sábado, 5 de marzo de 2016

Mobilizacións para conmemorar o Día Internacional das Mulleres

Colectivos feministas e organizacións convocan concentracións e manifestacións co gallo do 8 de marzo.

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, diversas organizacións e colectivos feministas convocan accións na Galiza. Neste senso, para alén dunha manifestación nacional convocada en réxime de autoconvocatoria o 6 de marzo en Compostela, a Confederación Intersindical Galega convoca concentracións o día 8 e a Marcha Mundial das Mulleres, unha acción na cidade de Ourense.

O eixo central de todas as mobilizacións son os "dereitos das mulleres" na xornada que foi fixada internacionalmente para os conmemorar. No eido laboral, social, económico ou afectivo-sexual, as organizacións e colectivos feministas tomarán as rúas para reclamar o dereito a unha vida libre de violencias en todos os planos.

A manifestación do 6 de marzo sairá ás 12h o 6 de marzo da Estación de Tren de Compostela para rematar na Quintana. Convocada en réxime de autoconvocatoria está apoiada pola Plataforma Feminista Galega e por organizacións políticas como PSdeG, Anova, Esquerda Unida, CC.OO ou UGT, entre outras.

Pola súa banda CIG convoca ás 12:00 horas do 8 de marzo concentracións simultáneas que terán lugar en:

A CORUÑA: na Praza de Lugo, na esquina do Zara Home
FERROL: diante da Confederación de Empresari@s, no Cantón
SANTIAGO: diante do Zara na Praza de Galiza
VIGO: diante do Stradivarius na Avenida de Urzaiz
LUGO: diante da Confederación de Empresari@s, en Santo Domingo
PONTEVEDRA: na Praza 8 de marzo

Aliás, a Marcha Mundial das Mulleres en Ourense convoca unha MANI-FESTA-ACCIÓN con saída desde a Alameda ás 20h. Asemade, convocan o 10 de marzo o monólogo feminista 'Bye, bye Feminity, ás 21h. no Auriense e unha charla sobre A Renda básica das Iguais o 11 de marzo ás 20h no CS A Galheira.

En Vigo tamén convocan unha manifestación ás 20h o 8 de marzo desde a Praza de Portugal e un recital poético o sábado 12 ás 19.30h no Catro a Catro.

Fe de grallas. Por erro a manifestación do 6 de marzo foi atribuída á Plataforma Feminista Galega cando de certo é en réxime de autoconvocatoria.


No hay comentarios: