sábado, 12 de marzo de 2016

III XORNADAS ASEIA. “ A CONSTRUCCIÓN DA IDENTIDADE NA ADOLESCENCIA E INFANCIA: O LUGAR DO CORPO"

ASEIA organiza o sábado 21 de Maio, no Centro Cultural Marcos Varcárcel de Ourense, a súa III Xornada co tema central de "A construcción da Identidade na Adolescencia e a Infancia: O Lugar do Corpo". Como tódolos anos se organizarán conferencias, mesas redondas e obradoiros.

Este ano temos a honra de contar como poñentes con:

- Jordi Planella Ribera. Catedrático en Pedagoxía social pola Universitat Oberta de Catalunya.que nos falará de
- Jerónimo Bellido Pérez. Psicólogo Especialista en Psicoloxía Clínica. Psicoterapeuta de Orientación Reichana. Vexetoterapeuta. Director do Instituto Wilhelm Reich Europa
- Alejandro Vaghetti Jou. Psicólogo. Psicoterapeuta. Orientador educativo
- Ana Alonso Nogueira. Experta en Comunicación, Terapeuta psicomotriz e Experta en Atención Temperá.
- Pablo Villarino Torrado. Psicoterapeuta. Responsable de Saúde de Cruz Vermella Ourense
- Conchi Estévez Villar. Enfermeira do servizo de pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro. Educadora en masaxe infantil.
- David García Díez. Psicólogo. Psicoterapeuta de Integración Corpo Mente. Director Instituto Wilhelm Reich Galicia.
- Karina Bacelar Pereira. Psicóloga Especialista en Psicoloxía Clínica.

A Xornada obtivo o recoñecemento de Interese Sanitario (SA301A 2016/4-3)  por parte de Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Ademais contamos ca colaboración da Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Ourense para a organización, asi como o asesoramento técnico e organizativo do Instituto Wilhelm Reich Galicia.

Axuntamos o programa e pregamos a súa difusión entre profesionais que poideran estar interesados.

Para información e inscripcións podedes dirixirvos a aseia,xornadas@gmail.com

Esperamos poder contar ca vosa presenza en Ourense o 21 de Maio

ASEIA é unha organización aberta, na procura de tecer redes profesionais e socias que permitan achegar o noso traballo en favor da Saúde Emocional na Iinfancia e a Adolescencia ó maior número posible de mozos/as e as súas familias, así como ós/ás profesionais interesados neste ámbito. Se queres colaborar con nos podes facerte Socio/a Colaborador/a da nosa organización. Poderás participar dos grupos de traballo, acceder a toda a información periódica da nosa laboura, ter descontos en todas as actividades formativas e publicacións, e compartir con nos este espacio de coñecemento, crecemento profesional e intervención, que pretende ser ASEIA.

Si estás interesado podes porte en contacto a través de aseia.galicia@gmail.com


No hay comentarios: