lunes, 21 de septiembre de 2020

VIDEOFORUM LGTBQI "OUTRAS MIRADAS"



O Espazo municipal das diversidades sexuais e as identidades de xénero do Concello da Coruña organiza un videoforum sobre asexualidade para este próximo venres 25 de setembro ás 18h. Proxectaránse os documentáis "Rated X" e "Lo que el sexo se llevó".

De acordo coas recomendacións sanitarias o aforo será moi reducido. Para inscribirvos tedes que poñervos en contacto co Espazo diverso a través do 981 189 889 ou no correo espazodiverso@coruna.es

viernes, 18 de septiembre de 2020

2ª EDICIÓN DO OBRADOIRO "FALEMOS DE SEXTING"



O pasado mércores 26 de Agosto tivo lugar a segunda edición do obradoiro "Falemos de sexting", organizado polo Espazo municipal das diversidades sexuais e as identidades de xénero e impartido por Lorena Boquete.

A situación sanitaria actual obrigounos a ofrecer un aforo moi reducido de tan só 10 persoas. En AGASEX somos conscientes de que o confinamento e os riscos que comporta a COVID-19 á hora de manter relacións eróticas propiciaron un maior interese polas conductas sexuais online, como é o caso do sexting. Mostra disto foi o grande interese que suscitou o obradoiro entre os medios de comunicación locais, que nos fixeron varias entrevistas; podedes consultalas nos seguintes enlaces.

- Entrevista en La Opinión Coruña: 

https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2020/08/23/sexting-relaciona-adolescentes-gente-30/1528262.html


- Entrevista Radio Ser Coruña, Hoy por hoy:

https://gb.ivoox.com/es/entrevista-a-sexologa-lorena-boquete-27-08-2020-audios-mp3_rf_55764373_1.html


- Entrevista en Onda Cero, Más de uno A Coruña

https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/coruna/mas-de-uno/mas-de-uno-a-coruna-26082020_202008265f464f7f541de50001f1a2b8.html


- Entrevista Radio Intercoruña, Districto15

https://intercoruna.com/distrito-15/distrito15-975-20200820