lunes, 24 de octubre de 2016
Manifestación pola despatoloxización e por unha Lei Galega de Identidade de Xénero.
Coruña, domingo 23 de outubro
Necesitamos dun esforzo sistemático e continuado que
nos permita ver como “normal” o que de feito tiñamos agochado ata fai ben
pouco. E ese cambio precisa dunha norma e dun comportamento, dun cambio
profundo que so conseguiremos a través da educación.
É necesario facer visible o que non o era.... E
educar a nosa mirada para ser quen de reinterpretar o que se presenta como novo
ante os nosos ollos. No século XXI os dereitos son iguais e complementarios,
non os deciden os partidos, as ideoloxías, ou as academias, a ninguén lle
importa se son dereitos de primeira xeración ou de cuarta, so importa como
afectan ao Bienestar individual e colectivo dos cidadáns e á súa felicidade.
Cando algunha xente fala da xerarquía dos dereitos, penso que hoxe é unha
discusión estéril , que so serve aos intereses da dereita que aproveita para
recortar políticas sociais encamiñadas a producir igualdade e, para ao mesmo
tempo, facer anacos o tecido social implicado na construción de igualdade e de
progreso. Por iso, nós, tecido social, apostamos e traballamos polos dereitos e
a felicidade das persoas.
Etiquetas:
AGaSEX,
derechos sexuales,
jornada,
manifestación,
transexualidad
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario