martes, 6 de octubre de 2020

OBRADOIRO DE SEXUALIDADE CON MULLERES MIGRANTES DO PROGRAMA TERANGA


Hai uns días a nosa sexóloga Lorena Boquete tivo a sorte de compartir tempo e espazo cun grupo de mulleres migrantes espectacular. Realizamos un obradoiro de sexualidade feminina conxuntamente co Programa Teranga da Fundación Juan Soñador da Coruña. Foi unha experiencia moi enriquecedora, chea de aprendizaxes recíprocas e cun grupo super participativo.

Se formas parte dunha entidade da Coruña e tes interese por realizar algún tipo de obradoiro sobre sexualidade podes poñerte en contacto connosco, estaremos encantadxs de atendervos!



OBRADOIROS SOBRE DIVERSIDADE SEXUAL PARA DOCENTES E AMPAS DE CENTROS EDUCATIVOS DA CORUÑA


 

Dende o Espazo municipal das diversidades sexuais e de xénero do Concello da Coruña ofertamos obradoiros formativos sobre diversidades sexuais destinados a docentes e ANPAS de centros educativos da Coruña.

Se tes interese ou coñeces a alguén que o poida ter agradecémosche que compartas este cartaz.

Para máis información contacta co Espazo diverso no 981 189 889 ou enviando un correo a espazodiverso@coruna.es

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA, XÉNERO E DIVERSIDADE "DIÁLOGOS E APRENDIZAXES A TRAVÉS DA IMÁXEN"

 


Ábrese a convocatoria do Obradoiro de fotografía, xénero e diversidade "Diálogos e aprendizaxes a través da imáxen", organizado polo Espazo municipal das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero do Concello de A Coruña. As datas de realización serán todos os xoves dende o 29 DE OUTUBRO ao 10 DE DECEMBRO, en modalidades presencial .


Este obradoiro é impartido por Mariola Mourelo, do proxecto Ffotoeduca. Para poder participar precisas de inscripción previa, o prazo de inscripción comeza o 8 de outubro (+info no propio cartaz).