martes, 25 de octubre de 2016
Pola despatoloxización das identidades trans (A Coruña, 23.10.2016)
Manifestación no Día Internacional de Acción pola
Despatoloxización Trans 2016.
A loita pola lei galega de identidade
sexual sae á rúa
Primeiro, despatoloxización. E a continuación,
medidas eficaces en eidos tan diversos comoa educación, a xustiza ou a economía
e mais o emprego. Son algunhas das reivindicacións que os colectivos LGBTI de
Galicia sacaron este domingo ás rúas da Coruña para, co gallo do Día
Internacional pola Despatoloxización da Transexualidade, que se conmemora cada
23 de outubro, reclamar a tramitación e aprobación no Parlamento galego dunha
Lei Galega de Identidade Sexual.
Despois de manter, durante os últimos meses,
xuntanzas cos diversos grupos políticos á procura de apoios -o único que
rexeitou a iniciativa foi o PP, aseguran-, a Asociación TransForma Unión Trans,
a Asociación de Familias de Menores Trans (Arelas), Ultreia LGTBI, ALAS Coruña
e o Comité Antisida da Coruña sacaron este domingo as súas reivindicacións á
rúa nunha mobilización condicionada pola rúa, pero marcada pola mestura de
reivindicación e ton festivo. Xunto a estes colectivos participaron na
manifestación representantes das tres forzas da oposición galega.
As reclamacións reiteradas este domingo polos
colectivos LGTBI de Galicia resúmenas nun decálogo cos trazos básicos que, ao
seu xuízo, debera ter a nova lei. Esa normal, sinalan, debera implicar unha
carteira de servizos médicos que "garanta a despatoloxización da
transexualidade" e tratamentos específicos que, "no seu caso",
inclúan as cirurxías de reasignación sexual. Este tipo de intervencións,
sinalan, deberan canalizarse a través dunha unidade asistencial de referencia,
con profesionais especialistas.
Representantes de En Marea, PSdeG e BNG apoiaron a
mobilización nas rúas da Coruña.
Unha normativa específica, como as que xa avanzan
noutras autonomías, din os colectivos, permitiría amplicar con normalidade e
estabilidade "a inclusión da diversidade sexual e de xénero nos currículos
educativos e nos plans de convivencia dos centros" e, ademais, crear
"unha documentación identificativa transitoria para todas as persoas
residentes en Galicia que non se sintan identificadas co nome e xénero
rexistral". Un observatorio LGTBI "de investigación, control,
atención e asesoramento" ou plans "de inclusión, contra o estima e a
discriminación" son outras das iniciativas dunha lei que, adivirten,
debera incluír un réxime sancionador "que recolla especificamente a discriminación,
a exclusión social e todo tipo de violencia".
Etiquetas:
manifestación,
transexualidad
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario