miércoles, 14 de septiembre de 2016

VII CONGRESO da Sociedade Galega de Contracepción

Os días 30 de setembro e 1 de outubro celébrase o VII Congreso da Sociedade Galega de Contracepción no Hotel Louxo de A Toxa.

O prezo da inscrición é de 250 euros (socios 200 euros) e inclúe o acceso a todas as actividades do Congreso, cafés, cea e estancia dunha noite no Hotel Louxo con acceso a spa. Deberase facer o pago no CCC ES72 2080 5401 5630 4017 3618 e remitir o xustificante a info@sogac.org antes do 27 de setembro.

Pregámosvos que para facilitar a organización, confirmedes o antes posible a asistencia ós talleres de inserción de Essure e implante, así como a asistencia á cea do Congreso.

Aquelas persoas que queiran levar acompañante, deberán contactar co hotel con anterioridade e aboar un complemento de 19 euros + IVE.

Por outra banda, as persoas non inscritas tamén poderán acceder de forma libre as conferencias do congreso.

As actividades do congreso están pendentes da validación polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.