lunes, 26 de septiembre de 2016
O PP rexeita as propostas dos colectivos LGTBI para recoñecer a identidade de xénero
Cinco entidades están detrás da iniciativa:
A Asociación TransForma Unión Trans, a Asociación de
familias de menores trans (Arelas), Ultreia LGTBI, ALAS Coruña e o Comité
Antisida da Coruña (CASCO) fixeron público este venres o resultado das
xuntanzas mantidas nas últimas semanas coas distintas formacións políticas, ás
que lles presentaron 10 "propostas básicas" que debería conter a
futura Lei Integral de Identidade de Xénero, na que están a traballar con máis
asociacións e activistas LGTBI de Galicia.
O seu obxectivo é presentar a norma no Parlamento
galego no ano 2017, buscando o maior consenso posible para acadar un completo
recoñecemento da identidade de xénero en todos, engadindo tamén unha carteira
de servizos e políticas públicas a favor da inclusión das persoas trans na
sociedade. EnMarea, BNG, Cs e CxG si apoiaron a totalidade do documento,
mentres que o PSdeG-PSOE, malia non asinalo, afirmou compartir a maioría das
propostas.
O único partido que rexeitou a iniciativa foi o PP, e
fíxoo ademais de forma rotunda, argumentando que Galicia conta dende hai dous
anos cunha lei LGTBI. "Esa lei dedícalle unicamente dúas liñas ao
colectivo trans, é unha norma totalmente insuficiente", destaca Cristina
Palacios (Arelas), que engade que "a norma, ademais, non se está
cumprindo". Palacios sinala igualmente que "en ningún momento tiveron
intención de apoiar o documento, parece que simplemente querían facer a
foto". "Escudáronse así mesmo en que hai un mes asinaron un convenio
económico coas entidades LGBTI, o que é certo, pero iso non serve para avanzar
en dereitos nin para rematar coas discriminacións", di.
Na xuntanza co PP, Sara Romero -presidenta da
Asociación TransForma Unión Trans- sufriu "un trato intimidatorio,
despectivo e con moita agresividade", explica Cristina Palacios, que
engade que "mesmo nalgunha ocasión se dirixiron a ela en masculino".
Nesa xuntanza tivo lugar un incidente, que as
entidades LGTBI cualifican como "inaceptable", motivado polo
"trato indigno" que os representantes do PP -Susana López Abella (ex
Secretaria Xeral de Igualdade) e Gonzalo Trenor (deputado do Parlamento e
ex-vicepresidente da Plataforma Gay do PP)- dispensaron a Sara Romero,
presidenta da Asociación TransForma Unión Trans. Sufriu "un trato
intimidatorio, despectivo e con moita agresividade", explica Cristina
Palacios, que engade que "mesmo nalgunha ocasión se dirixiron a ela en
masculino".
No acto, que tivo lugar en Compostela, participaron
representantes das catro forzas políticas que asinaron o documento e que apoian
a totalidade das propostas. Palacios subliña que contan tamén co apoio do
PSdeG-PSOE á meirande parte das propostas, que figuran no seu programa
electoral. "Non quixeron asinar, argumentando que as propostas xa están no
seu programa e que optan por non asinar nada, para non comprometer o
partido", explica.
As entidades salientan que "cada día moitas
persoas son rexeitadas no ámbito familiar, acosadas no ámbito educativo,
patoloxizadas dende o ámbito sanitario".
As entidades salientan que "cada día moitas
persoas son rexeitadas no ámbito familiar, acosadas no ámbito educativo,
patoloxizadas dende o ámbito sanitario, o que obriga a moitas persoas trans a
largos anos de espera para optar as cirurxías requiridas por eles/elas, sen
opción a outra alternativa". Denuncian igualmente que estas persoas son
decote "excluídas do ámbito laboral, obrigadas a ter que mostrar cada día
unha documentación que non as identifica, e a sufrir todo tipo de violencias
transfóbicas polo simple feito de non identificarse co sexo asignado ao
nacer".
Entre o decálogo de propostas destaca o obxectivo de
que a carteira de servizos médicos garanta "a despatoloxización da
transexualidade, os tratamentos específicos e, no seu caso, as cirurxías de
reasignación sexual necesarias".
Entre o decálogo de propostas destaca o obxectivo de
que a carteira de servizos médicos garanta "a despatoloxización da
transexualidade, os tratamentos específicos e, no seu caso, as cirurxías de
reasignación sexual necesarias, en todas as etapas da vida das persoas
trans". Demándase tamén "a inclusión da diversidade sexual e de xénero
nos currículos educativos, nos plans de convivencia dos centros, e nos plans de
estudo das universidades. Pídese tamén a creación dun plan de inclusión social
que loite contra o estigma e a discriminación das persoas trans, que se atopen
en risco ou en situación de exclusión social. Finalmente, reclaman dotar dun réxime
sancionador á Lei Galega de Identidade de Xénero, que recolla especificamente a
discriminación, a exclusión social, e todo tipo de violencia, por mor da
identidade sexual e/ou de xénero.
Etiquetas:
derechos sexuales,
legislación,
lgtbi,
transexualidad
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario