sábado, 5 de marzo de 2016
Mobilizacións para conmemorar o Día Internacional das Mulleres
Colectivos feministas e organizacións convocan
concentracións e manifestacións co gallo do 8 de marzo.
Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das
Mulleres, diversas organizacións e colectivos feministas convocan accións na
Galiza. Neste senso, para alén dunha manifestación nacional convocada en réxime
de autoconvocatoria o 6 de marzo en Compostela, a Confederación Intersindical
Galega convoca concentracións o día 8 e a Marcha Mundial das Mulleres, unha
acción na cidade de Ourense.
O eixo central de todas as mobilizacións son os
"dereitos das mulleres" na xornada que foi fixada internacionalmente
para os conmemorar. No eido laboral, social, económico ou afectivo-sexual, as
organizacións e colectivos feministas tomarán as rúas para reclamar o dereito a
unha vida libre de violencias en todos os planos.
A manifestación do 6 de marzo sairá ás 12h o 6 de
marzo da Estación de Tren de Compostela para rematar na Quintana. Convocada en
réxime de autoconvocatoria está apoiada pola Plataforma Feminista Galega e por
organizacións políticas como PSdeG, Anova, Esquerda Unida, CC.OO ou UGT, entre
outras.
Pola súa banda CIG convoca ás 12:00 horas do 8 de
marzo concentracións simultáneas que terán lugar en:
A CORUÑA: na Praza de Lugo, na esquina do Zara Home
FERROL: diante da Confederación de Empresari@s, no
Cantón
SANTIAGO: diante do Zara na Praza de Galiza
VIGO: diante do Stradivarius na Avenida de Urzaiz
LUGO: diante da Confederación de Empresari@s, en
Santo Domingo
PONTEVEDRA: na Praza 8 de marzo
Aliás, a Marcha Mundial das Mulleres en Ourense
convoca unha MANI-FESTA-ACCIÓN con saída desde a Alameda ás 20h. Asemade,
convocan o 10 de marzo o monólogo feminista 'Bye, bye Feminity, ás 21h. no
Auriense e unha charla sobre A Renda básica das Iguais o 11 de marzo ás 20h no
CS A Galheira.
En Vigo tamén convocan unha manifestación ás 20h o 8
de marzo desde a Praza de Portugal e un recital poético o sábado 12 ás 19.30h
no Catro a Catro.
Fe de grallas. Por erro a manifestación do 6 de marzo
foi atribuída á Plataforma Feminista Galega cando de certo é en réxime de
autoconvocatoria.
Etiquetas:
convocatorias,
manifestación,
muller
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario