domingo, 19 de noviembre de 2017

25 Novembro-O machismo oprime e mata dende a infancia.

Organicémonos para combatelo!

Mobilizacións:

OURENSE - ás 19h diante do C.C. Ponte Vella
VIGO - às 20h dende a Farola de Urzàiz
A CORUÑA - ás 19h no Obelisco
COMPOSTELA - ás 20h dende a Praza 8 de Marzo
FERROLTERRA - ás 18h polideportivo San Valentín (Fene)
ARZÚA - ás 19.30h entrada principal do Multiusos


O 25 de novembro é o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Neste día, como no resto do ano, queremos visibilizar a violencia que sufrimos as mulleres polo feito de sermos mulleres e reclamamos medidas efectivas e concretas para combatela. Esta violencia asumímola desde que nacemos e aféctanos a todos os aspectos das nosas vidas: violencia estética, acoso sexual, agresións sexuais, discriminación laboral, etc., ata chegar á máis evidente que é o asasinato.

Esta violencia sistémica, o patriarcado, é aínda máis cruel coas mulleres que están relegadas ás marxes pola súa condición de raza, clase, orientación sexual, inmigración...

Mais cando falamos de violencia machista non sempre entramos a debater sobre as fillas e fillos asasinados como forma de vinganza contra as súas nais. Os asasinos son sempre os seus pais biolóxicos, ou ben parellas ou exparellas das súas nais. Soen facelo durante o réxime de visitas. Usados como un mero obxecto para danar de xeito irreparábel ás súas nais, para provocarlles o maior dano posíbel. É un dos xeitos máis crueis da violencia machista porque o obxectivo é que non se recupere e non o esqueza xamais.

De feito, as administracións tan só recoñecen dous feminicidios durante este ano 2017 en Galiza: o de Virginia, de 55 anos, no Carballiño, e o de María José Mateo (Sesé), de 52 anos en Redondela. Mais aínda que non computan para as cifras oficiais, foron catro e non dúas as vítimas do machismo. Xa que no mes de maio un meniño de 11 anos foi asasinado polo seu pai en Oza Cesuras. E durante o secuestro da súa filla de tan só 21 meses, asasinaban na Coruña a M.M.A, de 73 anos, quen foi atopada molida a paus a mans do seu ex-xenro.

Nos últimos dous anos foron 18 os asasinatos machistas na Galiza. Destes, non podemos esquecernos dos asasinatos das irmás Amaia e Candela Oubel, con tan só 9 e 4 anos, asasinadas polo seu pai cunha radial durante o período de visitas estival. Por iso pretendemos visualizar na nosa campaña non só na violencia contra as mulleres no marco das relacións de parella, senón poñer o foco tamén no tipo de violencia que exercen os machistas no sistema patriarcal, agredindo todo aquelo ao que ás mulleres teñen estima: obxectos, animais de compañía, mais tamén inclúen ameazas e violencia contra amizades, novas parellas das vítimas, familiares e dentro destes, incluso as fillas e fillos. De feito, os maltratadores transforman ás crianzas en obxectos para continuar co maltrato e a violencia contra a muller, conscientes de que a través dos fillos e fillas manterán o contacto e poderán continuar coa extorsión, o acoso. Este tipo de violencia recibe un nome: violencia vicaria, que é a que se exerce contra as crianzas para ferir á muller.

Non é casual que moitos dos varóns que amosaron comportamentos violentos na relación de parella, que durante a convivencia non se preocuparon polos seus fillos e fillas, no momento da separación soliciten un réxime de custodia compartida, un réxime amplo de visitas, ou mesmo a custodia das crianzas, só co afán de seguir en contacto coa exmuller e poder continuar co maltrato. Por iso rexeitamos calquera modificación legal dirixida a impoñer este modelo de custodia cando non exista acordo entre os membros da parella.

No estado español a realidade é igual de cruda. Foron case un cento as mulleres asasinadas durante o ano 2017. Máis de dez menores. Se acudimos as estatísticas sobre violencia as cifras son demoledoras: preto de 3 mulleres ao día son violadas (as estatísticas soamente contan os casos nos que hai penetración), ducias violentadas en cada recuncho do planeta, tamén aquí ao pé das nosas casas, dos nosos lugares de ocio ou traballo. Como é posible que a loita contra a violencia machista non sexa unha prioridade? Para chegar a estas cifras tan arrepiantes sen que exista unha conmoción, é necesaria unha violencia tolerada pola noso sistema de valores. En consecuencia, reclamamos que se combata como un problema social e político. Os problemas das mulleres son problemas da sociedade e como tales, sen complexos patriarcais, deben ser tratados.

É urxente loitar contra a impunidade do acosador, do maltratador xa que esta impunidade da abeiro a múltiples abusos. Si, precisamos de leis máis coercitivas que disuadan o home maltratador de concretar con violencia o seu desprezo polas mulleres, pero é necesario insistir en que non se trata dunha violencia con motivacións psicolóxicas ou individuais senón que debemos mudar o tecido social. Non cremos na individualización da defensa contra a violencia machista. Non podemos permitir que cada unha dependa da súa sorte ou da súa fortaleza.
Esta violencia patriarcal e a cultura da violación teñen intereses económicos pois o capitalismo, na súa lóxica de acumulación de riqueza precisa que as mulleres percibamos como unha violencia menor que nos reclúan nos nosos fogares, baixo o pretexto do amor romántico, responsabilizándonos da reprodución, obrigándonos a realizar gratuitamente traballos indispensables para a sostibilidade da vida. Non soamente estas responsabilidades non son asumidas pola sociedade senón que as políticas neoliberais desmantelan os servizos públicos: garderías, centros de atención á vellez, sanidade, etc. O capital financeiro, as medidas de austeridade e a privatización provocan a pobreza e as violencias cara as mulleres.

Rebelámonos contra a intimidación colectiva que xorde das agresións físicas ou sexuais. As vítimas sofren o último mecanismo de imposición do poder masculino, son mulleres que resisten, valentes que se atreveron a cuestionalo, que deciden non ser a posesión da súa parella, que deciden non terlle medo á noite, que toman as rúas. Mentres unha soa de nós sinta medo non viviremos nunha sociedade xusta e igualitaria. Unidas en resistencias loitamos e loitaremos contra o capitalismo, o heteropatriarcado, o racismo e o colonialismo, construíndo alternativas para un mundo que poña no centro a vida, sen converter as persoas en mercadoría.

Esiximos orzamentos que se tomen en serio a violencia afrontándoa desde todos os ámbitos sociais. Rexeitamos pactos de estado que manteñen a violencia no ámbito doméstico e de parella negando a existencia dunha estrutura de opresión das mulleres. Non queremos políticas de foto e apertóns de mans, queremos solucións e recursos contra a violencia que sufrimos.

Para acadar a igualdade efectiva reclamamos:

- Unha educación non sexista nun modelo de escola que non sexa androcéntrico no reparto de espazo, nos contidos, na organización do traballo...,
- Educarmos en relacións en pé de igualdade baseadas no respecto e a liberdade para sermos e estarmos con quen nos pete.
- Campañas de concienciación social dirixidas aos nenos, adolescentes e homes para que non asuman a violencia como pauta de comportamento masculino.
- Unha xustiza ao servizo da igualdade: aumentar e dotar de recursos materiais e humanos máis Xulgados especializados en violencia de xénero.
- Protección real ás mulleres que sofren violencias: aumentar o número de vivendas de acollida para mulleres e crianzas vítimas de malos tratos, garantir a liberdade económica das mulleres que sofren violencia, garantir a asistencia letrada da vítima por parte da mesma profesional en todos os procesos xudiciais que teña que emprender tras denunciar ser vítima de violencia (separación legal, custodia das crianzas, pensións alimenticias, disolucións de gananciais, etc.), acurtar os prazos de resposta na tramitación de ordes de afastamento, e realizar unha correcta avaliación do nível de risco, conquerindo que as vítimas sexan acompañadas desde o inicio por profesionais dos servizos sociais que orienten ás mulleres durante todo o proceso.
- Unha sanidade que coide das persoas: formación en perspectiva de xénero de todo o persoal sanitario que trate a mulleres e crianzas.

Mais para lograr vivir sen violencia é preciso dun cambio de actitudes, dun cambio de políticas e dun cambio do modelo social vixente na nosa sociedade. Desde a Marcha Mundial das Mulleres seguiremos loitando para acadalo. Seguiremos en marcha ata que todas sexamos libres.


A concelleira de Igualdade presenta a campaña ‘En negro contra as violencias’ e convida a entidades, establecementos e veciñanza a "apropiarse dela para sensibilizar sobre a realidade das violencias machistas"

A concelleira, Rocío Fraga, e representantes das empresas patrocinadoras amosan ao material da campaña.

Rocío Fraga destaca o éxito desta iniciativa e empraza á cidade a implicarse, especialmente entre os días 23 e 26 deste mes, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Eliminación das Violencias Machistas, ao tempo que chama a un pacto entre concellos para "ir máis alá do labor deste tipo de accións".

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presentou este xoves a nova edición da campaña 'En negro contra as violencias', que busca fomentar a sensibilización cidadá fronte ás violencias machistas no ámbito municipal, e implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural da cidade, así como a toda a cidadanía. "Cremos que as políticas públicas teñen que estar destinadas a ter moitos recursos e persoal para acompañar ás mulleres e persoas vítimas de violencia de xénero, pero as campañas son tamén moi importantes, porque axudan a sensibilizar, a co-responsabilizar e a facernos conscientes dunha realidade na que vivimos", destacou a responsable municipal, quen sinalou que a campaña está pensada, ademais, "para que a xente poida apropiarse dela, e usar os materiais que poñemos a disposición de todo o mundo". 

Tamén salientou o alcance desta iniciativa, que comezou en Santiago hai dous anos, e á que A Coruña se sumou en 2016, na súa segunda edición. Hoxe son 72 concellos de toda Galicia, ademais das Deputación de A Coruña, Lugo e Pontevedra, os que participan, e tamén están formalmente adheridos máis de 3.000 establecementos e entidades de todo tipo.

Como recordou, os pasados 6 e 7 deste mes, unha delegación formada por medio cento de persoas viaxaron a Bruxelas a presentar a campaña no Parlamento Europeo, e onte, 60 representantes dos 75 concellos de todas as cores políticas, incluído o da Coruña, e as tres deputacións adheridas citáronse no Pazo de Raxoi para a sinatura do protocolo para desenvolver estas accións. A este respecto, a concelleira salientou a importancia de que as administracións locais "nos impliquemos e teñamos, como entidades que estamos mais próximas á cidadanía, esa responsabilidade de facer o traballo de loita contra as violencias machistas". "Esta suma de entidades locais fainos poder empezar a traballar nun pacto desde o municipalismo e os concellos, para ir máis alá. A campaña ten unha función relevante, pero a nosa intención é continuar cun pacto, na liña do que estamos a desenvolver, a nivel local, na Coruña, que vén de rematar a primeira fase que iniciará a principios do ano que vén a súa segunda fase, para a co-responsabilidade de todos e de todas por unha cidade libre de violencias machistas", avanzou.

En relación á campaña, Fraga explicou que a intención deste ano é consolidar a experiencia e ampliar o compromiso da cidade na loita contra as violencias machistas, para o que se está a poñer todo o material que xa están sendo solicitados por comercios, empresas e negocios, e que se comezará a entregar nos vindeiros días. "Queremos que máxima intensidade da campaña se produza entre os días 23 e 26 de novembro", sinalou a edil, quen emprazou á cidade a "vestirse de negro e amosar os lemas da campaña eses días", tendo en conta quen o 25 celébrase o Día Internacional da Eliminación das Violencias Machistas, e a sumarse tamén nas redes sociais, cos cancelos #ContraAsViolenciasMachistas e #CoruñaEnNegro, e a enviar fotos da campaña a senviolenciasmachistas@coruna.es, ou etiquetar as redes da concellería (@IgualdadeCoruna). 

Para a difusión de todas estas accións, o Concello editará e repartirá entre os espazos, entidades e locais participantes máis de 17.500 metros de cinta de balizar coa imaxe da campaña, 2.500 distintivos adhesivos de #EspazoLibreDeViolenciasMachistas; máis de 10.000 chapas; 10.000 posavasos e 5.000 manteis para a hostalaría, ademais de camisetas, unhas 2.700, e cartaces en diversos formatos con mensaxes como 'Si é si, non é non', 'Sempre libre e viva' ou 'Espazo libre de violencias machistas'. 

Como recordou a responsable municipal, todos os materiais xenéricos da campaña poden atoparse na web http://ennegrocontraasviolencias.gal/, e os elaborados especificamente para A Coruña poderán ser descargados na páxina web da Concellería de Igualdade e Diversidade, a disposición de calquera persoa ou entidade que queira empregalos, "para que todo o mundo poida apropiarse deles, os comercios nos escaparates e a veciñanza nas ventás, e a campaña desborde". Do mesmo xeito, as persoas que queiran participar poderán solicitar o material a través do correo electrónico habilitado polo Concello. Ademais, e como incidiu a responsable de Igualdade e Diversidade, este ano a distribución tratará de chegar a diferentes puntos da cidade, coa colaboración das asociacións de comerciantes dos barrios dos Mallos, Elviña, Cidade Vella e Monte Alto, con máis de 150 establecementos comerciais xa adheridos, e buscando a complicidade da hostalería local. 

Do mesmo xeito, a concelleira destacou a implicación das empresas patrocinadoras este ano,  representadas esta mañá na rolda de prensa, como son Gadisa -que colabora con camisetas e volandeiras-, Tranvías da Coruña -coa colocación de cartaces en todos os buses da cidade, así como coa rotulación das traseiras de tres autobuses que dende hoxe xa están circulando pola cidade, nas liñas 3, 6 e 23-; CocaCola -con dúas vallas colocadas en Alfonso Molina e coa produción propia de 500 mandís que repartiran entre a hostalaría da cidade- e Vegalsa -a través da distribución de materiais en 27 tendas da cidade, Familia, Eroski Center e CashRecord, e da colaboración económica para edición de materiais- e igualmente agradeceu a colaboración da Deputación da Coruña coa produción de materiais. 

Xunto con eles, Rocío Fraga destacou a participación do Deportivo da Coruña, das entidades e escolas deportivas da cidade, das asociacións veciñais -ata 25 a nivel local-, e así mesmo a visibilización da campaña en 14 centros de saúde, nas instalacións deportivas municipais, nos mercados, na Rede de Bibliotecas Municipais, nos centros cívicos, ademais de espazos fundamentais de atención e información como o centro Ágora, o Fórum, ou o CMIX, e os espazos de atención propios da Concellería de Igualdade e Diversidade, como son o CIM, o COF, a UAMI e o Espazo das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero. Outros emprazamentos significativos, como a Torre de Hércules, o Castelo de San Antón, a Fundación Luis Seoane, a Casares Quiroga ou a Emilia Pardo Bazán, o Coliseum ou o Palacio da Ópera, así como as sedes de  EMALCSA, EMVSA, IMCE, do Consorcio de Turismo e do Consorcio de Promoción da Música, tamén amosarán o apoio á campaña contra as violencias machistas. 

A concelleira destacou especialmente a implicación da Policía local, Bombeiros e Protección Civil, que xa colaboraron na anterior edición e que nesta seguirán incrementando o seu apoio.


Uno de cada cuatro jóvenes ve “normal” la violencia de género en la pareja

Más del 20% de españoles de 15 a 29 años considera que la violencia machista es un tema "politizado que se exagera mucho", según un informe de la FAD.

En 15 años han muerto más de 900 mujeres a manos de sus parejas. La última ha sido Jessica Bravo, de 28 años. Fue tiroteada el miércoles pasado a la puerta de un colegio público de Elda por su expareja, que luego se suicidó. El presunto asesino tenía pendiente un juicio por amenazarla. La violencia machista sigue siendo un problema de primer orden en España pero la percepción de su gravedad no acompaña, al menos no entre los jóvenes. Uno de cada cinco españoles (21,2%)  de 15 a 29 años están muy o bastante de acuerdo en que la violencia de género es un tema "que está politizado, se exagera mucho". 

Y más de uno de cada cuatro (27,4%) señala que es una conducta "normal" dentro de la pareja, según el Barómetro 2017 de ProyectoScopio elaborado por el Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud de la Fundación de Ayuda contra la Drogadicción (FAD).

Cuando los jóvenes aluden a violencia de género "suelen referirse a conductas explícitamente violentas", explica Anna Sanmartín, subdirectora del Centro Reina Sofía. "Aspectos como vigilar el móvil, controlar a la pareja o los celos no lo incluyen dentro de la violencia a no ser que se lo preguntemos de forma explícita, cuando aluden a violencia de género se están refiriendo a agredir o a insultar", señala Sanmartín, una de las responsables del barómetro, una macroencuesta online a 1.247 jóvenes cuyo resultado general se presentó en junio y del que ahora han extraído datos relacionados con género y discriminación.

Aunque va en aumento el porcentaje de jóvenes que lo consideran un problema social muy grave (más del 87% lo cree así), el 30% señala que este tipo de violencia ha aumentado "por culpa" de la población inmigrante y casi un 7% cree que es "inevitable" y que, aunque esté mal, "siempre ha existido". En general, el grado de mantenimiento de estas representaciones sociales sobre la violencia machista es superior entre los varones, y en los niveles de estudios inferiores. "Ellas identifican muchos más actos como violentos y ejercen menos violencia",  según Sanmartín.

Uno de cada cuatro jóvenes ve “normal” la violencia de género en la pareja

En cuanto a las desigualdades de género percibidas por los jóvenes españoles, tres de cada cuatro creen que las oportunidades de las mujeres respecto a salarios o el acceso a puestos de responsabilidad en las empresas son mucho peores que las oportunidades de los hombres. Más de la mitad consideran "mucho" o "algo peores" las facilidades de ellas para encontrar un trabajo (62,4%). También en cuanto a la posibilidad de compaginar vida laboral y familiar (57,4%), acceder a puestos de responsabilidad en la vida política (61,9%) o para ganar dinero (59,3%).

"El estereotipo nos atraviesa a todos. En estudios previos preguntamos qué es ser chico o qué es ser chica. El último, de 2015, lo llamamos Fuerte como papá, sensible como mamá porque vimos que en una década se habían mantenido las mismas imágenes", añade la subdirectora de la fundación. Imágenes como que "las chicas son sensibles, tiernas, comprensivas... Y ellos activos, emprendedores, dinámicos". Sanmartín recomienda "insistir en la educación equitativa" y convertir el asunto "en un tema prioritario en la agenda pública, con fondos para trabajar en ello y un debate continuo".

Por último, preguntados por la percepción que tienen sobre discriminación e igualdad de oportunidades, tanto los chicos como las chicas reconocen que hay factores de exclusión por encima del género. El 47,9% cree que la identidad y orientación sexuales son el principal motivo de discriminación, seguido del origen étnico o racial (45,1%), el aspecto físico (38%) y la nacionalidad (29,3%). El 23,7% de la población juvenil percibe que existe discriminación por razones de género, por encima de motivos religiosos, intelectuales, económicos, de edad o ideológicos.


El catálogo de Toy Planet vuelve a recordarnos que los juguetes no saben de género

Un año más regresan los catálogos sexistas, pero hay excepciones

La Navidad se acerca y con ella, como todos los años, la polémica por el sexismo en los juguetes. Ningún juguete es sexista de por sí, pero puede serlo la forma en que se promociona o expone. Por ejemplo, si los robots solo se presentan junto a niños y las muñecas, junto a niñas. Una de las denuncias con más eco en estos días ha sido la de la actriz Leticia Dolera, que acusa directamente al catálogo de Hipercor.

En este enlace puedes consultar el catálogo de Hipercor para este año. Aunque hay contadas excepciones (algunos niños jugando con cocinitas o alguna niña disfrazada de bombera), la mayoría del catálogo sigue la pauta denunciada por la actriz. En las páginas del catálogo encontramos las muñecas de Nenuco. Hay una petición en Change que reclama a esta empresa "no más catálogos sexistas por Navidad".

Muchos coches y ninguna niña

Las quejas en redes sociales se han volcado este año contra Hipercor, pero en el pasado se han centrado en compañías como Carrefour o Lidl. "La existencia de secciones divididas en jugueterías para niños y niñas puede parecer inofensiva, pero su impacto no termina en la tienda. Desincentivar a una niña a leer un libro de dinosaurios puede traducirse mañana en que esta niña no escoja una carrera porque es para varones", opina en De Mamas & De Papas, la página sobre crianza de EL PAÍS, Clara Alemann, especialista en desarrollo social con una perspectiva de género.

Según indica The New York Times, la separación entre géneros es mucho más clara ahora que hace décadas. Un estudio citado por el diario estadounidense muestra cómo un catálogo de Sears de 1975 solo tenía un 2% de los juguetes publicitados de forma clara para niños o niñas, mientras que en 2012, todos los productos de la tienda online de Disney lo estaban. Y podemos retroceder aún más en el tiempo. Hasta la Primera Guerra Mundial se usaba el blanco tanto para niños como para niñas y, antes, el rosa se prefería para los niños y el azul para las niñas, según explicaba la historiadora Jo B. Paoletti en Pink and Blue: Telling the Girls from the Boys in America. El rosa se empieza a asociar con las niñas en los años 80.

Hay empresas que sí intentan romper los estereotipos de género. El mejor ejemplo es la cadena de jugueterías Toy Planet, que ha difundido su catálogo 2017, en el que aparecen niños jugando con muñecas y niñas con herramientas de bricolaje. La empresa española arrancó esta iniciativa contra el sexismo en 2014. En 2016 dio un paso más, visibilizando la diversidad funcional con fotos de niños con síndrome de Down en el catálogo. "Mientras haya personas que se sigan sorprendiendo por ellos, nuestros catálogos seguirán siendo necesarios", dice a Verne por teléfono el director general de la compañía, Ignacio Gaspar.

"En 2013 nos empezamos a percatar de que teníamos que hacer algo. Nuestros seguidores en Facebook y en Twitter nos comentaban que algunas de las fotos de nuestro catálogo podían resultar sexistas. No hicimos mucho caso, lo que fue un error, pero cuando vimos que se convertía en algo recurrente abrimos los ojos", añade Gaspar.

Empezaron con una campaña en redes sociales y después ampliaron la idea a su catálogo de papel. Esta vez han captado más atención en redes sociales que en años anteriores. "Así sí", ha opinado en Twitter Leticia Dolera, una de los muchos usuarios que han aplaudido a Toy Planet. "Repartiremos 1.800.000 catálogos en toda España", dice Gaspar.
"Algunas personas nos acusan de forzar la igualdad, con más niños jugando con muñecas que niñas. Nuestra respuesta es muy sencilla: ante la cantidad de cambios que todavía exige la sociedad, mejor pasarnos por exceso que por defecto", añade Gaspar. El director general de Toy Planet asegura que sus catálogos inclusivos han mejorado la imagen de la empresa, "pero no han influido en las ventas". De ahí que nos preguntemos por qué otras empresas no hacen lo mismo. "No lo sé, pero estaríamos encantados de que nos copien", dice.

La iniciativa de Toy Planet cuenta con algún precedente: hace cinco años Top Toys, franquiciada de Toys 'R' Us en el norte de Europa, publicó un catálogo para el mercado sueco en el que también se intercambiaban los roles de género, con niños peinando muñecas y niñas empuñando pistolas de dardos. Hasta el punto de que en la versión danesa del catálogo aparecía una niña con una camiseta rosa que en Suecia y por arte de Photoshop pasaba a ser azul. Una campaña de Audi que muestra a una muñeca que quiere conducir en una juguetería acaba de recibir el gran premio a la Eficacia que otorga la Asociación Española de Anunciantes (AEA).


O número de denuncias por violencia machista aumentan 28% en Galiza e xa son perto de 20 ao día

No segundo trimestre deste ano presentáronse 1.780 denuncias. Nese período solicitáronse 477 ordes e medidas de protección e seguridade das vítimas.

A violencia machista en Galiza continúa a ofrecer datos para estarrecer. No segundo semestre deste ano, e segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) os xulgados do noso país recibiron 1.780 denuncias por violencia machista, case 20 por día. Un incremento de 28,1% a respecto do mesmo período do ano pasado, 2016, cando foran 1.389 o número de denuncias.

Os datos estatísticos publicados esta segunda feira polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, en Galiza a taxa de violencia de xénero (mulleres vítimas por cada 10 000 mulleres) é de 11,71 persoas fronte a 17,04 que é no conxunto do Estado español.
Durante o segundo trimestre do ano solicitáronse 477 ordes de protección e medidas de protección e seguridade das vítimas, fronte ás 378 de 2016, o que supón un incremento de 26,2 %. Das 477 incoadas adoptáronse 309, o 65 por cento.

Aliás, descenden no noso país os casos de vítimas que se acollen a dispensa para non declarar. Se no segundo trimestre de 2016 optaron por esta opción 92 mulleres, este ano fixérono 85, é dicir, o 5,2% das vítimas.


Igualdade e Diversidade impulsa unha serie de contacontos nas bibliotecas municipais "co obxectivo de proporcionar coñecementos ás nenas e aos nenos e as súas familias para previr a violencia sexual contra a infancia"

A edil Rocío Fraga destaca que as actividades, que se desenvolverán desde este luns, 6 de novembro, están dirixidas a menores de entre 4 e 7 anos, “para que aprendan a distinguir dun xeito lúdico os comportamentos afectivos saudables dos non saudables”.

A Concellería de Igualdade e Diversidade impulsará no presente mes de novembro os Contos para protexer a infancia dos abusos sexuais, unha serie de actividades que se desenvolverá desde o día 6 até o 28 de novembro na rede de Bibliotecas Municipais da Coruña co obxectivo de sensibilizar sobre esta problemática. 

Tal e como destaca a edil Rocío Fraga, a proposta quere proporcionar tanto aos e ás menores, como ás súas familias, "coñecementos e ferramentas para previr a violencia sexual contra a infancia e crear conciencia sobre todo o que constitúe". "O abuso sexual na infancia é, por desgraza, unha violencia máis habitual do que nos gustaría recoñecer pero, á vez, é unha problemática oculta polo silencio ao que as vítimas se ven condenadas, en especial pola situación de indefensión na que se atopan as e os menores, polas limitacións propias da idade", expón a edil. "As consecuencias psicolóxicas que se relacionan con esta experiencia poden perdurar ao longo do ciclo evolutivo. Desde o goberno local, cremos que é necesario afrontar esta situación e dotar ás nenas e nenos de claves para identificar como negativas certas prácticas e, no caso de que se produzan, darlles ferramentas para a súa defensa", sinala a concelleira.

Así, desde o vindeiro luns, a área de Igualdade promoverá contacontos que, ademais de iniciar ás nenas e aos nenos na lectura, "lles permitirán aprender, dun xeito lúdico, unha serie de cuestións e valores que poderán incorporar, de forma natural, a súa vida cotiá". "Queremos que as e os menores aprendan a distinguir os comportamentos afectivos saudables daqueles que non o son, e que recoñezan a aquelas persoas que si que lles queren, porque lles coidan e respectan", explica a responsable municipal, quen engade que, con esta serie de actividades, "tamén se promove  sensibilizar ás familias da importancia da prevención da violencia e abusos sexuais na infancia".

En total serán dous contacontos os que se representarán en diferentes datas, que terán lugar todos os días ás 18.30 horas, agás no caso daquelas que sexan no punto de préstamo de Novo Mesoiro, cuxa actuación terá lugar ás 12.30 horas. O primeiro deles, O Rato Fuco aprende a querer, representarase na biblioteca do Ágora o día 6; na do Fórum, o día 7; na de Monte Alto, o mércores 8; na do Castrillón, o xoves 9; na dos Rosais o venres 10. O día 11 representarase tanto no punto de préstamo de libros de Novo Mesoiro  --ás 12.30 horas-- como na biblioteca de Durán Loriga --18.30 horas; e, finalmente, o día 14 na da Sagrada Familia.

De cara a seguinte semana terán lugar as representacións do contaconto Non, aí non. Comezará o día 20 na biblioteca do centro Ágora; o día 21, na do Fórum e o día 22 na de Monte Alto. O xoves 23 chegará ao Castrillón, e o venres 24 aos Rosais, mentres que o día 25 contará, como no caso de O Rato Fuco aprende a querer, cunha dobre representación: pola mañá, contra ás 12.30 horas, será en Novo Mesoiro, e pola tarde, ás 18.30 horas, na biblioteca infantil de Durán Loriga. A última actuación será o día 28 na biblioteca da Sagrada Familia.


As violacións son o delito que máis aumenta en Galicia, con case un 40% no que vai de ano

A Xunta admite a "posibilidade" de retirar a súa publicidade dos medios con anuncios de prostitución, pero evita aprobalo.

As dinámicas políticas e mediáticas adoitan provocar, periodicamente, que o foco público se sitúe sobre determinados delitos. Nos últimos meses, por exemplo, a respecto da ocupación de vivendas ou dos roubos en domicilios particulares dalgunhas das grandes cidades do país. No entanto, os datos oficiais da Policía, recompilados pola Delegación do Goberno de España en Galicia, acreditan que aínda que furtos ou roubos seguen a ser os delitos máis habituais, a súa cifra segue á baixa. Mentres, as agresións sexuais e, en concreto, as violacións, son os delitos que máis aumentan. Na contorna do 40% no que vai de ano.

As violacións medran o duplo que o tráfico de drogas

Segundo o balance de criminalidade feito público esta semana entre xaneiro e setembro de 2017 os corpos de seguridade tiveron coñecemento de 36 violacións, un 38,5% máis que no mesmo período do ano anterior. Tamén medraron o resto de "delitos contra a liberdade e a indemnidade sexual", de 301 a 237, o que implica un avance próximo ao 10%. O crecemento das violacións en termos porcentuais é máis do duplo que o do tráfico de drogas, delitos que aumentaron de xaneiro a setembro algo máis dun 16%.

Sempre segundo estes datos oficiais, que seguen a situar Galicia como un dos territorios máis seguros do Estado -unha taxa de criminalidade de 27,1 por 1.000 habitantes fronte á media estatal, de 43,3-, o resto de delitos recollidos nesta base estatística diminúen o seu número, a comezar polas substracións de vehículos -un retroceso superior ao 20%- e a seguir polos roubos en establecementos -case un 15% menos- e en domicilios -un descenso superior ao 9%-.

Os delitos máis habituais no país seguen a ser os furtos, aínda que tamén diminúen de máis de 16.300 a uns 15.400. Os roubos con forza en domicilios pasan de 2.800 a 2.500, na franxa inferior ao milleiro de sucesos, atópanse tipos delitivos como os roubos con violencia e intimidación ou as lesións e rifas tumultuarias. Os homicidios dolosos e asasinatos foron 10, os mesmos que no mesmo período do ano anterior e os secuestros, 3, tamén a mesma cifra que en 2016.


La estereotipos de género se construyen durante los primeros diez años de vida

La concepción de que las niñas son más vulnerables que los niños, como mero argumento a la "protección", puede acarrear consecuencias terribles a las niñas, que pueden llegar a justificar posibles casos de sumisión o abuso físico.

Los estereotipos arraigados con el género se consolidan a una edad temprana de nuestra vida, a los diez años de edad, independientemente de la situación económica familiar. Así lo ha publicado este miércoles por la Global Early Adolescent Study, en el que colabora la Organización Mundial de la Salud (OMS), como parte de una colección de artículos que se publican en el 'Journal of Adolescent Health'.

Expertos en salud pública de todo el mundo han colaborado para aprender cómo esta variedad de estereotipos de género impuestos culturalmente durante mucho tiempo están asociados con un mayor riesgo de problemas de salud mental y física.

"Encontramos que los niños a una edad muy temprana (desde las sociedades más conservadoras a las más liberales) rápidamente interiorizan este mito de que las niñas son vulnerables y los niños son fuertes e independientes", destaca el director del Global Early Adolescent Study, Robert Blum, profesor en la Universidad Johns Hopkins. "Y este mensaje está siendo constantemente reforzado en casi todos los momentos, por hermanos, compañeros de clase, maestros, padres, cuidadores, parientes, clérigos y entrenadores".

"Rápidamente interiorizan este mito de que las niñas son vulnerables y los niños son fuertes e independientes"

Para el estudio, se realizaron durante cuatro años una serie de entrevistas a 450 jóvenes adolescentes de Bolivia, Bélgica, Burkina Faso, China, República Democrática del Congo, Ecuador, Egipto, India, Kenia, Malawi, Nigeria, Escocia, Sudáfrica, Estados Unidos y Vietnam. Según Blum, el trabajo muestra una necesidad de repensar las intervenciones de salud de los adolescentes, que suelen centrarse en los jóvenes de 15 años o más, para que se dirijan a un grupo de edad mucho más joven.

"Los riesgos para la salud de los adolescentes están condicionados por comportamientos basados en roles de género que pueden estar bien establecidos en los niños cuando tienen 10 u 11 años de edad", afirma la profesora asociada e investigadora principal en el estudio, Kristin Mmari. "Sin embargo, vemos miles de millones de dólares en todo el mundo invertidos en programas de salud para adolescentes que no se ponen en marcha hasta que tienen 15, y para entonces es probablemente demasiado tarde para marcar una gran diferencia", lamenta.

Desigualdad a la fuerza

Las entrevistas revelaron que, en todo el mundo, los niños y las niñas están equipados con "camisas de fuerza de género" a una edad muy temprana, con consecuencias negativas que son particularmente peligrosas para las niñas. Los científicos descubrieron que las restricciones basadas en el género racionalizadas como "protección" a las niñas, en realidad las hacían más vulnerables haciendo hincapié en la sumisión y sancionando implícitamente incluso con abuso físico como castigo por violar las normas.

Igualmente, observaron que "en muchas partes del mundo" estos estereotipos dejan a las niñas en mayor riesgo de abandonar la escuela o sufrir violencia física y sexual, ser obligadas a casarse siendo niñas, quedarse embarazadas a una edad muy temprana y contagiarse con el VIH y otras infecciones de transmisión sexual.

En 14 de las 15 ciudades, niños y niñas afirmaban que el niño era el que debía tomar la iniciativa en una relación.

Por ejemplo, los investigadores descubrieron que los niños, tanto en Nueva Delhi como en Shanghai, hablaban de que se les animaba a pasar tiempo fuera del hogar en una exploración sin supervisión de su entorno, mientras que las niñas dijeron que se les recomendaba quedarse en casa y hacer tareas. Las chicas y los chicos de ambas ciudades hablaron de las vergüenzas y las palizas que sufrían quienes intentaban cruzar la brecha.
En todas menos una ciudad, Edimburgo, Escocia, tanto los niños como las niñas tenían claro que era el niño el que debía tomar la iniciativa en cualquier relación. En todos los escenarios, las jóvenes reconocieron la existencia de un énfasis constante en su apariencia física y sus cuerpos como su activo clave. "En Nueva Delhi, las chicas hablaron de sus cuerpos como un gran riesgo que hay que cubrir, mientras que en Baltimore las chicas nos dijeron que su principal activo eran sus cuerpos y que tenían que parecer atractivos, pero no demasiado atractivos", explica Mmari.

Los investigadores observaron que sus conclusiones respaldaron trabajos anteriores que revelaron que "durante la adolescencia, el mundo se expande para los niños y se contrae para las niñas". Pero los investigadores señalan que los chicos no salen ilesos, ya que los estereotipos que aprenden en la adolescencia temprana (el énfasis en la fuerza física y la independencia) hacen que sean más propensos a ser víctimas de violencia física y al consumo de tabaco y otras sustancias, así como a cometer homicidios.

Lo femenino como algo inferior

Además, cuando los autores evaluaron las actitudes acerca de los roles de género entre los jóvenes adolescentes de China, India, Bélgica y Estados Unidos, encontraron una aceptación creciente de las niñas rebelándose contra ciertas fronteras de género, pero casi tolerancia cero para los niños que lo hacen. En los cuatro países, parecía ser cada vez más aceptable, en distintos grados, que las niñas se involucraran en ciertos comportamientos masculinos estereotipados, como usar pantalones, participar en deportes y estudiar carreras.

Sin embargo, los autores vieron que "los chicos que desafían las normas de género por su vestimenta o comportamiento fueron considerados por muchos encuestados como socialmente inferiores". Tanto los niños como las niñas dijeron a los científicos que las consecuencias para los niños que se percibía que estaban como adoptando el comportamiento femenino, como pintarse las uñas, iban a ser intimidados y recibir burlas con duros calificativos hasta ser agredidos físicamente.

Esperanza para un cambio

"Sabemos por estudios de investigación y experiencia programática que las normas desiguales de género pueden cambiarse, pero esto requiere intervenciones cuidadosamente planificadas e implementadas que apunten tanto a los jóvenes como al medio ambiente en el que están creciendo y desarrollándose", señala el codirector y científico en el Grupo de Adolescentes y Poblaciones de Riesgo en el Departamento de Salud Reproductiva e Investigación de la OMS, el doctor V. Chandra Mouli.

Que los estereotipos de género estén tan arraigados en los niños a una edad relativamente joven, es "inesperado".

Mmari señala que, aunque muchos de los estereotipos de género documentados en el estudio no son sorprendentes, el hecho de que sean tan comunes a través de las culturas y las situaciones económicas y estén tan arraigados en los niños a una edad relativamente joven, es "inesperado". A su juicio, la investigación podría ayudar a formar nuevas iniciativas que fomenten una mayor conciencia de las consecuencias para la salud de los estereotipos de género y que se centren en los años de "transición" críticos de la adolescencia temprana.

Por su parte, Blum rechaza el argumento de que en muchas partes del mundo los estereotipos de género son sólo parte de la cultura tradicional y no son susceptibles de cambio, y señala que, aunque todavía luchan con conceptos rígidos de género, en lugares como Estados Unidos y el norte de Europa, las actitudes han cambiado dramáticamente en las últimas décadas.


Niñas para consumo masculino

No podemos continuar pidiéndole a niñas famosas que se maquillen y adopten posturas concretas para consumo masculino

Su trabajo no es ser objeto de deseo. Su único cometido es ser niñas, estudiar como niñas, jugar como niñas

Hace unas semanas, el juez de menores, Emilio Calatayud, decía en televisión que "las niñas se hacen fotos como putas", y que  "después de las fotos, pueden venir los acosos, los abusos y las violaciones".

Esta semana hemos visto la enésima prueba de que culpar a las propias niñas (o mujeres) de la objeticificación de sus cuerpos es una falacia machista, además de un análisis de chichinabo provocado por la misoginia que la sociedad nos graba a fuego desde pequeños.
La revista estadounidense W ha incluido a Millie Bobby Brown, la protagonista de Stranger Things, en la lista de actrices y actores más "sexys".

No es la primera vez que a una niña se la hipersexualiza, por supuesto. Maddie Ziegler tenía sólo 11 años cuando hizo esta campaña, y no había sido su primera inmersión en poses llamadas "femeninas" y "sensuales".

Seguimos llamando femenino o sensual a posar tiradas por los suelos, fingiendo vulnerabilidad o incluso haciéndonos las muertas. A más indefensión mostremos, más sexy parece ser la foto.

La diferencia entre las chicas anónimas y las famosas, es que a las primeras se las acusa de "putas" y a las segundas se las aplaude cuando se las incluye en listas sobre físicos "hot". También está la variante de que a unas se les acuse de posar como putas ( incluso dentro del feminismo) pero las culpas de la otra recaigan sobre el fotógrafo o a la revista de turno que le hizo las fotos.

Es muy complicado, al parecer, este unir con flechas. Seguimos creyendo que la publicidad, las películas, series y canciones que escuchamos y vemos cada día a nuestro alrededor, son inocuas y no nos inculcan nada. Que son como el humor, que al parecer tampoco nos forma como personitas, que nada tiene que ver lo que mamamos con lo que luego somos. También sucede con el lenguaje, muchos siguen con la cantinela de que el lenguaje no es el vehículo del pensamiento, sino otro elemento inocuo más de tantos.

Aceptar todo lo anterior es decir, directamente, que si las mujeres posamos como posamos, hacemos lo que hacemos y nos comportamos como lo hacemos es porque está en nuestros genes. Nos sale instintivo. Vemos una cámara y metemos tripa, ponemos morritos y ponemos el culo en pompa. Biología sin más.

Ese razonamiento misógino, nos lleva a exculpar a los hombres que acaban violando, acosando y tratando como objetos a las mujeres. Porque de la misma forma que nosotras tenemos el gen de tirarnos por los suelos y hacernos la muerta para las fotos, ellos poseen el de no poder controlar sus "instintos" y acabar abusando de nosotras. El resultado es el que vemos siempre: culpabilización de la víctima (¿qué hacías sola por esa zona? ¿lo conocías de antes? ¿ estás segura de que cerraste bien las piernas? ¿qué llevabas puesto?) y la consiguiente justificación del agresor/acosador/violador.

No podemos continuar pidiéndole a niñas famosas que se maquillen y adopten posturas concretas para consumo masculino. El trabajo de una actriz como Brown o una bailarina como Ziegler NO puede acabar sirviendo como producto para los hombres heteros. Su trabajo no es ser objeto de deseo. Su cometido es ser niñas, estudiar como niñas, jugar como niñas e invertir las horas legales en los trabajos por las que son conocidas (aunque aquí entra en juego la eterna duda de si de verdad quieren o es lo que quieren sus tutores legales).

Sexualizaciones constantes como la que ahora vemos con Millie Bobby Brown son las que hacen que el resto de niñas empiece a obsesionarse con sus cuerpos, con su peso, con su imagen. Como la gota malaya, imagen tras imagen, anuncios tras anuncio, las niñas dejan de mirar lo socialmente bello para compararlo con lo que ellas son, con cómo ellas lucen.
Nueve de cada diez personas con trastornos alimenticios son niñas/mujeres. Y no, tampoco esto viene en nuestros genes. La violencia de sobre las mujeres está considerada por la OMS como una pandemia, y no, tampoco es cuestión de biología. Cada siete horas se denuncia una violación en nuestro país, y no tampoco es una cuestión de pulsión sexual irrefrenable debido a la naturaleza masculina.

Son los machistas. Es el machismo. Y el machismo nunca es natural, es social y cultural. Está en las canciones, está en las listas de las más sexys, está en el lenguaje, está en la publicidad, está en el humor... En definitiva: está en la sociedad.

Y, como sociedad, podemos darle fuelle para que nunca muera o podemos pelear contra él para exterminarlo. Eso sí, no olviden que la lucha ha de comenzar por uno mismo.


Descartan un anticonceptivo para hombres por efectos secundarios similares a los de la píldora femenina

Un comité médico interrumpe el ensayo del anticonceptivo por efectos secundarios no graves como acné, cambios de humor o incidencias sobre la libido.

Los tabúes sociales y la falta de incentivo comercial son dos de las principales causas para que aún no exista una píldora masculina.

"La anticoncepción masculina la metieron en un cajón hace años, cuando ya había resultados prometedores", explica el presidente de la Sociedad Española de Contracepción
‘Póntelo, Pónselo’: anticonceptivos y desigualdad.

El mes pasado un equipo de investigadores anunciaba una vez más un supuesto avance en anticoncepción masculina. Sin embargo, de nuevo las esperanzas de encontrar un método que permita a los hombres compartir las responsabilidades de la planificación familiar han caído en saco roto. Los investigadores anunciaban en un artículo publicado en una revista científica que el comité médico había suspendido el ensayo debido a los efectos adversos del fármaco.

El método en cuestión consistía en una inyección de testosterona junto con un implante de progesterona. Mostró una eficacia superior a la del preservativo e incluso a la de la píldora femenina. Sin embargo, "el comité de seguridad consideró que el número de efectos secundarios, en particular los cambios de humor, eran demasiados", explica a eldiario.es Mario P. Festin, uno de los autores de la investigación y responsable del Departamento de Salud Reproductiva de la Organización Mundial de la Salud, principal promotor del estudio.

El comité médico encargado de supervisar el ensayo interrumpió la prueba debido a que surgieron algunos efectos adversos no graves, como acné, cambios de humor o incidencias sobre la libido –en este caso, aumento–, tal y como aseguran los autores del estudio en un artículo publicado en la revista The Journal of Clinical Endocrinology &  Metabolismo.
Efectos similares a la píldora femenina
Resulta paradójico que se descarte el desarrollo de un anticonceptivo por unos efectos que son habituales, o incluso peores, en otros que ya se encuentran desde hace años en el mercado, como la píldora femenina. Ante esta tesitura, Festin ha asegurado que "si bien estos efectos adversos pueden ser considerados como de menor importancia, también pueden ser problemáticos para ciertas personas".

Para Jose Ramón Serrano, presidente de la Sociedad Española de Contracepción, "esos efectos son ridículos y son de esperar porque son los que tienen la mayoría de los contraceptivos", afirma a eldiario.es.  "Son efectos inherentes al método y no son importantes para la salud. Estos en particular son mayoritariamente debidos a la inyección de testosterona", explica este especialista.

¿Por qué no hay píldora masculina?

El doctor Serrano reconoce que pueden existir ciertas dificultades técnicas a la hora de conseguir un buen anticonceptivo masculino, dado que "pueden pasar hasta dos o tres meses para que tengan efecto" y, además, "también cuesta un cierto tiempo volver a recuperar la fertilidad". Eso no pasa con la píldora, que actúa de forma casi inmediata y la fertilidad reaparece en el momento en el que se deja de tomarla.

Sin embargo, según este especialista, "desde hace años ha habido estudios en fase 3 que estaban dando muy buenos resultados y con efectos secundarios mínimos, como ahora, pero se metieron en un cajón, fundamentalmente por motivos comerciales". Los investigadores del nuevo estudio lo confirman. Señalan que "el desarrollo de productos comerciales se ha estancado".  Según los propios autores del estudio, la base de este método, que supone la utilización de hormonas, se conoce desde hace más de cuatro décadas.

Aunque hay diversos estudios que tratan de abordar la anticoncepción masculina de formas alternativas, en la actualidad apenas hay compañías farmacéuticas que estén desarrollando anticonceptivos para hombres y solo la OMS, principal promotora de este último ensayo, o algunas organizaciones sin ánimo de lucro están trabajando en ello.

Todo pese a que según el propio estudio, más del 75% de los participantes aseguró estar satisfecho con el método y dispuesto a utilizarlo si estuviera disponible. "Estoy seguro que de que hay muchos hombres que están concienciados y que utilizarían este tipo de métodos, especialmente aquellos que tienen pareja y que saben que la contracepción también es cosa de ellos", explica Serrano.

La planificación familiar "no es cosa de hombres"

Pero pese a la supuesta falta de incentivo comercial, también existen un problema cultural de fondo: la planificación familiar y la contracepción se consideran mayoritariamente como algo exclusivamente femenino.

Serrano asegura que uno de los principales problemas es que "la anticoncepción masculina está mitificada, pues se considera que no es cosa de hombres". Según este especialista, "los hombres no se embarazan, con lo que si no hay una pareja con la que se comparta la fertilidad como algo común, es difícil que esto se acepte".