Mostrando entradas con la etiqueta lesbofobia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lesbofobia. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de abril de 2020

26 abril día da visibilidade lésbica

Hoxe dende AGASEX queremos celebrar o día internacional da visibilidade lésbica, e facemos con un par de recomendacions, a primeira é unha recomendación visual a través da película RARA, proxectada nos videoforums do Espazo Diverso e que tivo moita aceptación por parte do público asistente. Rara é unha película chilena que conta a vida cotiá de unha familia con duas nais a través de unha das fillas de 13 anos. 


A segunda recomendación é unha actividade virtual organizada polo colectivo AVANTE LGBT+ e que baixo o título "Coloquios Visibles" poñe sobre a mesa a cuestión lésbica a través da voz das súas protagonistas, por iso, ao longo da semana teremos a oportunidade de charlar con Adriana Lueiro, Sés, Cristy Tojo, Paula Dacal e Andrea Nunes para amosar a realidade das mulleres lésbicas galegas dende distintos eidos como son a música, o arte, o deporte ou a poesía. 


Estade atentas a través de directos de Instagram


que pasedes un feliz día da visibilidade lésbica!!!

sábado, 18 de abril de 2020

#libresnacasa

Bos días, xa queda menos para sair de casa, hoxe recollemos no blogue de AGASEX unha iniciativa de ARELAS (asoc.de familias de menores trans) dirixida aos menores LGTB+ que están confinades na casa e non reciben apoio por parte dos seus familiares cos que conviven estes días de confinamento as 24/7. Animámoste a participar mandando mensaxes de apoio, deixamos o texto que Arelas fixo para as redes sociais e a forma de participar.





Texto de ARELAS sobre a campaña #LIBRESNACASA


Ola a todxs amigxs. Cada día escoitamos nos medios de comunicación o dificil que está a ser este tempo para moitas persoas, sobre todo para menores que debido ao COVID-19 están confinadxs coas súas familias, quizáis en espazos pequenos ou sen acceso a internet, sen poder recibir en igualdade de condicións a educación virtual, con problemas económicos, sen saber que pasará cos seus ingresos, ou sufrindo violencia de xénero ou intrafamiliar... imaxinarvos o que ten que supoñer que ademais sexas un menor LGTBI+ e que non contes co respecto, agarimo e acompañamento da familia coa que tes que convivir 24 H no mesmo espazo.

As familias de ARELAS non necesitamos imaxinalo: nós acompañamos a menores que están a vivir esta situación, con familias que non xs recoñecen, que non lles chaman polo seu verdadeiro nome e identidade. Sabemos o que supón para elxs ser rechazadxs e que teñan que escoitar unha e outra vez: "Nunca serás unha muller", "Nunca te tratarei en masculino", "Como que non es nin home nin muller?!", "Só me faltaba unha marica/ tortillera na familia"... Tamén sabemos moi ben o que supón para moitxs delxs non poder acudir ao seu centro educativo, onde sí teñen o apoio dxs seus compañeirxs de aula ou dxs seus amigxs que x entenden e animan a seguir adiante.

Por iso desde ARELAS poñemos en marcha a campaña #Libresnacasa e pedimos a vosa axuda para que entre todxs poidamos animar a estxs menores LGTBI sen o agarimo e apoio familiar, enviando mensaxes cargadas de positividade para que saiban que teñen o noso e que ainda non poidendo sair a rúa, en certo xeito poden ser libres na casa a través do noso recoñecemento. Podedes enviarnolas a través das nosas redes sociais ou do correo electrónico: arelasasociacion@gmail.com dirixíndoas a estas persoas LGTBI+ ou ás familias que non lles dan o apoio merecido. Tamén podedes facernos chegar vivencias en primeira persoa sobre o que supón para vós estar nesta situación.


Ti elixes por ou non algún dato que te identifique: O nome, a idade, un alcume, os teus pronomes… ou nada, poden ser completamente anónimas. Cada día publicaremos varias destas mensaxes ou vivencias para difundilas e facelas chegar a quen máis o necesita nestes momentos. Axúdasnos neste importante reto de levar positividade e liberdade a moitas casas?! #Libresnacasa 🏳️‍🌈💜🏳️‍