martes, 27 de septiembre de 2016
Día de Acción Global por un aborto legal, seguro e gratuíto
Con motivo da conmemoración mañá, mércores 28 de
setembro, Día de Acción Global por
un aborto legal, seguro e gratuíto, a Plataforma da Coruña polo Dereito ao
Aborto e a Marcha Mundial das Mulleres teñen convocada unha concentración
diante do edificio da Audiencia Provincial (r/Capitán Juan Varela), ás 12:30
horas, para reivindicar o exercicio efectivo e o respecto aos dereitos sexuais
e reprodutivos das mulleres e para denunciar o contido da reforma da lei do
aborto.
Concretamente, a Plataforma e a MMM volven pór o
acento no feito de que a as autoridades sanitarias da área da Coruña están a
vulnerar os dereitos reprodutivos das mulleres que teñen necesidade de que se
lle practique un aborto de máis de 14 semanas por causas médicas no hospital
materno-infantil Teresa Herrera. Desposuíndoas do seu dereito a ter a mesma
atención que nun parto, sen posibilidade de anestesia epidural, e sen garantías
de que vaian ser atendidas durante todo o proceso por persoal especializado,
nin que vaian ter o expulsivo asistido nun paritorio.
Precisamente, antes da protesta, unha representación
de ambos colectivos manterá unha entrevista coa Fiscalía Provincial para expor
a deficitaria atención que se lle presta ás mulleres que teñen un aborto no
segundo trimestre de xestión e instando ás autoridades a que tomen as medidas
oportunas para garantir unha atención integral e de calidade ás mulleres que se
atopan nesta circunstancia.
Dende a Plataforma e MMM reiteran que “as mulleres
seguiremos loitando mentres non sexamos quen de acadar o dereito a decidir
sobre os nosos corpos. Esiximos a quen ten a responsabilidade de garantir os
dereitos á cidadanía, tanto os civís, como os culturais, os sexuais e os
reprodutivos, que o faga, non que os restrinxa”.
Estes dereitos, subliñan, están recollidos, como
dereitos humanos fundamentais nos Tratados Internacionais desde os anos 90,
acordos que foron subscritos polo goberno do Estado español e, polo tanto, son
de obrigado cumprimento para o Goberno galego.
Etiquetas:
aborto,
AGaSEX,
convocatorias,
derechos reproductivos,
derechos sexuales,
manifestación,
saúde pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario