sábado, 12 de marzo de 2016
Formación Ceesg: (Tran)sexualidades, infancia e intervención socioeducativa
O grupo Fiadeiras lanza unha formación dirixida a
educadoras/es sociais que traballan coa infancia, ou con interese neste eido.
Trátase dun curso de 30 horas de duración
(coa atención on line da titora/titor do 14 de marzo ao 22 de abril), cunha
sesión presencial que terá lugar no Ceesg o 30 de abril.
Presentación:
Como profesionais da Educación Social, coñecer a
realidade sexuada é unha oportunidade para entender e atender mellor as
situacións que ocorren nas nosas intervención cotiás. E tamén, para saber que e
como facer naquelas situacións máis peculiares dos sexos, que polo seu contido,
poden xerar certos niveis de dificultades e malestar nos suxeitos que as
protagonizan.
Unha destas situacións é a transexualidade. Unha
expresión máis da diversidade dos sexos, que por razóns alleas a estes, xera
complicacións nas biografías de quen a vive.
As educadoras e os educadores sociais atopámonos
nunha posición privilexiada para reducir estas situacións. A nosa capacitación
para traballar no acompañamento individual desde o contexto grupal, supón unha
extraordinaria posibilidade de socialización para os nenos e nenas, as e os
adolescentes en situación de transexualidade.
Para iso, entendemos que é básico que as e os
profesionais da educación social teñamos unha formación que nos permita
entender a transexualidade como unha expresión máis da realidade sexuada dos
suxeitos. Unha expresión que é mostra da diversidade de formas de ser homes e
mulleres e non un problema ou unha patoloxía. E desde esta idea, adquirir as
pautas básicas de acompañamento ás mozas e mozos en situación de transexualidade
e ás súas familias, nos diferentes contextos profesionais nos que as e os
educadores sociais desempeñamos a nosa labor.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario