sábado, 20 de junio de 2020

Novas convocatorias #orgullo2020

Estes días a axenda LGTBQI multiplícase coa chegada da data de celebración e reivindicación dos dereitos das minorías sexuais e das diversas identidades de xénero, xa queda menos para o 28 de xuño, deixamos no blogue varias iniciativas das que sentirse orgulloses



todas as convocatorias presenciales con protocolo de seguridade sanitaria



lunes, 15 de junio de 2020

A Guarda Diversa. visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, de xeito online, entre o 15 e o 27 de xuño de 2020.




O Concello de A Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris, responsable do proxecto Transformando Realidades, pon en marcha este ano o proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que terán lugar nas redes sociais e de xeito online, entre o 15 e o 27 de xuño de 2020.

Entre as accións programadas destacan a realización de 5 directos a través de redes sociais, dirixidos e coordinados por Sara Uris, nos que se contará coas experiencias de persoas moi vinculadas a este colectivo e que amosarán, dun xeito ameno e de proximidade, como é a realidade do colectivo LGTBIQ+ dende diferentes puntos de vista. Os directos realizaranse ás 19:30h, dende o perfil de Instagram de @transformando.realidades.

Políticas LGTBI. debates coas principais formacións políticas organizado por ALAS A Coruña


Dende Hoxe luns 15 de xuño o colectivo Alas A Coruña dará comezo ás conversas en Instagram sobre políticas LGTBI 🏳️‍🌈 de cara ás eleccións autonómicas do 12 de xullo. Anota na túa axenda as citas cxs candidatxs:

15 xuño, 19:30: Abel García Carneiro, Ciudadanos
16 xuño, 13:00: Esteban Rey Franco, Marea Galeguista

17 xuño, 13:00: Adrián García, Galicia En Común
18 xuño, 13:00: Daniela Ferrández, BNG - Bloque Nacionalista Galego
19 xuño, 13:00: Noa Díaz, PSdeG
20 xuño, 13:00: Gonzalo Trenor, Partido Popular de Galicia

viernes, 5 de junio de 2020

Orgullo online

A pandemia COVID19 deixounos sen celebración do orgullo LGTBQI presencial, pero como era de esperar, os colectivos están a traballar en varias iniciativas online para celebrar e reivindicar os dereitos da comunidade LGTBQI.

Hoxe presentámosvos dúas iniciativas, a primeira é do colectivo Alas A Coruña, que nos convida a reflexionar sobre o significado do Orgullo LGBTI a través dunha creación artística. toda a info neste cartel e nas resdes sociais de Alas A Coruña


A segunda iniciativa chéganos da man do colectivo de familias de menores trans, Arelas, que crearon nestes tempos de pandemia un Programa de apoio #libresnacasa, para persoas trans menores de 20 anos, podes acceder ao formulario do programa de acompañamento de Arelas picando no seguinte cartel:
 

Desde AGASEX iremos publicando e difundindo as actividades de todos os colectivos e iniciativas relacionadas con este orgullo 2020 en Galicia, tamén temos solicitado que o Espazo municipal das diversidades sexuais e identidades de xénero de A Coruña poida contar con redes sociais e recursos online para poder difundir actividades, seguir impartindo os cursos sobre diversidade sexual á comunidade educativa, continuar cos diferentes grupos de apoio mutuo, e poder facelo en formato virtual,... de momento e á espera de poder contar con estes recursos non presenciais, Espazo Diverso segue atendendo as necesidades des usuaries a través do teléfono 981 189 889 en horario de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 de luns a venres.

lunes, 1 de junio de 2020

Los Lumbas


Esta semana ha llegado a nuestras manos un regalo muy especial de Marina Férnandez y Pablo Lorenzo, profesores y autores del libro Los Lumbas, y con una dedicatoria que nos ha emocionado: 

"gracias por luchar para construir un mundo sin prejuicios, donde cada uno pueda ser la mejor versión de sí mismo (...)" Os lo agradecemos mucho.

Y además de la dedicatoria, el cuento es surperchulo, porque nos habla de diversidad, nos habla de comunidad y de la amistad y también de como nos enriquece la diferencia, muy idóneo para trabajar con les peques, y que a les adultes, nos puede invitar a reflexionar bajo un formato muy divertido, temas tan serios como la uniformidad de la sociedad o el pensamiento único.

Muy ameno de leer, con unas ilustraciones muy divertidas y coloridas, anímamos desde aquí su lectura.

Marina y Lorenzo han participado recientemente en el programa Xaque ao virus, realizado por la Concejalía de Educación de A Coruña, realizando un contacontos online de los Lumbas y del que os dejamos aquí su experiencia:


Lembrámosvos que o Espazo Municipal das diversidades sexuais e as identidades de xénero segue traballando de luns a venres en horario de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 hr. Podedes contactar coas e os técnicos do equipo a través do teléfono 981 189 889 para calquera dúbida ou asesoramento!