sábado, 12 de marzo de 2016
III XORNADAS ASEIA. “ A CONSTRUCCIÓN DA IDENTIDADE NA ADOLESCENCIA E INFANCIA: O LUGAR DO CORPO"
ASEIA organiza o sábado 21 de Maio, no Centro
Cultural Marcos Varcárcel de Ourense, a súa III Xornada co tema central de
"A construcción da Identidade na Adolescencia e a Infancia: O Lugar do
Corpo". Como tódolos anos se organizarán conferencias, mesas redondas e
obradoiros.
Este ano temos a honra de contar como poñentes con:
- Jordi Planella Ribera. Catedrático en Pedagoxía
social pola Universitat Oberta de Catalunya.que nos falará de
- Jerónimo Bellido Pérez. Psicólogo Especialista en
Psicoloxía Clínica. Psicoterapeuta de Orientación Reichana. Vexetoterapeuta.
Director do Instituto Wilhelm Reich Europa
- Alejandro Vaghetti Jou. Psicólogo. Psicoterapeuta.
Orientador educativo
- Ana Alonso Nogueira. Experta en Comunicación,
Terapeuta psicomotriz e Experta en Atención Temperá.
- Pablo Villarino Torrado. Psicoterapeuta.
Responsable de Saúde de Cruz Vermella Ourense
- Conchi Estévez Villar. Enfermeira do servizo de
pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro. Educadora en masaxe infantil.
- David García Díez. Psicólogo. Psicoterapeuta de
Integración Corpo Mente. Director Instituto Wilhelm Reich Galicia.
- Karina Bacelar Pereira. Psicóloga Especialista en
Psicoloxía Clínica.
A Xornada obtivo o recoñecemento de Interese
Sanitario (SA301A 2016/4-3) por
parte de Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Ademais contamos ca
colaboración da Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Ourense para a
organización, asi como o asesoramento técnico e organizativo do Instituto
Wilhelm Reich Galicia.
Axuntamos o programa e pregamos a súa difusión entre
profesionais que poideran estar interesados.
Para información e inscripcións podedes dirixirvos a
aseia,xornadas@gmail.com
Esperamos poder contar ca vosa presenza en Ourense o
21 de Maio
ASEIA é unha organización aberta, na procura de tecer
redes profesionais e socias que permitan achegar o noso traballo en favor da
Saúde Emocional na Iinfancia e a Adolescencia ó maior número posible de
mozos/as e as súas familias, así como ós/ás profesionais interesados neste
ámbito. Se queres colaborar con nos podes facerte Socio/a Colaborador/a da nosa
organización. Poderás participar dos grupos de traballo, acceder a toda a
información periódica da nosa laboura, ter descontos en todas as actividades
formativas e publicacións, e compartir con nos este espacio de coñecemento,
crecemento profesional e intervención, que pretende ser ASEIA.
Si estás interesado podes porte en contacto a través
de aseia.galicia@gmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario