martes, 28 de junio de 2016
Marcha Mundial das Mulleres
Ven hoxe ás 20:30 ao Obelisco da Coruña
para defender os dereitos e a dignidade das persoas LGTBQIA+
As mulleres, da Marcha Mundial das
Mulleres seguimos en marcha ata que todas sexamos libres, por iso, un ano máis
apoiamos o día do orgullo LGTBQIA+, para reivindicar e denunciar que malia os
avances conseguidos, o colectivo LGTBQIA+ segue sufrindo a discriminación,
exclusión, violencia, a invisibilidade, o acoso, o rexeitamento por unha parte
da sociedade e institucións afíns ao heteropatriarcado.
Cando no mundo o amor tiña unha cor, as
relacións humanas -afectiva-sexuais presentaban carencias, ata que un día co
comezo do veran, a luz rompeu nun arco da vella coas súas multiples cores e as
persoas se apertaron e bicaron sen importar, se era el ou ela, e nesa
diversidade de cores, o vermello do sexo e a vida, o amarelo do sol, o verde da
natureza o azul da armonía e a arte, a violeta do espíritu, ergueuse a bandeira
que ondea ao vento polo orgullo de ser lesbinas, gais, transexuais, bisexuais,
intersexuais, asexuais,....abrangendo a todas as diversidades sexuais,
afectivas e de identidade de xénero.
A lenta, pero consistente apertura
social cara a aceptación e mellor entendemento da diversidade sexual e afectiva
que ollamos hoxe en día, ten o seu orixen en grande medida nunha noite do veran
do ano 1969 en Nova York, cando un grupo de lesbianas, gais, travestis, drag
queens e transxéneros decidiron deixar de ser vítimas para comezar a loita
polos seus dereitos. O día do Orgullo é unha homenaxe aos disturbios de
Stonewall sinónimo de loita, rebeldía, unha revolución nacida para provocar,
amolar ao poder heteropatriarcal.
En todos os paises hai persoas que
sufren violencia e discriminación por mor da súa orientación sexual, afectiva
ou identidade de xénero. 78 paises teñen leis que criminalizan as relacións
consensuadas entre adultos do mesmo sexo. Os castigos van desde latigazos en
Irán, prisión en Arxelia, cadea perpetua en Bangladesh ata pena de morte en
Irán, Mauritania, Arabia Saudí, Sudán, Iemen.
A vida das persoas LGTBQIA+ pode ser un
verdadeiro pesadelo. Sair do armario, dependendo do pais no que vivan, pode
significar ataques verbais e físicos, asasinatos, violacións e agresións,
torturas, detencións arbitrarias, denegación do dereito de reunión, expresión e
información, discrimación no emprego, educación e saúde...
En España, só o 10% das vítimas
denuncia os ataques LGTBIfóbicos; polo que estes datos son a punta dun iceberg
dunha realidade máis grave.
Non queremos esquecer a matanza
LGTBIfóbica en Orlando na que, máis unha vez, ponse de manifesto a faciana máis
sádica e cruel do heteropatriarcado. Máis de 50 persoas mortas e preto de 60
feridas que foron acorraladas e acribilladas polo simple feito de participar
nunha festa do Orgullo no bar de ambiente 'Pulse'. Unha violencia homofóbica,
lesbofóbica, bifóbica e transfóbica que pretende coartar, censurar, eliminar a
diversidade sexual e afectiva, cando o aprendido pola cultura imperante na
sociedade en que vivimos e transmitida desde os pulpitos das igrexas, desde os
poderes do estado, desde os medios propagandísticos como unha ameaza para a
familia nuclear pilar importante desa estructura xerarquica sendo a muller
encargada da reprodución e coidados.
Os discursos de odio están no cerne do
sistema capitalista, que os empega a vontade para os seus intereses económicos
e de control social onde a disidencia é sempre perseguida, sobre todo aquela
que desmonta as estruturas xerárquicas do patriarcado escollendo outros modelos
de relación e vida, libres e diversos.
Esiximos a implantación de protocolos
en todos os centros educativos para combatir a LGTBIfóbicas, o acoso e a
exclusión de calquera persoa por razóns de identidade de xénero ou orientación
sexual ou romántica.
Reclamamos formación para os e as
profesionais da administración, ámbito social, educativo e da saúde sobre as
múltiples manifestacións da diversidade humana.
Queremos que a sociedade e os medios de
comunicación asuman unha visión respetuosa e inclusiva que acabe cos
esteriotipos culturais que oprimen, censuran, negan outras formas de
relacionarse dentro da diversidade sexual e afectiva.
Reclamamos para nós e para todas, en
todo o planeta, unha vida sen violencia, sen agresións e sen odio onde poidamos
sentir, amar, relacionarmos sen tabús, en liberdade con quen desexemos e na
familia que soñemos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario