viernes, 23 de diciembre de 2016
Os colexios galegos dispoñen dun protocolo contra a discriminación dos transexuais
Para evitar a discriminación dos menores transexuais
nos centros escolares, os colexios galegos teñen un protocolo para que o
profesorado saiba como actuar nestes casos. A asociación Arelas asesorou no
último ano 36 familias de menores transexuais en Galicia.
A asociacion Arelas denuncia que na maior parte dos
casos os menores transexuais sofren burlas e discriminación por parte do
alumnado. O protocolo aprobado pola Consellería de Educación dálles pautas aos
colexios para que se respecte a identidade de xénero. Por exemplo, dirixirse
aos menores transexuais co nome que senten como propio.
Outra medida é que os menores transexuais poidan
empregar os vestiarios e os baños acordes coa súa identidade de xénero. O
protocolo tamén prevé accións formativas dos docentes e do alumnado.
A asociacion Arelas asegura que o protocolo, aprobado
a finais do curso pasado, non é aínda suficientemente coñecido nos colexios e
reclaman un maior esforzo da comunidade educativa para levalo á práctica.
Etiquetas:
legislación,
recursos,
transexualidad
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario