viernes, 23 de diciembre de 2016
As entidades LGTBI galegas denuncian o panfleto de Hazte Oír enviado aos centros de ensino
O texto manifesta a súa alarma polo feito de que
algúns nenos debuxen parellas do mesmo sexo.
O texto critica o ensino que inclúe valores de
diversidade e amosa a pluralidade de familias
"El florecimiento de todas estas leyes está
institucionalizando dos categorías de ciudadanos, los LGTB y los heterosexuales.
Los primeros, privilegiados legalmente, y los segundos relegados a una segunda
categoría (...) Ser heterosexual comienza a convertir a los individuos en
sospechosos de homofobia". Este fragmento é só unha mostra do contido do
panfleto ¿Sabes lo que quieren enseñar a tus hijos en el colegio? Las Leyes de
adoctrinamiento sexual que a organización católica de ultradereita Hazte Oír
leva semanas distribuíndo polos centros de ensino de toda España, tamén en
Galicia, criticando a educación no respecto á diversidade sexual e de xénero e
as leis para a igualdade LGTBI aprobadas en varias comunidades autónomas, entre
elas Galicia (en 2014).
Estudan levalo ante a Fiscalía, por entender que
"vulnera varios artigos da lexislación internacional, española e galega,
así como a protección xurídica do menor e incitando o odio cara ao colectivo
LGTBI".
As asociacións galegas de defensa dos dereitos do
colectivo LGTBI Arelas, Nós Mesmas, ALAS Coruña, Ultreia e Casco veñen de
denunciar os feitos ante a Consellaría de Educación e a Valedora do Pobo e
estudan levalo ante a Fiscalía, "por entender que este panfleto vulnera
varios artigos da lexislación internacional, española e galega, así como a
protección xurídica do menor e incitando o odio cara ao colectivo LGTBI".
Sinalan que "o texto difundido pretende crear unha alarma inxustificada
entre as familias do alumnado e entre a comunidade educativa en xeral,
deostando -con argumentos ideolóxicos e discriminatorios- á comunidade LGTBI, a
que acusa de forma absolutamente infundada, de querer causar un grave dano ao
alumnado".
Entenden que o documento é contrario "aos
valores contidos no noso ordenamento xurídico e incita ós delitos de odio por
motivo de orientación e identidade sexual". E lembran que "o alumnado
LGTBI é un dos que mais sofre o acoso escolar nos centros educativos, polo que
é imprescindible que se cumpran todas as medidas legalmente establecidas para
garantir o benestar das nenas, nenos e mocidade LGTBI nos colexios e institutos
galegos".
As cinco entidades LGBTI instan á Consellería de
Educación a "preservar unha boa e inclusiva convivencia nos centros
educativos", entendendo a diversidade "como un valor a
respectar", e creando as condicións necesarias "para previr e, no seu
caso, tratar calquera manifestación da incitación o odio, do acoso escolar ou
de discriminación dun alumno ou alumna por mor da súa identidade ou orientación
sexual". Piden, igualmente, que se lles traslade mediante escrito oficial
aos equipos directivos dos centros educativos galegos "a necesidade de
perseverar na educación os principios e valores democráticos recollidos na
lexislación internacional, nacional e autonómica sendo especialmente coidadosos
e escrupulosos no material difundido entre o alumnado e utilizado na función
docente e rexeitando calquera outro que non cumpra con estes requisitos".
O contido do panfleto
O documento, de 46 páxinas, realizado por Antonio
Velázquez, foi enviado a 16.500 centros de ensino de toda España, distribuíndo
un total de 100.000 exemplares. Comeza afirmando que "nos últimos anos
estamos asistindo a unha proliferación de leis (...) que buscan impoñer na
sociedade a ideoloxía de xénero co pretexto da non discriminación e de garantir
os dereitos das persoas homosexuais" e engade que estas leis
"vulneran algúns dos dereitos fundamentais dos cidadáns, ademais de
establecer novos dereitos á carta para determinados colectivos, rompendo así o
principio de igualdade xurídica das persoas". Acusan, ademais, a "os
lobbies do feminismo radical e LGBTI" de estar detrás destas normas.
O documento, de 46 páxinas, realizado por Antonio
Velázquez, foi enviado a 16.500 centros de ensino de toda España, distribuíndo
un total de 100.000 exemplares.
O documento, encabezado por unha fotomontaxe na que
dous nenos realizan o saúdo fascista ante unha bandeira coas cores do arco da
vella, critica que se estea a "instaurar por decreto a normalidade do
presumiblemente anómalo". E afirma que "se facilita e se premia a
conversión de individuos á homosexualidade" criticando que, pola contra,
se "perseguen" as "terapias de aversión ou conversión" que
no pasado buscaban curar a homosexualidade. Engaden que "algunhas destas
leis, as máis radicais, contemplan a posibilidade de que os pais con fillos que
padezan un trastorno da identidade de xénero se neguen a permitir que
experimenten con eles".
O panfleto chega a afirmar que as leis
"converten en sospeitosa a heterosexualidade" e procuran unha
"reeducación social". O
texto péchase botando man da crítica á Memoria Histórica, sinalando que "a
catalogación do Franquismo como inimigo da homosexualidade establece unha barreira
de protección contra quen teñan a tentación de opoñerse a estas normas".
Afirma que "se facilita e se premia a conversión
de individuos á homosexualidade" criticando que, pola contra, se
"perseguen" as "terapias de aversión ou conversión" que no
pasado buscaban curar a homosexualidade.
O documento insta aos pais e nais a asinar un escrito
que aparece nunha das súas últimas páxinas e a entregalo no rexistro da
Consellería de Educación, pedíndolle á administración pública que se
"absteña de impoñer aos centros de ensino (e polo tanto aos meus fillos) a
visión ideolóxica que establecen as leis autonómicas destinadas a promocionar a
diversidade sexual e modelos LGTBI nas aulas". E apelan ao artigo 27.3 da
Constitución, que sinala que "os poderes públicos garanten o dereito que
asiste aos pais para que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral
que estea de acordo coas súas propias conviccións".
O Foro de Igualdade de Lugo demanda tamén a
intervención da Xunta
O panfleto chega a afirmar que as leis "converten
en sospeitosa a heterosexualidade"
O Foro Municipal de Igualdade de Lugo acordou o
pasado venres solicitarlle á Consellería de Educación que prohiba a
distribución nos centros de ensino desta publicación. A Concelleira de Benestar
Social, Ana González Abelleira, alertou de que os colexios e institutos da
cidade estaban a recibir este panfleto, que criticou por "homófobo".
Etiquetas:
derechos humanos,
educación,
lgtbi
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario