Mostrando entradas con la etiqueta 8m. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 8m. Mostrar todas las entradas

viernes, 8 de marzo de 2019

Nos unimos a la huelga del #8M. Por la igualdad y dignidad para todas

Para que todas las mujeres, sin excepción, tengan acceso a los servicios públicos de cuidados y promoción de salud sexual y reproductiva, y al ejercicio de sus derechos de decidir sobre su sexualidad y su reproducción.
Para que se aborde de manera real la violencia de género, incluida la violencia sexual. Para que se considere la violencia de género como una cuestión que atañe a toda la sociedad.
Para que se haga realidad la educación sexual en todos los colegios e institutos, como la mejor herramienta para que vivamos nuestra sexualidad y nuestras relaciones con bienestar y respeto, en igualdad y sin violencias.
Para que se reconozca plenamente el derecho de las mujeres a decidir sobre sus cuerpos y sus opciones reproductivas, y se garantice que ese derecho se hace (haga) efectivo sin discriminaciones.
Para que se respeten todas las opciones sexuales e identidades de género y todos los modelos de familia.
El 8 de marzo la FPFE no prestará servicios

Aquí tedes todas as convocatorias do 8M dos colectivos, asociacións... que fan parte de Galegas 8M

Pero seguro que hai moitas máis! Se vedes que falta algunha, compartídea en comentarios, e non dubidedes en partillar o cartaz!!! Vai tamén a ligazón ao mapa, para que non vos perdades!
E se sodes veciñas de Galegas na diáspora, apuntádevos á manifestación de Bos Aires que sairá ás 17:00 da Praza do Congreso para finalizar na Praza de Maio!!
AVISO: A concentración de Vilagarcía é ás 20:00!!! Desculpade o erro!
Vémonos nas rúas!

#8M 2019 Día internacional das Mulleres

8M
CANDO: Dende o 28/02/2019 ata o 31/03/2019
Mulleres que transforman realidades
Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, e no marco da convocatoria de folga internacional feminista, laboral, de coidados e estudiantil prevista para o próximo día 8 de marzo, o Concello da Coruña convida a toda a cidadanía a estender esta mirada reflexiva e reivindicativa a todo o mes de marzo, por medio dunha programación de actividades atravesada por un enfoque transversal e interseccional.
Con esta nova convocatoria de "Mulleres que transforman realidades", dende a Concellaría de Igualdade e Diversidade insistimos en sinalar de que maneira os dereitos das mulleres forman parte da historia incompleta dos dereitos humanos, tratando nesta ocasión de facernos eco dun movemento internacional de mulleres que, dentro e fóra das nosas fronteiras, berra que se as mulleres paran, para o MUNDO.




MANIFESTO 8M-MMM

8 de marzo: a urxencia do feminismo anticapitalista
Hai máis de 100 anos que o 8 de marzo é a principal data reivindicativa do calendario feminista. Esta longa traxectoria actualízase en cada lugar do mundo e en diferentes momentos da historia como un instrumento da acción e da loita colectiva das mulleres. Na Galiza de hai 100 anos, un 8 de marzo as mulleres da comarca de Ferrolterra iniciaban unha revolta fronte aos tiranos e os caciques polo pan e unha vida digna, ao berro de “Temos fame, abaixo os acaparadores”. Xa entón as mulleres traballadoras amosaban ao pobo o camiño da revolta.
Sabemos que hai moito máis tempo que as mulleres son parte da loita pola emancipación e xa resistían e construían alternativas ás moitas formas de dominación. Reunir as diversas mulleres de todo o mundo en torno dunha data é esencial para construír un suxeito político colectivo que ten raíces e historia e que coloca a igualdade a liberdade como eixos de loita.
Neste 2019 as galegas enfrontamos unha fenda salarial dun 21,5% e o 37% das traballadoras non acadan o salario mínimo. A temporalidade, ocupamos o 77% dos traballos parciais, e a precariedade, o 48% dos contratos asinados por mulleres duran menos dun mes, converten as mulleres galegas na face da pobreza no noso país. As nosas pensionistas teñen de media 10 anos menos de cotización que os homes e un 36% das desempregadas non percibe nengún tipo de subsidio por desemprego. As mulleres galegas traballamos ademais no sector dos servizos, o 87% das asalariadas mulleres estan neste sector, que é un dos de maior perda de dereitos laborais, o que converte a conciliación en papel mollado na nosa realidade diaria.
Os recortes da chamada crise empregados para o axuste das perdas do sistema financeiro e das grandes empresas tamén golperaon en maior medida as mulleres no noso país alá onde foron aplicados: recortes en programas de prevención e atención ás mulleres agredidas, recortes dos programas relacionados coa educación e a crianza, recortes na sanidade que repercuten nos tratamentos específicos relacionados coa saúde das mulleres, desmantelamento de políticas públicas de igualdade e vivenda, exclusión social e pobreza. O 94% das axudas a través das rendas de inserción social para familias monoparentais en Galiza son para mulleres.
Vivimos nos últimos anos unha ofensiva do capital transnacional sobre os nosos territorios que tamén impactan gravemente no noso pobo e na vida das mulleres. A destrución do medio e a explotación dos recursos naturais trae consigo a destrución dos modos de vida e a economía tradicional que serven de apoio a miles de mulleres para enfrontar o impacto do capitalismo e da súa economía depredadora. Esta ofensiva depredadora da minería e o extractivismo tamén tivo en fronte a organización e a loita das mulleres na defensa do territorio.
Todos estes datos económicos evidencian que a alianza patriarcado capital continúa a pór en risco a vida das mulleres e os territorios e require dun confronto social e institucional que teña no feminismo unha das súas ferramentas imprescindíbeis.
Neste 2019 as mulleres temos moito polo que loitar. Nun estado cada día máis antidemocrático asistimos ao crecemento de sectores conservadores e a súa influencia na política e na economía. Devolver as mulleres aos roles tradicionais é a proposta deste sector consevador para xustificar o recorte dos servizos públicos. Desde quen defende limitar o dereito ao aborto para que nazan obreiros até quen propón eliminar os programas de igualdade para manter a explotación das mulleres no ámbito doméstico. O capitalismo, o patriarcado e o racismo manteñen deste xeito as mulleres nunha situación de desigualdade con menos acceso á renda e aos dereitos.
Tamén observamos que o feminismo se amplia e enraíza, virou unha axenda xeral da sociedade e non só dos movementos feministas organizados. Hai múltiples grupos e formas de actuar, mas tamén contidos comúns que pasan por recoñecer o carácter patriarcal e racista do capitalismo e a centralidade da axenda do coidado, a importancia de defender a diversidade afectivo-sexual, a necesidade de afirmar valores democráticos e formas horizontais de poder e a importancia da autoorganización das mulleres. Neste sentido, a creación do espazo de Galegas 8M, feminista e anticapitalista para aglutinar ao feminismo anticapitalista que acredita na autoorganización e na axenda propia do feminismo galego é unha oportunidade para aprofundar nestas cuestións.
Mas fronte a este crecemento hai unha reacción do mercado para incorporar o ideal de liberdade e igualdade. Basta ver a linguaxe feminista empregada en propaganda de roupa e cosméticos vinculada ao 8M polas mesmas empresas que explotan o traballo e a vida das mulleres ou os apelos á participación na folga de mulleres de persoeiras vinculadas ao capital e ao poder. Isto banaliza e tira radicalidade ao feminismo, como sabemos o mercado tenta facer do feminismo o “novo espírito” do capitalismo global. Pretenden converter o noso movemento político en máis un obxeto de consumo asimilando non só a estética senón tamén esa parte da mensaxe máis desvinculada da crítica profunda do sistema capitalista.
A Marcha Mundial das mulleres fai unha crítica integral ao actual modelo e aposta por un feminismo antisistema que se opoña á actual orde capitalista, patriarcal, racista, heteronormativa e colonial. Sabemos que esa aposta non é fácil nen cómoda, mas é a máis coherente coa nosa defensa dunha sociedade con novas relacións, con outras formas de organizar o traballo, de garantir a substentabilidade da vida e onde exista espazo para novas subxetividades baseadas na autonmía e a igualdade. Sabemos tamén que o horizonte de transformación e formas de loita constrúense en cada momento analizando o contexto e como as forzas dominantes operan, por iso neste momento na Galiza a loita pola democracia, polo dereito dos pobos a decidir o seu futuro, pola soberanía alimentar e a defensa do territorio e contra a explotación capitalista son eixos esenciais da axenda do feminismo para crear unha axenda de mobilización e transformación social.
Neste empeño de construír un feminismo que transforme o mundo e a vida das mulleres a afirmación do carácter anticapitalista, antipatriarcal e antirracista do feminismo é esencial para construír unha sociedade diferente que coloque a vida no centro.
Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres 8 de marzo de 2019

¿En qué consiste la huelga feminista del 8 de marzo? ¿Qué objetivos persigue?

La Comisión 8-M calienta motores para la huelga feminista EP La Comisión 8 de marzo plantea esta jornada de forma multidimensional y llaman a participar en una huelga feminista laboral, de cuidados, de consumo, estudiantil y asociativa. Manifiesto de la huelga feminista el 8 de marzo de 2019. 
La central es la de cuidados, que persigue que en la esfera doméstica los hombres asuman las tareas del hogar y de los cuidados para que se den cuenta de hasta qué punto la labor de las mujeres es vital para el sostenimiento del hogar y cuánta carga están asumiendo en solitario. 
No llevar a los niños al colegio, no lavar, tender o planchar, son algunas de las ideas que da la Comisión 8M para ese día. "Paramos las mujeres, pero no paran los cuidados", sostienen, instando a secundar la huelga "para que los cuidados no recaigan solamente" en las mujeres y para que se conviertan en una "responsabilidad social, compartida y distribuida". 
En cuanto a la huelga de consumo, se insta a las mujeres en particular a abstenerse de consumir lo que no sea imprescindible en esa jornada, reduciendo al mínimo el gasto en suministros pero también en bienes y servicios. Es una iniciativa de la corriente ecofeminista para reflexionar sobre el peso de las mujeres en el modo de consumir y la fuerza que tienen para implantar modelos más sostenibles.
La huelga laboral significa no realizar el trabajo asalariado en empresas, comercios, fábricas, servicios públicos de salud, educación cuidados, u otros. El objetivo es que ese día las mujeres "desaparezcan físicamente" todos esos espacios que ocupa y en los que está "invisibilizada" o "infravalorada". 
Respecto a la huelga educativa, llaman a parar en colegios, institutos y universidades porque el sistema educativo es el principal espacio "en el que se reproduce el actual sistema capitalista y patriarcal". 
¿Por qué una huelga? 
El argumentario de la Comisión 8M es tan amplio como las diversas problemáticas que afrontan las mujeres por el hecho de serlo. El documento es un dossier de 30 páginas que contempla casi 200 motivos y objetivos por los que se debe convocar y secundar la huelga feminista. Se desarrollan en torno a cuatro ejes: violencias, cuerpos, fronteras y economía. 
Las feministas del 8M denuncian las violencias machistas, en todas sus formas y exigen más presupuesto para combatirlas, pero también ponen en el foco la mayor precariedad de la mujer en el mercado de trabajo, la persistencia de barreras a su proyección profesional y su discriminación en materia de salarios. 
En la misma línea, denuncian que la pobreza las afecta de forma preferente, los recortes presupuestarios que afectan a los cuidados, la falta de reconocimiento del trabajo doméstico que asumen las mujeres en mayor medida, haciendo especial hincapié en las migrantes, un colectivo más vulnerable. Paros todo el día o paros de dos horas. 
En el ámbito laboral, las feministas llaman a que las mujeres abandonen sus puestos de trabajo durante las 24 horas del día, si bien son los sindicatos los que deben registrar la convocatoria legalmente. Los mayoritarios, como CCOO y UGT, han convocado como mínimo paros de dos horas por turno de trabajo, si bien otros sí han registrado una huelga de 24 horas. 
A estos paros o al paro general están llamados todos los trabajadores y trabajadoras, pues lo contrario sería ilegal, y afecta a todas las actividades laborales. Un trabajador puede secundarlo sin necesidad de estar afiliado a un sindicato y con independencia de que exista representación sindical en su centro de trabajo. Así pues, cualquier persona puede secundar los paros y no ser sancionado o ser despedido. Eso sí, si el trabajador se une a la jornada de huelga, su contrato quedará suspendido ese día y no recibirá el salario correspondiente a las horas de ausencia.

lunes, 18 de febrero de 2019

O goberno local presenta a programación do 8M, "atravesada por un enfoque transversal e interseccional", na que destacan a feminista Marcela Lagarde ou o concerto das Pussy Riot

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, deu a coñecer a serie de actividades, entre as que se inclúen o festival de música gratuíto ‘Mulleres que transforman realidades’ na praza de María Pita o 9 de marzo.
A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presentou esta mañá a programación de actividades do goberno municipal con motivo do vindeiro 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, "unha data especial despois do éxito da convocatoria da folga internacional feminista do pasado ano". A edil lembrou que, de cara a este 2019, o Concello da Coruña apoiará de novo a convocatoria, baseada nos eixes laboral, de coidados, estudantil e de consumo, logo da aprobación por unanimidade na sesión plenaria do pasado luns, 11 de febreiro, dunha moción neste sentido,á vez que avanzou que as concelleiras do goberno local sumaranse á folga "e non terán axenda institucional" nesa xornada.
Baixo a denominación Mulleres que transforman realidades, o Concello da Coruña propón unha programación "ampla e diversa que pretende estender a mirada reflexiva e reivindicativa da folga feminista ao longo de todo o mes de marzo", a través dunha liña de actividades "marcada por un enfoque transversal e intereseccional, para chegar a todos os públicos, de todas as idades", apuntou a edil. Así, a programación incluirá faladoiros, un festival de música gratuíto, cafés feministas, mostras bibliográficas, proxeccións audiovisuais, roteiros, obras de teatro, un gala de circo e unha carreira popular, entre outras propostas. "Con esta nova convocatoria insistimos en sinalar de que maneira os dereitos das mulleres forman parte da historia incompleta dos dereitos humanos, para facernos eco dun movemento internacional de mulleres que, dentro e fóra das nosas fronteiras, berra que, se as mulleres paran, para o mundo", aseverou a concelleira.
Unha das actividades máis destacadas será o faladoiro Os dereitos humanos, os dereitos das mulleres. Desafíos nas loitas feministas do século XXI que Marcela Lagarde ofrecerá o 14 de marzo no Paraninfo da Universidade da Coruña, ás 19.00 horas. A recoñecida feminista, académica, antropóloga e investigadora mexicana abordará nunha conversa aberta coa cidadanía o papel dos dereitos humanos e a súa crítica e transformación baixo a luz do feminismo. "Se o ano pasado contamos con Silvia Federici para a apertura da Escola de Empoderamento Feminista, nesta ocasión, coincidindo coa programación do 8M e a terceira edición da escola, contaremos cunha das representantes máis destacadas do feminismo latinoamericano", apuntou Fraga, quen lembrou que actividade se organiza en colaboración co Centro de Estudos de Xénero e Feminismo da Universidade da Coruña (CEFEX).  
Outra das novidades desta programación, "posible grazas á importante colaboración da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento", segundo salientou a edil --quen estivo acompañada na presentación polo edil José Manuel Sande--, será a primeira edición do Festival Mulleres que Transforman Realidades, e que se celebrará na praza de María Pita o 9 de marzo, desde as 20.00 e até as 01.30 horas. A cita, cun cartel de carácter internacional, contará coas actuacións de "mulleres de distintos contextos e diferentes estilos, cunha clara mensaxe feminista", segundo explicou Fraga, como son Brassica Rapa, Mounqup, Xiomara Fortuna, Marinah --vocalista de Ojos de Brujo-- e a banda Pussy Riot como cabeza de cartel, "coñecida polas súas reivindicacións performativas feministas e contraria á represión política".  Durante o festival a praza contará, ademais, cun Punto Violeta, "un novo espazo de sensibilización, prevención, promoción da igualdade e asesoramento ante as violencias machistas", dixo a edil.
A concelleira explicou os Puntos Violeta, que se implantan por vez primeira este ano, farán un percorrido itinerante por diferentes equipamentos municipais da cidade entre os días 11 e 15 de marzo, en horario de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas; e que nestes espazos se desenvolverán os Cafés Feministas, "espazos nos que, da man de relatoras expertas na materia, dinamizaremos unha conversa aberta á veciñanza para seguir tecendo redes feministas".  Así, o día 12 de marzo, o centro Ágora acollerá un Café Feminista sobre a Folga do 8M; o 13 de marzo, no Fórum Metropolitano, abordarase a are violencia obstétrica; o 14 de marzo, no centro cívico de Monte Alto, trataranse cuestións vinculadas ás masculinidades e a corresponsabilidade; e, por último, o 15 de marzo, no centro cívico do Castrillón.
Carreira Popular 'Querémonos vivas'
Nesta ocasión a programación municipal do 8M terá un importante compoñente deportivo. A partir deste ano, a IX Carreira Popular da Torre de Hércules - Trofeo José Varela Calviño  pasará a ter como lema #QuerémonosVivas. "O feito de que esta carreira teña lugar na contorna da Torre, e en horario nocturno, pareceunos axeitado para poder visibilizar  que as mulleres queremos facer deporte, á hora e no lugar no que queiramos, e sen ter medo. Á raíz das reaccións e convocatorias espontáneas xurdidas tras o asasinato machista de Laura Luelmo decidimos compartir este espírito sobre o dereito das mulleres ao espazo público, precisamente, nesta proba nocturna", destacou Fraga, quen avanzou que esta proba do circuíto municipal Coruña Corre "tamén terá, realmente, carácter solidario. Ademais, durante a súa celebración, instalarase o Garabato de Xogos, un espazo para familias e nenas e nenos maiores de 3 anos, con máis de 30 xogos construídos con material de refugallo no que se poñerán a proba diversas capacidades para toda a familia, e que estará aberto ao longo de toda a tarde.
Uns días antes, o domingo 10 de marzo, e en colaboración coa asociación AMI, realizarase a xornada de portas abertas Escalada en feminino, para dar a coñecer ás veciñas da cidade o potencial que ten a escalada como deporte. A actividade, que se desenvolverá entre as 11.00 e as 13.00 horas no rocódromo de Riazor, está aberto a mulleres de todas as idades.
Artes escénicas
O teatro e o circo formarán tamén parte da celebración do 8M, con propostas para todos os públicos. A primeira das citas será o 3 de marzo, no teatro Colón, representación de Liberto, de Marelas Teatro, na que participan Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao. As entradas para esta obra poderanse adquirir tanto no Colón como nos puntos de venda habituais.
Os días 6 e 7, as artes escénicas percorrerán as rúas do centro da cidade cunha monicrequeira en zancos e o seu monicreque, no que darán a coñecer a programación de Mulleres que transforman realidades. O mesmo xoves 7 de marzo, ás 20.30 horas, o Teatro Rosalía Castro acollerá a representación da peza de teatro documental Anatomía dunha serea, de Chévere, construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. As entradas poderanse adquirir no billete do despacho da praza de Ourense, Ticketea ou no propio teatro o día da representación.
Xa o sábado 9 de marzo, ás 20.00 horas, o Fórum Metropolitano será o escenario para o espectáculo musical Abandónate mucho, de Las XL, que deconstrúe o mito do amor romántico. "A obra durará unhs 50 minutos e desde a Concellería facilitaremos, a través do transporte público, o traslado até a praza de María Pita, na que se estará a celebrar o Festival Mulleres que Transforman Realidades", avanzou a responsable municipal, quen sinalou que as entradas para Abandónate mucho, que serán de balde, se deberán retirar previamente a través da plataforma Ticketea. Contra final do mes, o 30 de marzo, no auditorio do Centro Ágora, celebrarase Cirqueiras, unha gala de circo en clave feminina con varios números do máis destacado do panorama do circo galego, con Sue Moreno, Raquel Veganzones, Pajarito, Ánxela Blanco e Vanessa Rivas. O espectáculo, que terá lugar de 18.30 a 20.00 horas, contará con acrobacias aéreas, malabares, maxia e clown en clave de humor, e a entrada será completamente gratuíta até completar a capacidade do espazo.  
Por último, o 31 de marzo, contra ás 18.00 horas, a compañía Teatro Redrum ofrecerá, para nenas e nenos de entre 4 e 8 anos, Roedores, unha fábula dramatizada que fomenta a igualdade, facendo fincapé na igualdade de xénero a través das peripecias das súas protagonistas. A entrada será gratuíta até completar o a capacidade do salón de actos do centro cívico dos Mallos.
Roteiros
Este ano o Concello da Coruña propón a celebración de dous roteiros en clave feminista, para achegar o labor das mulleres que traballaron a prol da transformación social na cidade. Así, os sábados 2, 9, 23 e 30 de marzo, en horario de 12.00 a 13.30 horas, terá lugar no cemiterio de San Amaro o roteiro A memoria das mulleres, unha visita guiada gratuíta con posterior concerto na capela para dar a coñecer ás mulleres relevantes en distintos eidos da cidade enterradas neste cemiterio. A inscrición para esta actividade poderase facer a través do teléfono de atención cidadá 010 ou do correo electrónico medioambiente@coruna.es.
Por outra banda, o sábado 16 de marzo, tamén en horario de mañá --neste caso de 11.30 a 13.30 horas-- terá lugar As guerreiras dos dereitos na cidade de cristal, un roteiro teatralizado que percorrerá o centro urbano do municipio no que se relatará a conexión das mulleres e da cidade coa loita polos dereitos humanos, os dereitos das mulleres --como a loita por unha vida digna, a educación, o traballo ou a liberdade sexual-- e a relación entre urbanismo e feminismo. Este roteiro, que será accesible para persoas con mobilidade reducida e para persoas xordas, tamén será gratuíto e a inscrición poderase facer a través do web www.coruna.gal/igualdade.
Outras actividades
Como é habitual, ademais da creación de actividades específicas a través do Centro de Planeamento Familiar (COF) ou da Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), outros servizos municipais uniranse á programación. Así, as bibliotecas municipais organizarán distintas actividades nos seus equipamentos, como o faladoiro Mulleres moi tecnolóxicas, que impartirá a formadora de informática e robótica Ana Belén Díaz Parapar na Biblioteca Infantil e Xuvenil o 13 de marzo, ás 19.00 horas. No caso do centro Ágora, a biblioteca acollerá a exposición A saia raíña, que recolle testemuños sobre o loito nas mulleres de Galicia co obxecto de mostrar a desigualdade existente entre homes e mulleres, entre outras cousas, no dereito de manifestar os sentimentos. A exhibición poderase visitar do 28 de febreiro ao 17 de abril en horario de apertura da biblioteca.
No propio centro Ágora, o día 20 de marzo, terá lugar o faladoiro interactivo Enredámonos? Whatsapps, mocidade e ciberviolencias, que impartirá a psicóloga Ianire Estébanez, que abordará a realidade das violencias machistas nas redes sociais, "seguindo a liña dos obradoiros impartidos este mes de marzo sobre Instagram", apuntou a concelleira. No caso do Fórum Metropolitano, na Sala Marilyn Monroe proxectaranse catro películas diferentes durante as fin de semana do mes de marzo, que achegarán diferentes reflexións sobre a situación das mulleres na actualidade con historias ambientadas en Francia, Uruguai, Arxentina e Brasil.
Pola súa banda, os centros cívicos municipais realizarán actividades participativas e contarán coa lectura dun manifesto pola igualdade o xoves 7 de marzo. Nestes equipamentos elaboraranse collages, un xogo da oca dende o que traballar a igualdade e a corresponsabilidade e terán lugar tamén actividades concretas no centro do Castrillón vinculadas á situación da muller en Nicaragua --realizadas á proposta das entidades Solidariedade Internacional de Galicia e Solidariedade Galega--, como son a mostra fotográfica documental Resistencia nicaragüense con rostro de muller --do 25 ao 29 de marzo no Castrillón--, e o obradoiro de máscaras Feminismo en Nicaragua hoxe e o monólogo de teatro cabaré La revolución será feminista o no será, con Las Amapolas. Ambas actividades celebraranse na tarde do martes 26 de marzo.  
Para consultar con detalle toda a información completa de Mulleres que Transforman Realidades, a veciñanza pode visitar, a partir do luns 18, a páxina web municipal www.coruna.gal/igualdade.