viernes, 25 de noviembre de 2016
CONVOCATORIA 25-N
Acción colectiva de visibilización e repulsas das
violencias machistas #CoruñaEnNegro
Desde a Concellaría de Igualdade e Diversidade
convocámosvos a participar nas accións de visibilidade e repulsa das
violencias machistas, sumando a vosa voz e/ou imaxen á campaña Coruña en
negro, contra as violencias machistas.
Este venres 25
de novembro, día internacional da
non violencia ás mulleres, daremos lectura en María Pita á declaración institucional do Concello da Coruña (ás 11.00 horas) e despóis faremos
unha foto colectiva diante do Concello, con todas as persoas que queran sumarse
na denuncia e solidariedade.
Solicitamos a vosa participación, acudindo a esta
convocatoria. Se podedes, vide de negro, e/ou con materiais da campaña #CoruñaEnNegro.
Se aínda non tedes, podedes solicitalos directamente na Concellaría de
Igualdade e Diversidade a través do correo senviolenciasmachistas@coruna.es ou
ben acudindo o mesmo día 25, algo antes, xa que repartiremos máis camisetas a
partires das 10.30 horas.
Se non podedes acudir presencialmente, pedímosvos
que vos sumedes enviando a vosa foto ou a foto da equipa de traballo con algún
dos materiais da campaña #CoruñaEnNegro para difundir a través das redes
socias e incluir na galería de fotos desta iniciativa. Se queredes envialas
directamente ás redes sociais a través dos vosos perfís, usade a etiqueta
#CoruñaEnNegro da nosa campaña local e tamén a de #EnNegroContraAViolencia
que é a da campaña colectiva dos 15 concellos que participamos na mesma
iniciativa.
Axúdanos a mostrar que somos moitas as persoas que
queremos A Coruña libre de violencias machistas!.
Etiquetas:
AGaSEX,
convocatorias,
violencia machista,
xornada
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario