martes, 16 de febrero de 2021

Comunicado das Docentes do Programa Coruña Educa (2016-2020) en relación ao programa de Educación Afectivo Sexual do Concello da Coruña

Ante as recentes declaracións da Concelleira de Benestar, Igualdade e Participación Social do Concello da Coruña Dona Yoya Neira, realizadas no pleno do Concello do día 4 de febreiro de 2021, desexamos manifestar e aclarar os seguintes puntos:

Primeiro

As docentes da Asociación Galega para a Saúde Sexual (AGASEX), sen ánimo de polemizar pero si de defender a nosa profesionalidade e ética no traballo, vémonos na obriga de desmentir con rotundidade as declaracións da Concelleira Yoya Neira, cando manifesta publicamente que dende o ano 2016, data na que se aprobou a licitación do Programa de Educación Afectivo-Sexual do Coruña Educa, tratamos a nenas/os e adolescentes como meros suxeitos pasivos en clases maxistrais e que este é o motivo de non prorrogar a licitación do citado programa.

Segundo

metodoloxía empregada para impartir os obradoiros foi fundamentalmente participativa e non maxistral, facilitando en todo momento a interacción e participación do alumnado, posto que entendemos que este tipo de metodoloxía facilita o proceso de aprendizaxe.

A metodoloxía que empregamos aparece recollida nas programacións dos obradoiros e foi aprobada polo equipo técnico do Concello. Nas programacións especifícase claramente que se empregan técnicas pedagóxicas como a discusión socializada, o role playing, a choiva de ideas ou o traballo en grupos, entre outros, e que se empregan múltiples materiais como contos, cancións, vídeos, campañas publicitarias, guías, recursos en liña, fichas, cartolinas, post-it e métodos anticonceptivos reais. A nosa finalidade como docentes é fomentar o benestar, a aprendizaxe autónoma e a capacidade crítica, por iso axudamos ao alumnado a reflexionar e atopar respostas, atendendo ás necesidades e características de cada grupo. Precisamente por este motivo consideramos que é imprescindible facer uso de metodoloxías didácticas de carácter participativo.

Terceiro

Nas súas declaracións no pleno anteriormente mencionado, a Concelleira manifestaba un claro descoñecemento das persoas destinatarias dos programas de Educación Sexual ao afirmar que se seguirán impartindo clases maxistrais en Educación Infantil (*1) e Educación Primaria.

En ningún momento o alumnado de Educación Primaria participou dos obradoiros de Educación Sexual que impartiu a nosa entidade a través do Programa Coruña Educa, xa que non existía ningún programa específico para este nivel educativo.

Cuarto

En AGASEX entendemos que a avaliación da nosa actividade docente é fundamental para a mellora da calidade do proceso educativo e por este motivo solicitamos ao alumnado e aos docentes que cumprimenten avaliacións dos obradoiros que impartimos.

Curso tras curso, recibimos valoracións positivas, unha clara mostra diso pódese atopar nas valoracións que o alumnado fai do noso traballo. Por poñer un exemplo, durante o curso 2018-2019 o alumnado de Educación Secundaria que participaron nos obradoiros de Educación Sexual, valorou estes obradoiros cunha nota media de 8,63 e o alumnado dos obradoiros de VIH valorouno cunha nota media de 9,23. Na mesma liña, no curso 2019-2020 o alumnado de educación Secundaria e Formación Profesional que participou nos obradoiros de Educación Sexual, valorou estes obradoiros cunha nota media de 9,02 e o alumnado dos obradoiros de VIH cunha nota media de 9,12.

Adicionalmente tamén recibimos valoracións positivas (*2) do noso traballo por parte do equipo docente e dos departamentos de Orientación educativa dos centros e entidades cos que colaboramos, que mostran interese curso tras curso por repetir os obradoiros e mesmo se puxeron en contacto coa nosa entidade durante o presente curso 2020-2021 para solicitar Obradoiros de Educación Sexual tras comprobar que non se ofertaban no Programa Coruña Educa.

Quinto

O motivo de non continuar coa prórroga do Programa Coruña Educa comunicado á entidade para a que traballamos mediante un escrito, difire totalmente do referido pola Concelleira no Pleno Municipal. A razón non é que se deron clases maxistrais, que insistimos en que non é certo, senón que o motivo alegado foi a finalización da prórroga do contrato e non a metodoloxía impartida.

Sexto

Respecto a nova convocatoria de ensaio do proxecto piloto do próximo Programa de Educación Sexual do Coruña Educa, realizada sen concorrencia pública o 3 de febreiro de 2021 e cun prazo de presentación de propostas dunha semana, comunicamos que nos vemos na obriga de rexeitar por motivos éticos este tipo de convocatorias.

Sétimo

Por ultimo, queremos manifestar a nosa esixencia de desmentido público por parte da Concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación Social das afirmacións realizadas no Pleno do Concello da Coruña, o pasado 4 de febreiro de 2021. No caso contrario sentímonos obrigadas a tomar as medidas legais oportunas para restablecer a nosa imaxe como profesionais docentes, que se viu seriamente danada despois de case 20 anos impartindo estes obradoiros para o Concello da Coruña, así como para defender a ética e responsabilidade coa que realizamos o noso traballo.

Asinan este comunicado o equipo docente de AGASEX.

Para máis información pódense consultar as seguintes fontes:

As declaracións da Concelleira Yoya Neira no pleno do Concello da Coruña a día 4 de febreiro de 2021 poden consultarse en prensa nas seguintes ligazóns:

Cidadedacorunha.bng.gal, 4 de febreiro de 2021. Resposta ao BNG: este trimestre ponse en marcha o plan piloto dos novos cursos de educación afectivo sexual. Recuperado de https://cidadedacorunha.bng.gal/articulo/novas/resposta-ao-bng-trimestre- ponse-marcha-plan-piloto-novos-cursos-educacion-afectivo- sexual/20210204203337009161.html

La Opinión Coruña, 6 de febreiro de 2021. Los nuevos cursos municipales de educación sexual se ensayarán antes en institutos. Recuperado de https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2021/02/06/nuevos-cursos-municipales- educacion-sexual-34146107.html

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

(*1) A metodoloxía didáctica do Programa Contos para emocionar” de Educación Sexual para alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil non é maxistral, tal e como se pode consultar na seguinte ligazón:

Concello da Coruña, 22 de xaneiro de 2020. Contos para emocionar (Coruña educa) 2019-2020. Recuperado de https://vimeo.com/387692258

(*2) Algunhas valoracións públicas da nosa actividade docente pódense atopar nas seguintes ligazóns:

Curricán, 17 de xaneiro de 2018. Hoxe tivemos a visita de María, que enseñounos un conto fantástico sobre a diversidade e as emocións. Recuperado de https://revistacurrican.wordpress.com/2018/01/17/contos-para-emocionar/

CEIP Wenceslao, 18 de novembro de 2019. Contos para emocionar. Recuperado de

https://eiwenceslao.blogspot.com/2019/11/contos-para-emocionar.html

domingo, 7 de febrero de 2021

obradoiros on line sobre diversidade sexual nos centros educativos para docentes e ANPAS


Dende o Espazo municipal das diversidades sexuais e de xénero do Concello da Coruña ofertan este ano de novo os obradoiros formativos sobre diversidade sexual, a novidade e que mentras continúe a  pandemia serán en modalidade ON LINE, os obradoiros están destinados a docentes e ANPAS de centros educativos da Coruña.

Para máis información contacta co Espazo diverso no 981 189 889 ou enviando un correo a espazodiverso@coruna.es

Axúdanos a difundir os obradoiros nas redes sociais