guía de atención integral de Ipas, sinala que "os restos [do feto] permanecerán fóra da ollada da muller en todo momento" algo que non acontece cando son elas as que asumen soas a expulsión, como denuncian.


"Están a obrigar as mulleres a inducir o parto"

A Plataforma rexistrou un escrito dirixido á Xerencia do CHUAC 

A Plataforma polo dereito ao aborto da Coruña sinala que no Materno "obrigan" as mulleres aos abortos inducidos. "Non é puntual", alertan, "é unha realidade". O Defensor do Paciente pide á Fiscalía que investigue. 
VÍDEO

Unha concentración decorrida ás portas do Hospital Materno Infantil da Coruña, convocada pola Plataforma polo dereito ao aborto, reclamou esta quinta feira (18 de febreiro) que se garanta o "aborto digno" para aquelas mulleres que teñen que interromper a súa gravidez durante o segundo trimestre de embarazo.

Ao berro de "que cese a tortura" as mulleres exixiron que se preste a debida atención sanitaria ás mulleres para rematar cos casos de abortos por indución sen asistencia que están a desenvolverse no CHUAC, mais tamén no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

En conversa con Sermos Galiza, Margarida Corral, integrante da Plataforma e secretaria de Muller da Confederación Intersindical Galega (CIG) asegurou que, ao contrario do que afirma a Xerencia do CHUAC, "están a obrigar as mulleres a inducir o parto" pois non poden escoller entre as dúas fórmulas contempladas nos protocolos internacionais e na que se inclúe, para alén do aborto farmacolóxico ou por indución, o de dilatación e extracción (cirúrxico).

"Están a obrigar as mulleres a inducir o parto, non hai opción de escolla"

"Non hai opción de escolla", afirma Margarida Corral, "iso é unha evidencia, non hai protocolo e se é que o hai que o digan e informen as mulleres" para decidiren por cal das dúas opcións optan.

Desde a Plataforma polo dereito ao aborto subliñan que se está a producir unha discriminación entre aqueles fetos viábeis que nacen vivos e cuxas nais "si poden ter asistencia e sedación" e aqueloutras que teñen que interromper a súa gravidez. "Non teñen as mesmas condicións", advirten, polo que exixen sexan modificados os actuais protocolos para que non se repitan casos como os feitos públicos ao longo dos últimos días e nos que diversas mulleres deron conta de abortos inducidos en habitacións de ingreso nos que tiveron que parir os fetos soas, no baño e en cuñas de ouriñar.

A Plataforma exixe que sexan modificados os protocolos para que as mulleres poidan decidir se optan por un procedemento de dilatación e extracción con sedación.

"É incríbel e denunciábel que existindo casos nen sequera se muden os protocolos", subliñan. Neste senso, rexistraron un escrito esta quinta feira ao remate da concentración dirixido á Xerencia da EOXI da Coruña no que reclaman o cumprimento dos protocolos internacionais a respeito dos abortos no segundo trimestre. Aliás, lembran que hai 7 meses que agardan unha resposta por parte da dirección do CHUAC após remitírenlle un escrito en xullo de 2015 do que non recibiron resposta.

O Defensor do Paciente pide á fiscalía que investigue

Asegura que se trata dunha situación "vergoñenta" e "ruín" na que "hai unha presunta mala fe".

Esta quinta feira (18 de febreiro) a Asociación do Defensor do Paciente presentou un escrito perante a Fiscalía de Galiza para que inicie de oficio unha investigación arredor dos abortos sen asistencia médica que están a ter lugar no CHUAC, mais tamén no CHUF.

O colectivo insta a que se determine que está a acontecer após as denuncias públicas que narran interrupcións do embarazo durante o segundo trimestre de xestación ás que "non se lles garante que estexan atendidas por persoal médico, nen recibir a epidural" como denunciou a Plataforma polo dereito ao aborto da Coruña e o propio Centro de Orientación Familiar (COF) da Coruña. Aliás, lembran desde o Defensor do Paciente, para accederen a unha asistencia coas debidas garantías "a única alternativa que se lles ofrece é desprazarse a Madrid".

A asociación ve unha "presunta mala fe, denegación de asistencia e dano psicolóxico ás mulleres con coñecemento de que se está a facer" polo que exixen sexan depuradas responsabilidades ao poder incorrer nunha forma de "maltrato" ás mulleres como é a violencia obstétrica.


O Sergas terá que aclarar os abortos sen asistencia médica no hospital público da Coruña

Abortos sen asistencia médica no hospital público da Coruña. Esa é a denuncia da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, que asegura que as mulleres que se ven obrigadas a abortar no segundo trimestre de embarazo non teñen garantida a asistencia necesaria, nin a duha matrona nin a do persoal médico axeitado, no Materno Infantil da Coruña.

A Plataforma polo Dereito ao Aborto denuncia que no Materno Infantil non se garante a asistencia necesaria a unha muller que aborta no segundo trimestre de embarazo.

Foi hai xa sete meses cando a Plataforma, a través do COF (Centro de Orientación Familiar) remitiu un escrito á xerencia do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e ás directoras médicas e de enfermaría do hospital advertindo de como debía ser a atención a estas mulleres que sofren un aborto a partir das 14 semanas de xestación segundo os protocolos internacionais. No mesmo texto denunciábase que non se estaban a cumprir nin cos mínimos no Materno Infantil e instábase a tomar medidas. Pero nada se fixo aínda. De feito, a xerencia da área sanitaria recoñeceu que non se garante a asistencia a cada unha das pacientes que acode a esta interrupción do embarazo do mesmo xeito que nun parto. Segundo recolle Radio Coruña, o Materno xustifica o seu traslado a xinecoloxía para preservar a súa intimidade.

"Como mínimo pediamos un protocolo por escrito da xerencia para que os traballadores o tivesen en conta e se aplicase, pero nin iso recibimos", explican desde a Plataforma, que aclara que desde que en xullo reclamaron solucións "nunca" tiveron resposta. Aínda así, houbo algún avance no hospital, onde se chegou a habilitar un cuarto para estes abortos, pero ningún avance máis e coa mesma problemática vixente.

A situación foi denunciada á xerencia do CHUAC hai sete meses pero non houbo solución ningunha.

As denuncias son graves, tanto como que houbo mulleres que tiveron que abortar soas nunha cama ou mesmo no baño do seu cuarto e sen asistencia ningunha para recoller o feto, o que tamén provoca danos psicolóxicos que logo deben ser tratados. Ademais, e segundo advirten, non hai posibilidade de recibir a anestesia epidural nin garantía de asistencia médica. A xerencia ofrece como solución, no caso de querela garantida, que as pacientes sexan trasladadas a Madrid e que o Sergas asuma os custos do desprazamento.

"Non é un caso illado nin dous, son moitísimos testemuños e máis que están a xurdir logo da denuncia pública", insisten desde a Plataforma, que aclara que este proceder vai en contra de todos os protocolos internacionais sobre dereitos sexuais e reprodutivos, que advirten da necesidade de que a muller sexa atendida por profesionais de xinecoloxía e un parto asistido nunha sala axeitada e non no cuarto de ingreso.

Mulleres tiveron que abortar soas nunha cama ou nun baño sen asistencia ningunha para recoller o feto, segundo as denuncias.

O caso chegou xa ao Parlamento e o BNG presentou unha interpelación na que reclama do Goberno galego e da Secretaría Xeral de Igualdade abrir unha investigación sobre as condicións nas que se atopan as mulleres sometidas á interrupción voluntaria do embarazo. "É un horror, a violencia total; é intolerábel", aseguran catro deputadas do Bloque, que presentaron tamén unha pregunta en pleno. Ademais, o Concello da Coruña vén de solicitar unha xuntanza co conselleiro de Sanidade ante a “preocupación” pola atención do CHUAC.

O BNG pide unha investigación e o Concello da Coruña xa solicitou unha xuntanza co conselleiro.

“Consideramos necesario que se doten os servizos para que esta situación, xa de por si tan traumática para as mulleres, non se produza e dispoñan tanto de persoal sanitario como de anestésicos (epidural), igual que se de un parto se tratase”, sinala a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, no documento remitido este mércores ao departamento autonómico.

Respecto das causas desta situación, a Plataforma asegura que "inflúe" o recorte de persoal que na sanidade pública se leva facendo nos últimos anos, pero lembran que "isto sucede, en maior ou menor medida, en todas as áreas sanitarias de Galicia desde hai anos". En Ferrol, sen ir máis lonxe, tamén se denunciaron casos semellantes. "É evidente que os recortes afectan pero tamén é unha cuestión ideolóxica; de non ser así, non se entende que se garanta a asistencia e tratamento axeitado dunha muller que vai parir un fillo e non daquela que, pola causa que sexa, aborta no segundo trimestre de embarazo", engaden.

A Plataforma atribúe a situación ao "recorte de persoal" pero, sobre todo, a "unha cuestión ideolóxica".

Ante este caso, o colectivo xa convocou unha mobilización para este xoves 18 de febreiro, ás 12 horas, diante do Rexistro do Hospital Universitario da Coruña para reclamar que se "tomen as medidas oportunas para garantir unha atención integral e de calidade ás mulleres que precisan un aborto no segundo trimestre do seu embarazo". Ademais, anima a cidadanía a entregar escritos de reclamación no rexistro do CHUAC, "expresando o seu rexeitamento a esta situación e demandando que se adopten as medidas oportunas".


A Valedora advirte de situacións en que o Sergas trata como "doentes" ou "pervertidos" persoas LGTBi

Milagros Otero, presentou no Parlamento o Informe extraordinario sobre a situación de persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais na Galiza e alerta da "falta de formación" entre @s profesionais da educación ou a sanidade, entre outros sectores.

A Xunta anuncia un protocolo após deixar o PP sen contido a lei LGTBi

Esta quinta feira (18 de febreiro) a Valedora do Pobo, Milagros Otero, presentou no Pazo do Hórreo o Informe extraordinario sobre a situación de persoas LGTBi http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/AxendaParlamentaria/c_pet_2016_02_18_docu.pdf na Galiza, un documento elaborado a partir de encontros cos colectivos e asociacións para a defensa das liberdades sexuais e de xénero.

Milagros Otero atribúa á "falta de formación" o tratamento discriminatorio e vexatorio que reciben persoas LGTBi nas institucións públicas.

Neste senso, na súa intervención a Valedora alertou da "falta de formación" d@s profesionais, nomeadamente da sanidade. Neste senso, Milagros Otero sinalou que aínda se producen situacións nas que o persoal do Sergas --médico e psicolóxico-- trata como "doentes" ou mesmo "pervertidos" ás persoas LGTBi chegando mesmo a diagnosticaren como "trastornos da personalidade ou esquizofrenía" as identidades sexuais.

Aliás, instou a "desmitificar" o vencello entre as persoas LGTBi e a transmisión do VIH/SIDA.

Mais, lembrou tamén que a "inexistencia" de protocolos específicos no ámbito educativo e da falta de formación e información por parte das equipas docentes impiden combater de maneira eficaz casos de transfobia ou agresións por razón de identidade sexual. Neste senso, desde a Consellaría de Educación xa avanzaron a pasada semana que están a concluír un protocolo educativo na materia e que podería ser presentado a vindeira semana.

A Valedora recibiu apenas 3 queixas por agresións LGTBifóbicas de entre máis de 36 mil.

A presentación do extenso informe coincide coa recente agresión homófoba acontecida en Compostela. Neste senso, a Valedora indicou que se reuniu cos colectivos Ultreia e ALEAS a petición propia para coñecer o acontecido e advertiu do "repunte" de condutas LGTBifóbicas polas que amosou a súa "preocupación".

Neste senso, a Valedora indica que apenas recibiu "unhas tres queixas" nesta materia das "máis de 36 mil" que se presentaron. Un número, lamentou, "escaso", dixo, que mostra as poucas denuncias que aínda se presentan por agresións LGTBifóbicas, unha cuestión que xa foi subliñada o pasado ano polo anterior Valedor, Julio Fernández, co gallo do informe de 2015.

Neste senso, os colectivos reclaman, como así trasladou Milagros Otero, a aplicación efectiva de Lei para a non discriminación das persoas LGTBi na Galiza aprobada en 2014 mais da que non se están a cumprir boa parte dos seus preceptos, segundo denunciaron as forzas da oposición.


La Junta aprueba el II Plan de Igualdad de Género en la Educación 2016-2021

La nueva estrategia refuerza las medidas para erradicar la violencia y contra la discriminación por orientación sexual o modelo de familia.

El Consejo de Gobierno ha aprobado el II Plan de Igualdad de Género en la Educación, que establece las medidas de la Junta para promover este objetivo en la aulas andaluzas durante el periodo 2016-2021. Respecto al anterior plan, desarrollado desde 2005, la nueva estrategia refuerza las medidas orientadas a la prevención y erradicación de la violencia contra la mujer y a evitar discriminaciones por identidad y orientación sexual, modelo de familia o formas de convivencia. Asimismo, incorpora otras que inciden en la cultura que sustenta la desigualdad, especialmente la tradicional socialización diferenciada.

Las iniciativas recogidas en el plan se agrupan en cuatro grandes finalidades: establecer las condiciones para que los centros desarrollen planes coeducativos a través de una organización escolar y de un currículo sin sesgos de género; desarrollar acciones de sensibilización, formación e implicación de la comunidad educativa; promover iniciativas de prevención de la violencia, e integrar la perspectiva de género en el funcionamiento de la Administración educativa andaluza.

Entre las previsiones concretas destaca la creación de la Red Andaluza de Centros Igualitarios y Coeducativos, que aglutinará a los colegios e institutos que lideren experiencias en este ámbito, y la habilitación de un sistema de registro y seguimiento de los casos de violencia de género, que incluirá tanto las nuevas formas de acoso o abuso sexual a través de las redes sociales como todo tipo de agresiones sexistas, homófobas o contra las personas transexuales.

De acuerdo con la estrategia aprobada, los centros deberán elaborar planes de igualdad específicos e incorporar sus objetivos en los de convivencia y los de orientación y acción tutorial, así como en las programaciones didácticas. Por su parte, la Inspección Educativa supervisará los contenidos curriculares, con especial atención a la eliminación de los prejuicios y los estereotipos sexistas y al uso de un lenguaje inclusivo.

Asimismo, la Consejería de Educación trasladará al profesorado, a las empresas editoriales y a los consejos escolares instrucciones relativas a los criterios de selección de los materiales curriculares, con el fin de garantizar su carácter igualitario y la visibilización de la diversidad sexual y de modelos familiares.

Respecto a la violencia contra las mujeres, se dispone que el Plan de Igualdad de Género de cada centro incluya medidas para reforzar la educación sobre relaciones afectivas entre adolescentes en Secundaria, sobre todo en lo relativo al uso adecuado de las nuevas tecnologías. En aquellos centros que escolarizan población de riesgo, se promoverán iniciativas de formación y sensibilización para evitar prácticas como los matrimonios concertados o la mutilación genital femenina.

Paridad

En cuanto al principio de paridad, la principal novedad es la inclusión de una cláusula de igualdad en las convocatorias que impliquen la contratación de servicios externos. Se refuerzan así las medidas que ya se aplican en el caso de los puestos y órganos directivos, de consulta y de participación en la Administración educativa. También se adoptarán medidas para incentivar una matriculación más equilibrada en aquellas especialidades de Formación Profesional que actualmente son mayoritariamente cursadas por hombres o por mujeres.

El documento aprobado se completa con la mejora de las medidas ya implantadas en el plan de 2005, entre ellas las vinculadas a la utilización de lenguaje no sexista; eliminación de las desigualdades provocadas por la socialización diferenciada; formación específica al profesorado y a las familias; fomento de las prácticas educativas no discriminatorias, y enseñanza de los conocimientos relacionados con las responsabilidades familiares, el cuidado de las personas dependientes y otras tareas tradicionalmente asignadas al ámbito femenino. Los centros seguirán contando con responsables de coeducación, seleccionados entre el profesorado y cuya dedicación se considera como mérito para la promoción profesional.

En la elaboración del II Plan Estratégico de Igualdad de Género en la Educación han intervenido, de forma paritaria, el profesorado de todos los niveles, los gabinetes provinciales de convivencia escolar, la inspección educativa, las familias y el alumnado, además de contar con las aportaciones de diversas entidades y colectivos.

Por otra parte, la consejera de Educación, Adelaida de la Calle, ha presentado al Consejo de Gobierno el Protocolo Integral contra la Violencia Escolar que pondrá en marcha su departamento para agrupar y coordinar las medidas que se llevan a cabo contra cualquier tipo de manifestación de este tipo en la escuela. Entre ellas destacan las desarrolladas desde 2011 para casos de acoso escolar o 'bullyng', en el marco de la normativa de convivencia en los centros docentes, y otras vinculadas a violencia de género, identidad, maltrato infantil y agresiones al personal docente y no docente.

En este mismo ámbito se incluyen también los distintos programas de fomento de la convivencia escolar, a cargo de gabinetes provinciales de asesoramiento y de los profesionales de la orientación educativa, e iniciativas como la Red Andaluza Escuela Espacio de Paz, integrada actualmente por 2.241 colegios e institutos.


La verdad que hay detrás del 'squirting': los entresijos del orgasmo femenino

El ‘squirting’ es un fenómeno que en los últimos años ha ganado tremenda popularidad en Internet. Gracias a la pornografía, muchos hombres y mujeres han visto por primera vez esta rareza que supone la expulsión de un chorro de fluido vaginal mezclado con orina. Pero, ¿es algo que cualquier mujer puede lograr? ¿Está unido al orgasmo o es algo independiente? ¿Es el ‘squirting’ el equivalente femenino a la eyaculación masculina?.

Beverly Whipple, coautora del libro El punto G, explica en él que hay que diferenciar entre eyaculación femenina y ‘squirting’. Para esta sexóloga, los dos fenómenos tienen un mismo origen, en la uretra, pero se diferencia en el contenido del fluido: mientras que en la eyaculación hay bastante más fluidos vaginales, lo que la hace más espesa, en el ‘squirting’ la mayoría de lo expulsado es orina. En concreto, en esa última secreción abunda la orina pura con menos antígenos, sustancias que desencadenan la formación de anticuerpos. Es decir, que los expulsado tiene diferente composición química.

Una investigación publicada en el pasado mes de diciembre por el doctor Samuel Salama en el Journal of Sexual Medicine  demostró este hecho y las diferencias existentes entre los líquidos expulsados en ambos actos.

En el cine XXX se vincula el ‘squirting’al placer. Parece que las actrices están teniendo un orgasmo a la vez que lo ejecutan. Pero todo es puro teatro. Según explica Whipple en declaraciones concedidas a la web fusion.net, esta práctica tiene más que ver con la gimnasia que con el placer: las mujeres que lo pueden hacer simplemente practican y lo realizan en el momento que deseen, como si fuera una voltereta.

Otro tema diferente es la eyaculación femenina. Whipple sí la relaciona con el orgasmo, pero parece que nadie ha sido capaz de filmar una: se produce una cantidad tan pequeña de fluido que es imposible de grabar. La sexóloga asegura que el porno en los que se asegura que hay una eyaculación femenina es un fraude: en ellos solo se ve otro tipo de fluidos que caen de la vagina y no una sustancia que viene de la uretra, que es por donde las mujeres eyaculan.

La eyaculación femenina es en realidad una cantidad ínfima de líquido que se produce en la glándula de Skene (una especie de próstata femenina) cuando algunas mujeres alcanzan el orgasmo. Esta se encuentra al final de la uretra y puede servir de lubricante natural durante el acto sexual.

Whipple descubrió la eyaculación femenina cuando enseñaba a un grupo de mujeres a hacer ejercicios de Kegel para controlar escapes de orina.  Estos pueden ayudar a fortalecer los músculos debajo del útero, la vejiga y el intestino. Y sirven para ayudar a hombres y mujeres que tengan problemas con escape de orina o control intestinal. En su clase, pudo comprobar como algunas mujeres tenían músculos muy desarrollados que controlaban a la perfección la salida o retención de la orina. Según recuerda, estas mujeres solo tenían problemas de escape de orina cuando tenían sexo.

Y en ese hallazgo estaría la clave del ‘squirting’: las féminas que en una relación sexual son capaces de expulsar orina. Las más hábiles -las que tengan más musculatura en la zona- serán capaces de controlar la potencia y expulsar el liquido con más o menos fuerza. Pero que nade se lleve a un equívoco: están básicamente orinando, no eyaculando ni creando una enorme cantidad de flujo vaginal.

Pero a pesar de lo que digan los expertos, hay mujeres que aseguran que lo que expulsan con el squirting no es orina. Es el caso de Cytherea, una actriz porno especializada en este arte que en Daily Dot asegura lo siguiente: “Sé que muchas mujeres de la industria solo hacen pis. Es amarillo y huele mal. Pero lo que yo hago no es orinar. El liquido tiene otra consistencia. Estoy cansada de convencer a la gente. Si es pis, es pis y punto”.


miércoles, 17 de febrero de 2016

Denuncian abortos sin asistencia médica en el Materno

La Gerencia ofrece a las mujeres viajar a Madrid si quieren garantía de asistencia

La Plataforma Galega de dereito ao aborto denuncia que las mujeres que se ven obligadas a abortar en el segundo trimestre de gestación, a partir de las 14 semanas, no tienen garantizada la asistencia de matrona ni de personal médico durante el parto en el Materno Infantil de A Coruña. Se han dado casos de mujeres que han abortado solas en su cama o en el baño de su habitación sin ninguna asistencia ni para recoger al feto. No tienen además en ningún caso la posibilidad de anestesia epidural. La Plataforma celebrará este jueves una concentración a las 12 del mediodía en el CHUAC. Marián Ferreiro es diputada socialista y técnico del Centro de planificación familiar.

La gerencia ofrece a las mujeres trasladarse a Madrid con cargo a la administración sanitaria si quieren tener garantizada asistencia médica en este trance.

La plataforma critica que una mujer que se vea abocada a la necesidad de abortar ante malformaciones o deficiencias del feto o peligro para su salud, después de mantener un embarazo deseado, no reciba asistencia adecuada en A Coruña y tenga doble castigo. Su dolor en esos momentos, el abandono sin garantía de buena atención o enfrentarse a un viaje sóla para someterse a la intervención.

Considera que este trato va en contra de todos los protocolos internacionales sobre Derechos sexuales y reproductivos. Unos protocolos que hablan de la necesidad de que la mujer que aborta sea atendida en todo momento por profesionales de ginecología, médico o matrona, y que tengan expulsivo, parto, asistido en un paritorio, y no en la habitación de ingreso. Explican que hace más de medio año denunciaron la situación ante las autoridades sanitarias y propusieron vías de mejora para la situación sin que la gerencia haya buscado una solución.