jueves, 16 de junio de 2016
As denuncias por violencia de xénero na mocidade crecen por terceiro ano consecutivo
As vítimas de violencia de xénero menores de 25 anos
con medidas cautelares ou orde de
afastamento non deixan de crecer en Galicia. Dende o ano 2012 o seu número
pasou das 152 ás 190, cun crecemento do 15% só no último ano, e achegándose aos
datos de 2011 (202), máximo na estatítica que ofrece o INE a través dun acordo
co Ministerio de Xustiza.
Isto sucede mentres que a cifra total de vítimas de
violencia de xénero con denuncias incoadas se vai reducindo lixeiramente na
nosa comunidade, pasando das 1.368 de 2011 ata as 1187 do 2015. Prodúcese un
descenso claro na franxa de idade dos 25 aos 44 anos (de 831 a 669 en cinco
anos), cifras estables entre os 45 e os 64 anos e un pequeno incremento -ao
igual que na mocidade- entre as maiores de 65.
Esta tendencia negativa entre a mocidade tamén a
atopamos nos datos globais para todo o Estado español. Entre 2014 e 2015 o
número de denunciantes de menos de 18 anos creceu de 576 a 637; e entre os 25 e
44 anos pasou de 3.936 a 4.002. Con respecto ás cifras de 2012, o crecemento é
mesmo maior nas menores de 18 (de 545 a 637), aínda que se produce un descenso
na franxa de idade seguinte (de 4.474 a 4002).
O tipo de relación que as vítimas galegas tiñan cos
denunciados é diverso: en 332 ocasións tratábase do seu cónxuxe, en 73 do seu
ex-marido, en 283 era a súa parella de feito, en 169 ex-parella de feito, 125
veces era o seu mozo e en 189 ocasións era o seu ex-mozo.
O pasado ano houbo en Galicia un total de 996
condenados en sentenza firme por violencia de xénero e 196 persoas absoltas
despois dunha denuncia. Estas sentenzas inclúen 569 delitos de lesións, 297 de
ameazas, 154 de quebrantamento de condena, 108 de torturas, 81 de coaccións ou
6 de agresión sexual. Ditáronse 539 penas de prisión e 50 de localización
permanente. Así mesmo, en 1.085 casos adoptouse a privación do dereito a ter
armas, 1.125 prohibicións de achegarse á vítima, 1.042 prohibicións de comunicarse
con ela, 460 inhabilitacións para emprego ou 795 traballos en beneficio da
comunidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario