miércoles, 9 de noviembre de 2016
Concentración en Vigo contra as violencias machistas
Un ano despois da gran mobilización social contra as
violencias machistas, a Plataforma Feminista Galega volta ás rúas, co lema
"Ningunha agresión sen resposta".
A Plataforma Feminista Galega concentrouse o 7 de
novembro nas escaleiras do MARCO, xusto cando se cumplía un ano da Marcha
contra as violencias machistas de Madrid.
Dende entón ván 77 mulleres asasinadas polo que se
plantexan
¿Qué foi das reivindicacións polas que centos de miles de persoas se
manifestaran no 2015 en Madrid? A violencia machista tivo unha presenza mínima
tanto nas campañas electorais como na política do estado español, o que se
reflicte no tratamento que da o goberno ao tema: 2 de cada 3 mulleres
denunciantes quedaron sen protección na Valoración Policial do Risco de
Violencia sobre a Muller. O estado destinou no 2016 un 10,9 % menos de recursos
que en 2009.
Por eso piden que se aplique o Convenio de Istambul e
as recomendacións da CEDAW, cunha reforma da lei contra a violencia de xénero
que recolla todas as formas de violencia contra as mulleres e non só as de
parella. Consideran preciso crear servizos especializados a vítimas de
agresións sexuais e protexer a todas as vítimas sen ningún tipo de
discriminación. Un exemplo de que a hai é o feito de que a Comisión de
Observación de Dereitos Humanos reportou no CETI de Melilla embarazos
indesexados, desprotección fronte á violencia de xénero e represalias por
denunciala.
Do mesmo xeito piden que toda a sociedade e as súas
organizacións e institucións se comprometan na loita feminista que inclua tanto
a violencia na parella ou ex parella como as agresión sexuais, o acoso sexual
no ámbito laboral, a trata con fins de explotación sexual ou laobra de mulleres
e nenas e todas as violencias machistas. Esixen ao Estado un Plan de Acción
nise senso.
Do mesmo xeito todas as instancias do goberno deben
implicarse na prevención e a erradicación das violencias machistas e na
asistencia e reparación a todas as mulleres en situación de violencia,
independentemente da súa situación administrativa. O asasinato de mulleres,
mesmo estando hospitalizadas recuperándose doutro intento de asasinato, é unha
proba da desprotección institucional das vítimas.
É preciso facilitarlle ás afectadas saídas de
recuperación vital, económica e social posto que osn mínimas as axudas para
vivenda, insuficiente o apoio sicolóxico e non se pode facer depender dunha
denuncia o acceso a estes recursos.
Outro pilar é a prevención para o que cómpre un
sistema coeducativo en todos os ciclos, formación específica para todo o
personal profesional que intervén nos procesos, nos medios de comunicación, na produción
cultural e na sociedade civil.
Os medios de comunicación deben visibilizar as
diferentes violencias machistas sen sensacionalismo morboso, linguaxe ou imaxes
sexistas.
E finalmente piden a elminación da custodia
compartida imposta, ca supresión do réxime de visitas e da patria potestade
sobre menores aos maltratadores condenados, porque nunca poderán ser bos pais.
"¡A plataforma feminista galega por unha
sociedade libre e sen violencias machistas!" rematou a lectura das
reinvindicacións expostas tras unha concentración silenciosa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario