miércoles, 8 de junio de 2016
A concelleira de Igualdade presenta os actos da campaña 'A Coruña Orgullosa e Diversa' que "foron programados de xeito participativo en colaboración cos colectivos diversos da cidade".
Rocío Fraga deu conta dos eventos que terán lugar no
Concello entre os días 8 de xuño e 2 de xullo. “Hai que empoderar aos diversos
colectivos con accións en todas as épocas do ano, e fuxir de datas concretas”,
indicou.
A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío
Fraga, presentou este martes os actos da campaña A Coruña Orgullosa e Diversa,
que terán lugar en distintos escenarios da cidade entre o día 8 de xuño e 2 de
xullo, e que aunan tanto actividades vindicativas de carácter festivo como
presentacións de obras, ciclos de cine, mesas redondas, charlas-coloquio, clubs
de lectura ou contacontos.
Os eventos (dos que se dá conta no documento
adxunto) desenvolveránse na rede de bibliotecas municipais, así como en centro
cívicos da cidade e nos centros Ágora e Fórum Metropolitano, ademáis do 25 de
xuño terá lugar un encontro de familias diversas e unha feira de asociacións
LGTBQI nos Xardíns de Méndez Núñez. Este programa especial pecharase cunha
romaría que terá lugar o 2 de xullo no Campo da Leña, que rematará con diversas
actuacións musicais. A responsable municipal indicou que o deste ano "é o
primeiro Orgullo LGTBQI deste Goberno municipal, xa que ano pasado acababamos
de chegar a María Pita e o que fixemos, debido aos tempos, foi apoiar as
actividades que xa estaban programadas polos colectivos da cidade, así como
colgar unha faixa na fachada do Pazo de María Pita, algo que non se fixera
nunca". Fraga destacou que, nesta edición, o Concello levou a cabo un
proceso participativo polo que os distintos colectivos LGTBQI da cidade que así
o quixeron, ademais de activistas "participaron na elaboración da
programación a través de múltiples xuntanzas".
"Esta campaña tamén é un recoñecemento aos
distintos momentos históricos que houbo na cidade e que partiron dos movementos
sociais, que fixeron da Coruña unha cidade inclusiva no eido das diversidades
sexuais. Nós consideramos imprescindible manter vivo ese espíritu, e reforzar
aos movementos LGTBQI así como aos movementos sociais en xeral",
reflexionou a concelleira.
Ao fío, Fraga quixo destacar tamén os valores do
Programa para a Identificación Policial Eficaz (PIPE), ao que se incorporou
recentemente o Concello da Coruña e que está centrado en velar pola seguridade
da cidadanía á vez que garantizar o respeto polas distintas diversidades.
"Un dos principais valores deste programa, do que nos sentimos
especialmente orgullosas é a detección de delitos de odio. Aínda que nesta
cidade non hai demasiada presencia de accións homófobas, sí que hai
comportamente que teñen desencadenado puntualmente nalgunhas, e cremos que
tanto a cidadanía como o resto de corpos e forxas de seguridade precisan ter
formación da detección e prevencións de delitos de odio", comentou.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario