miércoles, 19 de octubre de 2016
20 de outubro Día Mundial da proba rápida de VIH
Con motivo da celebración do día Mundial da proba do
VIH, no Centro de Anticoncepción e Sexualidade da Coruña, organizamos as
xornadas de portas abertas no servizo da proba rápida, do día 19 ao 21 de
outubro, sin cita previa.
Lembra que ...
O VIH non se detecta nas analíticas rutinarias.
Ninguén pode realizarche a proba se ti non a solicitas e das o teu
consentimento.
A atención é anónima e o resultado será sempre
confidencial: Só ti decides a quen llo dis.
Cres ter tido unha práctica de risco?
Non o deixes pasar!
Faite a proba e o persoal do centro valorará, en caso
de obter un resultado reactivo, se debes repetila e cando.
Cando facela?
-Se tiveches relacións con penetración (anal, vaxinal
ou oral con exaculación) sen preservativo cunha persoa con VIH.
-Se tiveches relacións con penetración (anal, vaxinal
ou oral con exaculación) sen preservativo e non coñeces o estado serolóxico da
outra persoa.
-Se o preservativo se rompe ou queda retido.
-Se vas deixar de utilizar preservativo.
-Cando non deixaches claro coa túa parella se a vosa
relación é exclusiva.
A maioría dos pronósticos son tardíos, por iso se tes
dúbidas, podes visitarnos no Centro de Anticoncepción e Sexualidade sito na
Ronda de Nelle, 126, baixo B, na Coruña.
Realizamos a proba rápida de detección de anticorpos
de VIH en horario:
LUNS e VENRES de 10:00 a 14:00 hrs.
MARTES e MÉRCORES 17:00 a 20:00 hrs.
TELF. DE CITAS PREVIAS E ASESORÍAS: 881 916 869
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario