Mostrando entradas con la etiqueta AGaSEX. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AGaSEX. Mostrar todas las entradas
miércoles, 10 de junio de 2020
viernes, 5 de junio de 2020
Orgullo online
A pandemia COVID19 deixounos sen celebración do orgullo LGTBQI presencial, pero como era de esperar, os colectivos están a traballar en varias iniciativas online para celebrar e reivindicar os dereitos da comunidade LGTBQI.
Hoxe presentámosvos dúas iniciativas, a primeira é do colectivo Alas A Coruña, que nos convida a reflexionar sobre o significado do Orgullo LGBTI a través dunha creación artística. toda a info neste cartel e nas resdes sociais de Alas A Coruña
A segunda iniciativa chéganos da man do colectivo de familias de menores trans, Arelas, que crearon nestes tempos de pandemia un Programa de apoio #libresnacasa, para persoas trans menores de 20 anos, podes acceder ao formulario do programa de acompañamento de Arelas picando no seguinte cartel:
Desde AGASEX iremos publicando e difundindo as actividades de todos os colectivos e iniciativas relacionadas con este orgullo 2020 en Galicia, tamén temos solicitado que o Espazo municipal das diversidades sexuais e identidades de xénero de A Coruña poida contar con redes sociais e recursos online para poder difundir actividades, seguir impartindo os cursos sobre diversidade sexual á comunidade educativa, continuar cos diferentes grupos de apoio mutuo, e poder facelo en formato virtual,... de momento e á espera de poder contar con estes recursos non presenciais, Espazo Diverso segue atendendo as necesidades des usuaries a través do teléfono 981 189 889 en horario de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 de luns a venres.
Etiquetas:
AGaSEX,
alas,
diversidade,
espazo das diversidades,
espazo diverso,
lgbt,
lgtbi,
lgtbiq,
orgullo
domingo, 17 de mayo de 2020
17 maio día internacional contra a LGTBQIfobia
Hoxe conmemoramos o día internacional contra a lgtbifobia, unha data que levamos celebrando desde 1990, cando se despatoloxizou a homosexualidade.
É un día importante para lembrar que lésbicas, trans, bisexuais, intersexuais, gais, persoas non binarias e todas aquelas que non cumprimos coa cisheteronormatividade hexemónica, seguimos a ser discriminadas, cuestionadas ou agredidas por este feito. As distintas orientacións sexuais e identidades de xénero forman parte da diversidade e riqueza da humanidade e debemos seguir traballando na súa defensa, tanto desde os Estados, institucións, Ongs e a sociedade no seu conxunto, pero é de xustiza resaltar desde a nosa asociación o traballo dos colectivos LGTBQI na defensa desta diversidade.
Desde a Plataforma encontros Bolleros lémbrannos os seguintes datos para seguir traballando e que foron recolleitos dá 𝐴𝑔𝑒𝑛𝑐𝑖𝑎 𝑑𝑒 𝐷𝑒𝑟𝑒𝑐ℎ𝑜𝑠 𝐹𝑢𝑛𝑑𝑎𝑚𝑒𝑛𝑡𝑎𝑙𝑒𝑠 𝑑𝑒 𝑙𝑎 𝑈𝑛𝑖𝑜́𝑛 𝐸𝑢𝑟𝑜𝑝𝑒𝑎 (𝐹𝑅𝐴):
🔴Un 48% das persoas LGTBI con parella da súa mesmo sexo en España evita darse a man por medo.
🔴Case a metade dxs enquisadxs negan a mostrar como tal por medo a ser “asaltadxs, acosadxs ou ameazadxs” na rúa ou outro tipo de espazo público e en medios de transporte.
🔴Unha de cada tres (32%) afirma que deixa de acudir "sempre" ou "a miúdo" a determinados lugares ou espazos
🔴O 42% sentíronse discriminadas nalgunha das seguintes áreas: buscando traballo ou vivenda, no traballo, no médico, no colexio ou universidade, nun restaurante, tenda ou cafetería ou ao mostrar a súa documentación.
🔴O 41% dxs entrevistadxs, sinala que sufriu algún tipo de acoso "por ser LGTBI" nos últimos 12 meses.
🔴O 43% algunha vez foi ridiculizadx, insultadx, ameazadx ou sufriu burlas por ser LGTBI en centros educativos.
Lembrarvos tamén que desde o Espazo municipal dás diversidades seguimos traballando para erradicar a lgtbifobia da nosa cidade e que estamos dispoñibles, nestes tempos de confinamento, no teléfono 981 189 889 de luns a venres en horario de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30. Chámanos para o que precises.
por último queremos presentámosvos un vídeo feito pola Ong Movemento contra a intolerancia para este día internacional contra a lgtbifobia
sábado, 18 de abril de 2020
#libresnacasa
Bos días, xa queda menos para sair de casa, hoxe recollemos no blogue de AGASEX unha iniciativa de ARELAS (asoc.de familias de menores trans) dirixida aos menores LGTB+ que están confinades na casa e non reciben apoio por parte dos seus familiares cos que conviven estes días de confinamento as 24/7. Animámoste a participar mandando mensaxes de apoio, deixamos o texto que Arelas fixo para as redes sociais e a forma de participar.
Texto de ARELAS sobre a campaña #LIBRESNACASA
Ola a todxs amigxs. Cada día escoitamos nos medios de comunicación o dificil que está a ser este tempo para moitas persoas, sobre todo para menores que debido ao COVID-19 están confinadxs coas súas familias, quizáis en espazos pequenos ou sen acceso a internet, sen poder recibir en igualdade de condicións a educación virtual, con problemas económicos, sen saber que pasará cos seus ingresos, ou sufrindo violencia de xénero ou intrafamiliar... imaxinarvos o que ten que supoñer que ademais sexas un menor LGTBI+ e que non contes co respecto, agarimo e acompañamento da familia coa que tes que convivir 24 H no mesmo espazo.
As familias de ARELAS non necesitamos imaxinalo: nós acompañamos a menores que están a vivir esta situación, con familias que non xs recoñecen, que non lles chaman polo seu verdadeiro nome e identidade. Sabemos o que supón para elxs ser rechazadxs e que teñan que escoitar unha e outra vez: "Nunca serás unha muller", "Nunca te tratarei en masculino", "Como que non es nin home nin muller?!", "Só me faltaba unha marica/ tortillera na familia"... Tamén sabemos moi ben o que supón para moitxs delxs non poder acudir ao seu centro educativo, onde sí teñen o apoio dxs seus compañeirxs de aula ou dxs seus amigxs que x entenden e animan a seguir adiante.
Por iso desde ARELAS poñemos en marcha a campaña #Libresnacasa e pedimos a vosa axuda para que entre todxs poidamos animar a estxs menores LGTBI sen o agarimo e apoio familiar, enviando mensaxes cargadas de positividade para que saiban que teñen o noso e que ainda non poidendo sair a rúa, en certo xeito poden ser libres na casa a través do noso recoñecemento. Podedes enviarnolas a través das nosas redes sociais ou do correo electrónico: arelasasociacion@gmail.com dirixíndoas a estas persoas LGTBI+ ou ás familias que non lles dan o apoio merecido. Tamén podedes facernos chegar vivencias en primeira persoa sobre o que supón para vós estar nesta situación.
Ti elixes por ou non algún dato que te identifique: O nome, a idade, un alcume, os teus pronomes… ou nada, poden ser completamente anónimas. Cada día publicaremos varias destas mensaxes ou vivencias para difundilas e facelas chegar a quen máis o necesita nestes momentos. Axúdasnos neste importante reto de levar positividade e liberdade a moitas casas?! #Libresnacasa 🏳️🌈💜🏳️
Etiquetas:
AGaSEX,
arelas,
confinamento,
derechos humanos,
espazo diverso,
familias,
género,
homofobia,
identidad,
lesbofobia,
lgbt,
lgtb,
lgtbqi,
libresnacasa,
ltgbiqfobia,
menores,
menoreslgtb+,
trans,
transfobia
viernes, 17 de abril de 2020
reunión virtual equipo técnico de AGASEX
Hoy hemos tenido reunión virtual con el equipo de docentes de Agasex y el técnico del Espazo Diverso para avanzar en el trabajo on-line en estos meses de confinamiento, ha sido una reunión productiva y plancentera, nos hemos visto y abrazado en la distancia y con muchas ganas de vernos y veros en persona.
sábado, 29 de febrero de 2020
viernes, 31 de enero de 2020
martes, 10 de diciembre de 2019
Espazo Diverso. Obradoiro Prevención do VIH
O 5 de decembro no Espazo das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero do Concello da Coruña, levouse a cabo un obradoiro sobre VIH e outras infeccións de transmisión xenital (ITX) no que se explicou a importancia na prevención da transmisión.
Analizouse a construcción social de xénero ca aproximidade ás diversidades sexuais e facilituse información na prevención da Sida desde a perspectiva de xénero co fomento dunha sexualidade saudable.
Etiquetas:
AGaSEX,
espazo diverso,
formación,
lgtbqi,
VIH
DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA
A Asociación Galega para a Saúde Sexual e a Federación de Planificación Familiar Estatal estiveron cunha mesa informativa na entrada na Facultade de Enfermaría da Coruña, repartindo materiais de sensibilización e explicando ao aulumnado sobre a importancia da prevención do VIH co motivo do Día mundial da loita contra a Sida (1 de decembro).
A realización da proba do VIH está considerada, como unha das intervencións preventivas máis importantes para o control da infección, porque nela atópase un traballo individual de información, asesoramento e planificación de estratexias para cambios de condutas nas que se tenta que a persoa coñeza, valore e de resposta aos seus riscos ante a infección.
Segundo ONUSIDA o 92,3% dos novos casos de transmisión por VIH foi por vía sexual, deles o 51% son mulleres. Por iso, se informou da proba rápida do VIH e repartíronse profilácticos masculinos e femeninos, guías e folletos.
Grazas a Facultade de Enfermaría por cedernos o espazo, ás voluntarias que traballaron na mesa informativa, a Saúde Pública da Consellería de Sanidade e ao COF de Coruña pola colaboración.

Etiquetas:
AGaSEX,
cof,
fpfe,
saúde pública,
sida
jueves, 5 de diciembre de 2019
VENRES 13 Obradoiro non mixto: pracer e sexualidade feminina
No obradoiro abordaranse distintas cuestións que teñen que ver co modelo de sexualidade feminina, caracterizada por unha vivencia máis global. Abordaranse aspectos fisiolóxicos e psicolóxicos da corporalidade, proporcionaranse explicacións sobre a fisioloxía e a resposta sexual feminina, o ciclo menstrual, entre outras cousas.
Analizaranse as presións sociais sobre a sexualidade e potenciarase o empoderamento erótico a través da escoita das propias necesidades, límites e crenzas individuais, así como mediante o desenvolvemento dun estilo de comunicación asertivo.
CUÁNDO: 13/12/2019
INSCRIPCIONES: Desde el 09/12/2019 hasta el 12/12/2019
HORARIO: de 21.00 a 00.00 horas
DIRECCIÓN: Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
PRECIO: Gratuíto
REQUISITOS: Mulleres de 18 a 30 anos.
Dinamiza: Asociación Galega para a Saúde Sexual (Agasex)
Etiquetas:
AGaSEX,
convocatorias,
muller,
sexualidad
jueves, 28 de noviembre de 2019
CONTOS PARA EMOCIONAR
O pasado venres as nenas e nenos de 4 anos e hoxe os de 5 anos comezamos os talleres de "Contos para emocionar", dentro do programa do Concello "A Coruña Educa", relacionado coa educación sexual para peques.
Deixámosvos uns apuntes que dende o Concello queren compartir con vos para que saibades qué, cómo e cando imos a traballar:
PROGRAMA EDUCATIVO
A educación afectiva, emocional e sexual das crianzas é fundamental por influír positivamente na calidade da vida, na adquisición de hábitos básicos de saúde, no benestar, na vivencia do pracer sexual, na consecución da felicidade e en último termo, na loita contra a violencia machista. Este programa educativo comprende unha serie de “Contos Dramatizados” e de actividades, cas que se traballa a construción da sexualidade e dos vínculos afectivos desde o respecto, a autoestima e a liberdade desde unha perspectiva de xénero.
CONTIDOS OBXECTIVOS
Este obradoiro consta de 5 sesións con 5 contidos diferentes traballados en 5 contos co cada un dos contidos:
A construción da identidade de xénero. Estimular a aceptación e o respecto ás diferenzas entre as persoas. Facilitar que o grupo vaia descubrindo as diferentes identidades de xénero e que estas non están determinadas polos caracteres corporais, sexuais, psicolóxicos ou sociais, senón pola propia vivencia de sentirse nena ou neno.
Os vínculos afectivos e as relacións coas outras persoas. Desenvolver a capacidade de identificar as calidades dos vínculos afectivos que abrangue o amor e a percepción subxectiva de sentirse queridas e queridos.
As distintas orientacións sexuais e opcións de convivencia. Facilitar que o grupo interiorice como saudables as diferentes orientacións sexuais e os diferentes tipos de convivencia.
Os roles de xénero. Explorar a actitude do grupo cara aos roles de xénero e promover a súa flexibilidade mediante a experimentación e o xogo.
Os abusos sexuais. Previr os abusos sexuais na infancia Abordar con nenas e nenos o difícil tema do contacto físico non desexado, insistindo na posibilidade de dicir NON.
METODOLOXÍA E DURACIÓN
Cada contido traballarase cun conto dramatizado e posteriormente cunha serie de actividades complementarias, estas últimas a cargo do profesorado de cada aula. As nenas e os nenos serán protagonistas do proceso de aprendizaxe mediante a participación activa, con dinámicas de traballo que estarán baseadas en xogos, representacións, vivenzas ....
Etiquetas:
AGaSEX,
educación sexual
viernes, 22 de noviembre de 2019
Curso COTSG: Intervención social con colectivos LGTBIQ. Abordaxe desde o T. Social
Descrición
NOTA: As persoas colexiadas que se atopen en desemprego deberán remitir a info@traballosocial.gal a documentación acreditativa desa situación.
Ficha técnica
DATA DE INICIO: 20/01/2020
DATA DE FINALIZACIÓN: 10/02/2020
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 20/01/2020
PREZO DE INSCRICIÓN
Colexiados: 75.00 €
Non colexiados: 125.00 €
Prezo reducido: 60.00 €
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN ANTICIPADA:13/01/2020
PREZO DE INSCRICIÓN ANTICIPADA
Colexiados: 75.00 €
Non colexiados: 125.00 €
Estudantes: 60.00 €
NÚMERO DE PRAZAS: 20
EXCLUSIVO PARA COLEXIADOS: Non
Documentación:
DOSSIER CURSO
Etiquetas:
AGaSEX,
convocatorias,
formación,
lgtbqi
25 de noviembre, Día internacional de la eliminación de la violencia contra las mujeres
Acabar con la violencia sexual
La Concejalía de Igualdad, Bienestar Social y Participación del Ayuntamiento de A Coruña organiza, con motivo del 25 N, Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra las Mujeres, una campaña de sensibilización, que aborda diferentes actividades, haciendo especial hincapié en la violencia sexual y que implica especialmente a los hombres porque sin ellos no es posible acabar con esta lacra social.
La violencia contra las mujeres y niñas es una de las violaciones de los derechos humanos más extendidas, persistentes y devastadoras del mundo actual sobre las que apenas se informa debido a la impunidad de la cual disfrutan los perpetradores, y el silencio, la estigmatización y la vergüenza que sufren las víctimas.
El Ayuntamiento de A Coruña, con motivo del 25 N, pone en marcha la campaña "Non é posible sen vos", que busca implicar a los hombres en la lucha contra la violencia sexual.
La ONU aporta datos alarmantes, hechos que todo el munco debe conocer:
En todo el mundo, una de cada tres mujeres ha sufrido violencia física o sexual, principalmente por parte de un compañero sentimental.
Sólo el 52% de las mujeres casadas o que viven en pareja decide libremente sobre las relaciones sexuales, el uso de anticonceptivos y su salud sexual.
Casi 750 millones de mujeres y niñas que viven hoy en día se casaron antes de cumplir 18 años, mientras que al menos 200 millones de ellas se han visto sometidas a la mutilación genital femenina.
Una de cada 2 de mujeres asesinadas en 2017 fue asesinada por su compañero sentimental o un miembro de su familia. En el caso de los hombres, estas circunstancias únicamente se dieron en uno de cada 20 hombres asesinados.
El 71% de las víctimas de la trata en todo el mundo son mujeres y niñas, y 3 de cada 4 de ellas son utilizadas para la explotación sexual.
La violencia contra la mujer es una causa de muerte e incapacidad entre las mujeres en edad reproductiva tan grave como el cáncer y es una causa de mala salud mayor que los accidentes de circulación y la malaria combinados.
En nuestro país en concreto, son de sobra conocidos los asesinatos machistas y las violaciones llevadas a cabo en grupo o de modo individual y la diferente respuesta social a todo ello. Es necesario formar a la población en igualdad, prestando especial atención a la educación de la infancia desde la escuela y desde el propio sistema familiar.
Actividades del Ayuntamiento de A Coruña con motivo del 25 de noviembre (2 MB)
Etiquetas:
AGaSEX,
convocatorias,
violencia sexual
martes, 26 de marzo de 2019
"Isto do sexting, que é?", taller sobre saúde afectivo sexual
CUÁNDO: 30/03/2019
INSCRIPCIONES: Desde el 25/03/2019 hasta el 28/03/2019
HORARIO: de 20.30 a 22.30 horas
PRECIO: gratuíto
REQUISITOS: Idade de 15 a 18 anos.
Dinamizado por AGASEX
LUGAR: Espazo de Iniciativas Xuvenís
R/ Matadero, 68 (15002 - A Coruña)
Etiquetas:
AGaSEX,
cof,
educación sexual
miércoles, 13 de marzo de 2019
Presentación do libro "Ámame
Onte na Berbiriana.
O amor no século XXI" de Chis Oliveira e Amada Traba.
Na presentación, ademáis das autoras, participarron a profesora de socioloxía de xénero da UDC Rosa Cobo Bedía, a coeducadora Sara Vierna, a poeta Luisa Abad e a escritora Chelo Suárez.
Constitución do Consello Local de Igualdade
O alcalde, Xulio Ferreiro, xunto á responsable da Concellaría de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presidiu esta mañá a constitución do Consello Local de Igualdade. O ente consultivo nace para abordar, debater e traballar, da man de entidades sociais do ámbito das igualdades e diversidades afectivo-sexuais da cidade, propostas destinadas a ampliar as políticas de igualdade no Concello da Coruña.
“Este Consello é unha ferramenta que nace, desde a proximidade, para consolidar a transversalidade das políticas de xénero que se levan a cabo no municipio”, apuntou Ferreiro, quen cualificou a posta en marcha do ente ”como un paso máis na reivindicación do papel da muller e da necesaria resituación da sociedade para favorecer unha nova redistribución e recuperación de espazos por parte dos colectivos que se atopan menos visibilizados”.
O primeiro cometido do novo órgano consultivo, do que forman parte 33 entidades sociais así como representantes de todos os grupos da Corporación municipal, será, tal e como avanzou Rocío Fraga, o debate sobre o desenvolvemento da ordenanza municipal de Igualdade de Xénero. “A nivel interno contabamos cunha instrución de transversalidade e un plan de igualdade. O reforzo normativo a través desta nova ordenanza é un compromiso máis firme tanto coa igualdade como coa diversidade no municipio”, expuxo a edil.
viernes, 8 de marzo de 2019
AGASEX, en las Jornadas de Participación Juvenil del Ayuntamiento de A Coruña
Materiales para la prevención y la educación han servido para tejer conocimiento y redes entre entidades y personas que se han acercado al espacio de la Asociación Galega para a Saúde Sexual.
Con el lema “Descubrir, aprender y construir en comunidad”, diversas entidades sociales y organismos se han juntado en las II Jornadas de Juventud y Participación Juvenil de la Concejalía de Participación e Innovación Democrática del Ayuntamiento de A Coruña para compartir un espacio de trabajo conjunto en el que dar a conocer los distintos proyectos, planes y programas de y para las y los jóvenes. Estas jornadas han querido ser un espacio de referencia para el encuentro, el reconocimiento, la reflexión y el intercambio de conocimientos y experiencias, así como para tejer redes formales e informales entre instituciones públicas y entidades y colectivos juveniles.
AGASEX ha desplegado su mesa para compartir información y experiencias no sólo de la asociación, sino también de la FPFE y del Centro de Orientación Familiar de A Coruña. Guías, dípticos y otros materiales de prevención han servido para tejer conocimiento y redes.
Durante las jornadas de debate y reflexión muchas personas han participado en las mesas de experiencias sobre la gestión compartidas de espacios y sobre la gestión de proyectos, y en los espacios de trabajo con metodologías creativas para la transversalidad y la innovación social.
lunes, 18 de febrero de 2019
Nocturnia febreiro-xullo 2019. Programa de ocio alternativo
Campaña de febreiro-xullo 2019 do programa de lecer Nocturnia
CUÁNDO: Desde el 22/02/2019 hasta el 06/07/2019
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Nocturnia é o programa de ocio para a xuventude do servizo de Mocidade da Concellaría de Participación e Innovación Democrática. Tenta ofrecer unha serie de actividades gratuítas para que a xente nova, de entre 12 e 30 anos, as teñan en conta á hora de planificar as súas fins de semana. Actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, lúdicas, etc. Moitas delas están preparadas por asociacións e colectivos xuvenís, coa única finalidade de que pasen un momento agradable e divertido coa súa xente e con outras persoas.
PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...
1. Bótalle un ollo a todas as actividades (descarga o .pdf coa programación completa) http://www.coruna.gal/descarga/1453646751192/ProgramacionNocturniaPV2019.pdf
Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.
2. Mira as datas, os lugares e as horas nas que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións.
3. Se xa sabes a cales ir, inscríbete nos prazos axeitados e mira toda a información do programa en coruna.gal/cmix e en coruna.gal/participacion.
OLLO, que hai novidades! As inscricións ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ata esgotar as prazas.
4. Ah! Se as actividades son de continuidade, só tes que inscribirte unha vez.
5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico
nocturniacoruna@gmail.com
IMPORTANTE: Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.
Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cumprimentados serán dados de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.
Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna (descarga aquí o modelo de autorización……..), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.
Inscrición nas actividades desde o 18/02/2019 ás 16.00 h. ata o 21/02/2019 ás 12.00 h., ou ata esgotar as prazas.
VENRES 15 de MARZO: OBRADOIRO SOBRE SAÚDE SEXUAL: Falando de DIVERSIDADE (de 20:00 a 22:00 hr.). Inscrición do 11 de marzo ao 14 de marzo
SÁBADO 30 de MARZO: OBRADOIRO SOBRE SAÚDE SEXUAL: Isto do SEXTING, QUE É? (de 20:30 a 22:30 hr.). Inscrición do 25 de marzo ao 28 de marzo
Etiquetas:
AGaSEX,
cof,
educación sexual,
jóvenes
"O sistema de Centros de Planeamento Familiar esmorece. É un momento de grande inquedanza"
O pasado ano o Centro de Planeamento Familiar (COF) da Coruña conmemorou o seu 35 aniversario. Foi unha iniciativa pioneira do concello herculino, que foi seguida un ano máis tarde da apertura de centros en toda España, impulsados polo Insalud. Durante décadas, estes centros veñen prestando unha atención sobresaliente á saúde sexual -sobre todo (pero non só) a das mulleres-, anticoncepción, problemas de parella e cun importante labor de prevención e educación. Porén, tanto os dous centros existentes na Coruña coma o resto dos que funcionan en Galicia veñen sufrindo nos últimos anos un continuado proceso de desgaste e de desmantelamento.
No ano 2012 a praza de Xinecoloxía do COF do Ventorrillo quedou vacante e dende entón non volveu ser cuberta por parte do SERGAS a pesar das protestas cidadás. Isto supuxo que o outro COF da cidade, o de Orillamar tivo que facerse cargo de toda a atención xinecolóxica da área sanitaria coruñesa. No ano 2017 este centro atendeu 15.476 consultas, das que case a metade (un 49%) estiveron relacionadas coa especialidade de Xinecoloxía. O COF do Orillamar conta con dous xinecólogos e un deles, Xosé A. Vidal, xubílase este mes. Todo apunta a que a súa praza non vai ser cuberta a tempo completo e que, como moito, varios profesionais farán quendas algúns días á semana.
"No momento en que se produza a miña baixa, non se enviará a alguén a xornada completa, senón dúas ou tres profesionais que se irán turnando".
Tanto os profesionais do centro como o propio Concello da Coruña xa alertaron de que esta decisión terá un efecto negativo na calidade da atención emprestada polo COF. E lembran que a atención de saúde afectiva e sexual que se ofrece nestes centros require de "formación específica" e, en ocasións, do seguimento continuado ás e aos pacientes. Falamos con Xosé Vidal, máis coñecido como Súper, sobre a situación na que queda o centro, a evolución vivida nos últimos anos e facemos un percorrido polo proceso de posta en marcha da rede de Centros de Orientación, que el viviu en primeira persoa, como un dos pioneiros dunha nova maneira de entender a saúde sexual, sobre todo a das mulleres.
Quería comezar pola actualidade e preguntarche en que situación queda o COF de Orillamar coa túa xubilación. Que vai pasar coa atención xinecolóxica?
Eu xubílome este mes e a outra xinecóloga do centro continuará ata que se xubile, cando menos un par de anos máis. O que nos dixo a xefa de servizo é que no momento en que se produza a miña baixa, non se enviará a alguén a xornada completa, senón dúas ou tres profesionais que se irán turnando. O ideal sería que viñesen sempre as mesmas persoas, para que houbese unha continuidade no servizo, se seguisen os mesmos criterios e protocolos e non haxa que formar continuamente dende cero. A realidade, ademais, é que grazas ás fantásticas políticas que fixeron cos MIR, ao igual que non hai pediatras non hai tampouco apenas xinecólogos, nin sequera para A Coruña. E se os hai, seguramente alguén que acaba de rematar a especialidade non quererá vir aquí, seguramente quererá facer outro tipo de traballo no hospital.
Ademais de Xinecoloxía, outra das cousas que está en cuestión é a continuidade da consulta de Enfermaría no COF. De igual xeito, agora estamos sen matrona e en vez de cubrir a súa praza con outra profesional a tempo completo, van mandar unha dous días á semana. En marzo eu xa non vou estar, non está a matrona e non está a enfermeira. As consultas da parte sanitaria do COF, de planificación familiar, quedan totalmente en precario, unicamente coa xinecóloga. E as persoas que a apoien serán novas e teñen que aprender de cero, ten que formalas ela. Polo tanto, estamos nun momento de grande inquedanza.
"Máis que un desmantelamento, eu falaría dun esmorecemento total do sistema dos COF, déixase que esmorezan"
Podemos falar dun proceso continuado de desmantelamento, se lembramos o que pasou hai uns anos no COF do Ventorrillo?
Ata o 2013 había dous COF con tres xinecólogos a xornada completa dedicados ao planeamento familiar. Cando nese ano se xubilou o xinecólogo do COF do Ventorrillo, a súa praza non foi cuberta e a Xerencia do CHUAC eliminou unha das dúas axendas que tiñamos -tiñamos unha de anticoncepción pura e outra de saúde da muller- para cargarnos a atención de planeamento familiar do outro COF. Entre os dous COF atendíamos entre 140 e 150 mil mulleres en idade fértil, moitísimo.
Máis que un desmantelamento, eu falaría dun esmorecemento total do sistema dos COF, déixase que esmorezan. Dende hai anos a situación foi sempre a peor, por varios factores. Primeiro porque o PP non ten interese en fomentar o traballo que facemos nos COF. E segundo porque xa nos imos xubilando unha xeración de xinecólogos que estabamos moi ideoloxizados e que fixemos moita presión para sacar isto adiante.
Falemos, pois, deses anos, da posta en marcha da rede de COF, dos que este centro de Orillamar foi pioneiro, en 1983. Como foi ese proceso?
Este COF era nun comezo municipal e despois pasou a atender, a través dun convenio co INSALUD, a toda a área sanitaria. No ano 1984 o INSALUD puxo en marcha o seu plan de Centros de Orientación Familiar, que comezaron a abrir nas grandes cidades. Foi unha aposta dese primeiro goberno do PSOE e era unha necesidade palpable, con implicacións moi importantes na saúde das mulleres e na saúde sexual e reprodutiva das parellas, pois entraba tamén a atención aos homes: vasectomías, disfunción eréctil, etc. Era a primeira vez que había consultas para xente sa, exames periódicos, funcionaba como asesoría para as parellas...
"Era un cambio de paradigma: para ir ao médico non era necesario estar enfermo, senón que formabamos parte dun dispositivo de educación e prevención".
Supoño que unha gran parte do traballo era de educación. Había que rachar moitas resistencias na poboación e nos propios profesionais?
O noso COF sempre se caracterizou en que nós iamos buscar as usuarias fóra, non nos limitabamos a agardar aquí a que viñesen ou a que nolas derivasen doutros lugares. Nos anos 80 a traballadora social Marián Ferreiro e mais eu pateamos toda a área sanitaria, comezando polos centros de saúde. O primeiro traballo foi cos propios sanitarios e sanitarias, sobre todo no rural, aos que lles presentabamos unha forma de traballar totalmente nova.
Era un cambio de paradigma: para ir ao médico non era necesario estar enfermo, senón que formabamos parte dun dispositivo de educación e prevención. Había que formar aos profesionais en moitas cuestións: As matronas non se debían limitar a atender embarazos senón que tiñan que facer unha promoción da saúde da muller, había que fomentar que as mulleres fixesen cada tres anos unha citoloxía para previr o cancro de útero, había que ensinar como se facía un diagnóstico precoz do cancro de mama, e mesmo temas básicos de hixiene ou protocolos básicos de exploración...
"Comezaron a ser as mulleres do rural as que lles esixían aos seus médicos que lles fixesen exploracións de mama ou as citoloxías, porque nas cidades xa se estaba a facer".
En pouquísimo tempo, en dous ou tres anos, comezaron a ser as mulleres do rural as que lles esixían aos seus médicos de Primaria que lles fixesen exploracións de mama ou as citoloxías, porque nas cidades xa se estaba a facer habitualmente. As pacientes asumiron moi rápido que esa era unha prestación máis da sanidade pública, que non era algo que dependía da vontade dos profesionais.
Os recursos eran suficientes?
A dotación de recursos e medios era importante, con avances que hoxe parecen obvios, pero que daquela non o eran tanto: por exemplo, o espazo de exploración estaba separado da zona de despacho por unha cortina e había un aseo. Non era moito, pero no Hospital da Coruña non había nin cortina, e tampouco había aseo para que a muller puidese cambiarse ou limparse (nas exploracións utilízanse xeles). Nin intimidade nin comodidade. Antes non só non existían estas mínimas cousas, senón que cando as reclamabamos, os xestores mirábanche como un marciano, seguramente porque os homes non o necesitaban ou porque as persoas que decidían iso mandaban as súas fillas a unha consulta privada que si tiña esta infraestrutura.
Outro dos avances foi a formación específica. Fíxate que nós cando comezamos, ningún tiñamos formación en planeamento familiar, isto non se trataba nas facultades de medicina e nas escolas de enfermería. Toda esa información estaba estratexicamente copada por xente do Opus e similares.
Foron uns anos de grandes cambios. Ata 1978 os métodos anticonceptivos eran ilegais, ata 1985 non houbo lei do aborto e polo tanto as interrupcións voluntarias do embarazo tiñan que facerse fóra de España ou na ilegalidade.
Como trataban os COF estas cuestións?
En realidade, a apertura dos COF foi tamén un primeiro paso para que ao ano seguinte se aprobase a primeira lei do aborto, que o despenalizaba parcialmente. No ano 1984, cando abriron os COF os abortos eran ilegais, aínda que por suposto practicábanse en Inglaterra, Holanda, tamén en Bélxica. Algo en Francia, sobre todo a xente que vivía preto da fronteira e tamén en Portugal, onde tamén era ilegal, pero había moita manga ancha. Nós dende o COF dábamos toda a información sobre os sitios onde isto se podía facer no estranxeiro e mesmo os contactos de clínicas en España nas que tamén se podía facer. De feito, mesmo o anunciabamos con cuñas na radio: “se tes un embarazo non desexado, ven ao COF e alí te informaremos”. O que intentabamos evitar eran esas situacións terribles que eu aínda vin nos meus primeiros anos exercendo en Ferrol: mortes de mulleres novas produto de abortos feitos con pirixel, metendo agullas de calcetar...
"Intentabamos evitar esas situacións terribles: mortes de mulleres novas produto de abortos feitos con pirixel, metendo agullas de calcetar..."
A lei de 1985 cambiou a cousa?
A primeira lei supuxo que houbese unha mínima cobertura legal. Non era o que nós reivindicabamos, pois o que pediamos é que houbese unha lei de prazos, como en Francia ou en Inglaterra ou como finalmente se aprobou en España en 2010. Na maior parte dos casos había que facer unha trampa legal, aducindo que a muller estaba mal dos nervios, pero polo menos abortaban legalmente. E conseguiuse ademais que a muller nunca fose perseguida xudicialmente por este tema, pois aínda que si houbo algúns xuízos, a responsabilidade era para os médicos.
Fixemos unha gran presión interna neses anos, por exemplo nos congresos de xinecoloxía. Lembro un que se celebrou na Coruña que practicamente tomamos por asalto. Non iamos permitir que non se falase de que había unha reivindicación social fundamental, que era que tiña que haber unha lei de aborto. Fixemos actividades paralelas, boicoteamos actos... e conseguímolo.
"No momento en que se produce a transferencia da sanidade á Xunta, a cousa cambia, porque aquí gobernaba o Partido Popular"
O bo é que os COF tiñamos unha cobertura política. Con moi bo criterio, o INSALUD meteu os COF en Primaria, e polo tanto non dependiamos do servizo de Xinecoloxía do Hospital. Tiñamos un apoio total da estrutura do INSALUD e do Ministerio de Sanidade (na dirección provincial estaba Antonio Rodríguez) e, ademais, no Hospital da Coruña estaba xente como Tuco Cerviño, José García Buitrón... No momento en que se produce a transferencia da sanidade á Xunta, a cousa cambia, porque aquí gobernaba o Partido Popular.
A situación empeorou no momento en que a xestión sanitaria comezou a depender do PP?
A partir dese momento hai un esmorecemento do sistema dos COF. Pasamos de ser a nena bonita da atención primaria a ser "os abortistas". Non é tanto que fosen contra nós, senón que pasamos a un segundo plano. Aínda así seguimos facendo cousas. Fíxate que estando Romay Beccaría como conselleiro de Sanidade (1991-1996), do que sempre se dixo que era do Opus, pois convocounos a José Luís Doval, responsable do COF de Ourense, e a min, que eramos dúas das cabezas visibles do dereito da muller a decidir, para ver como se podía facer para organizar a realización de abortos do segundo trimestre, unha reivindicación que aínda mantemos, e para ver como se podía facer para practicar todos os abortos na rede pública.
De igual xeito formamos a través da nosa asociación Agasex (Asociación Galega para a Saúde Sexual) a máis de 400 mestres de Primaria e Secundaria para introducir a educación sexual nos centros de ensino, todo pagado pola Consellería de Sanidade. E mesmo editamos uns materiais impresionantes para os colexios e institutos. Pero houbo un problema: o que si era do Opus era Xoán Piñeiro Permuy, conselleiro de Educación, que tivo un enfrontamento con Romay, paralizou a distribución dos materiais e boicoteou o proxecto. Puidemos ter unha educación sexual pioneira en Galicia aló polo 1993 e 1994. Ese mesmo programa que non puidemos poñer en marcha en Galicia, mercáronnolo en Portugal, e alí fomos ao ano seguinte a dar cursos de formación.
"A xente está máis informada, pero mal informada. Hoxe acceden a internet dende que son mozos e a súa educación sexual é o porno, que non ten nada que ver coa sexualidade humana"
Como valoras a educación sexual que existe na actualidade? Internet é nesta cuestión unha axuda ou un obstáculo?
Agora directamente non hai educación sexual. A xente está máis informada, pero mal informada. Hoxe acceden a internet dende que son mozos e a súa educación sexual é o porno, que non ten nada que ver coa sexualidade humana. Nos anos 80 a xente non tiña idea, pero era consciente da súa ignorancia e partindo da ignorancia é como podes aprender. Agora xa están todos aprendidos e nin te atenden, e ademais ti explícalles algo que vai en contra do paradigma das relacións que lles están metendo na cabeza.
O dereito ao aborto está garantido? Pregúntoo sobre todo polas dificultades que en ocasións existen para realizar todos os procesos dentro do sistema público, os abortos de máis de 14 semanas enviados a Madrid, algunhas resistencias dos propios profesionais...
Aquí si está garantido, pero porque levamos currando trinta anos para que o estea. Estamos traballando para que todos os casos de máis de 14 semanas se fagan aquí e se fagan como hai que facelos. Nós non estabamos de acordo coa atención que se estaba dando e por iso o denunciamos.
"O obxecto da atención non é a muller embarazada, senón o feto. E no momento en que o feto non vale, a muller xa non vale"
A obxección de conciencia verdadeira é case inexistente. O que hai é unha obxección de conciencia circunstancial: algo que non che vai reportar nada, algo que por suposto non é agradable para ningún xinecólogo, e se aínda por riba che vai traer problemas, que fas? Pois pasas do tema. E se dende a dirección non se incentiva a que os profesionais cumpran estas funcións, senón todo o contrario, pois ao final pasa o que pasa. O que nos transmite a Xefa de Servizo é que ela tenta manter un pequeno equipo, que sexan sempre os mesmos profesionais e para poder garantir que os abortos se fan, e fanse como hai que facelos, atendendo ben as mulleres.
Os problemas que se dan nos abortos terapéuticos van aparellados aos que se dan nos abortos naturais, que tamén se dan. As mulleres que os sofren están igual de mal atendidas que as que se someten a un aborto provocado. Parece que no momento en que o feto ten algún problema ou está morto, automaticamente a Seguridade Social perde interese. Isto demostra que o obxecto da atención non é a muller embarazada, senón o feto. E no momento en que o feto non vale, a muller xa non vale. Danlles unhas pastillas para que bote todo para fóra e que se aguante, cando o que tiña que haber é un psicólogo ou psicóloga na cabeceira da cama todo o día, porque son situacións moi duras para a muller e para a parella. Ás veces dá a impresión de que están mellor coidadas as vacas que paren e abortan que as mulleres nesas situación. Afortunadamente, nos últimos anos comeza a haber cada vez máis iniciativas para humanizar os partos, é dicir, para que a muller estea máis cómoda e mellor atendida.
"Eu non falaría de violencia obstétrica, senón de desatención obstétrica, ou pasotismo obstétrico"
Están xustificadas as críticas pola violencia obstétrica ou o termo é excesivo? Hai que facer un esforzo maior para mellorar a atención á muller no parto?
Todo é mellorable e hai que melloralo, pero o tema este da violencia obstétrica hai que collelo con pinzas, porque hai moita ideoloxía fundamentalista detrás. A xente esquécese de que un parto normal é algo completamente natural, pero que o 10% se reviran. E se se revira, pode morrer o feto e pode morrer a nai. Os partos na casa? Descartados totalmente a non ser que poidamos poñer na porta de cada muller unha UVI móbil. Porque o parto máis normal do mundo pode complicarse en calquera momento e por iso hai que estar nun hospital. E hai que estar nun hospital público, porque se esa mesma complicación se dá nun hospitaliño privado, ollo que pode haber problemas.
Eu non falaría de violencia obstétrica, senón de desatención obstétrica, ou pasotismo obstétrico. E tamén o que hai seguramente é un exceso de medicina defensiva. A obstetricia é o ámbito da sanidade no que hai máis reclamacións xudiciais e no momento en que pode xurdir un problema os profesionais prefiren curarse en saúde e facer unha cesárea antes de arriscarse a que haxa unha complicación.
Etiquetas:
AGaSEX,
cof,
recursos,
salud pública
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























