viernes, 23 de diciembre de 2016
Centos de persoas dixéronlle 'non' ao machismo asasino
Vigo, Compostela, A Coruña, Ourense, Lugo,
Pontevedra, Ferrol. Pero tamén Vilagarcía, Burela, Cervo ou Ames e moitas
outras vilas galegas acolleron na noite deste martes concentracións de protesta
contra a violencia machista. Un machismo que esta fin de semana asasinou a dúas
mulleres máis en Galicia. Especialmente numerosas foron os actos de Vigo
(diante do Marco), Compostela (Cervantes) e A Coruña (Obelisco).
"Ana Enjamio e Elena Mihaela Marcus foron
asasinadas só por seren mulleres e tropezaren cun home machista na súa
vida".
"Ana Enjamio e Elena Mihaela Marcus foron
asasinadas polas súas ex-parellas. Foron asasinadas só por seren mulleres e
tropezaren cun home machista na súa vida e a sociedade non pode nin debe
consentir máis malos tratos, máis asasinatos machistas. Porque a humillación,
os insultos, o control e a manipulación dun maltratador non deben ser
toleradas", lembraba a Plataforma Feminista Galega na convocatoria, sinalando
que o número de mulleres mortas neste 2016 xa chegou ás cen, seis delas na nosa
comunidade.
"A violencia contra nós vese intensificada polas
medidas de recortes en políticas de igualdade do goberno misógino do Partido
Popular".
A Plataforma engadía que "estes asasinatos teñen
un nome: feminicidio" e que se "producen no marco desta sociedade
machista e patriarcal na que as mulleres somos agredidas polo feito de o
sermos". E concluía denunciando que "a violencia contra nós vese
intensificada polas medidas de recortes en políticas de igualdade do goberno
misóxino do Partido Popular".
Etiquetas:
manifestación,
violencia machista
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario