sábado, 20 de febrero de 2016
MANIFESTO PLATAFORMA CORUÑA DEREITO AO ABORTO
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto de A
Coruña con data de 20 de xullo deste ano 2015, entregou no rexistro do Complexo
Universitario da Coruña un escrito dirixido ao Xerente do complexo e ás
directoras médica e de enfermaría, no que describía como tiña que ser a
atención ás mulleres que teñen un aborto no 2º Trimestre da xestación, segundo
os protocolos internacionais, denunciando que non se estaban a cumprir os
mínimos do que marcan os protocolos, polo que instabamos ás autoridades
responsables a que tomasen as medidas oportunas para garantir unha atención
integral e de calidade na atención ás mulleres que precisaban un aborto no 2º
trimestre do seu embarazo.
Despois de case sete meses e dado que non houbo
resposta, facemos un chamamento a toda a cidadanía a que exprese o seu
rexeitamento a esta situación:
• Acudindo á
mobilización que terá lugar o vindeiro xoves 18 de febreiro de 2016 ás 12h
diante do Rexistro do Hospital Universitario de A Coruña (na rotonda de acceso
ao Hospital) entregando este escrito de reclamación e/ou enviándoo aos correos
electrónicos de:
-Francisco.Jose.Vilanova.Fraga@sergas.es
- Pilar.Mata.Freire@sergas.es
- Maria.Angeles.Navasquillo.Lorda@sergas.es
Ao coidado de Francisco José Vilanova Fraga
Ao coidado de Pilar Mata Freire
Ao coidado de María Ángeles Navasquillo Lorda
• Enviando chíos
a @PGAbortoCorunha.
• Compartindo en
facebook este evento de PGDA da Coruña.
Tendo coñecemento de que:
1º. A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto de A
Coruña con data de 20 de xullo do ano 2015, entregou no rexistro do Complexo
Universitario da Coruña un escrito dirixido ao Xerente do complexo e ás
directoras médica e de enfermaría, no que describía:
• Como debería de ser a atención ás mulleres que
teñen un aborto no 2º Trimestre da xestación, segundo os protocolos
internacionais (Conferencia Internacional sobre Poboación e Desenvolvemento, O
Cairo 1994 e a súa revisión posterior en Nova York 1999).
• Como non se estaban a cumprir os mínimos que marcan
os protocolos, polo que instaba ás autoridades responsables a que tomasen as
medidas oportunas para garantir unha atención integral e de calidade na
atención ás mulleres que precisaban un aborto no 2º trimestre do seu embarazo.
2º. Despois de case sete meses non houbo resposta
pola administración.
SUMÁMONOS Á DENUNCIA da Plataforma Galega polo
Dereito ao Aborto da Coruña
“Que as autoridades da área sanitaria da Coruña están
a vulnerar os dereitos sexuais e reprodutivos de todas nós. Porque as mulleres
que teñen necesidade de que se lles practique un aborto de máis de 14 semanas
por causas médicas, no hospital materno -infantil da Coruña son dobremente
castigadas ao non ter a mesma atención que nun parto.
Ao trauma de ter que interromper un embarazo
desexado, cómpre engadirlle que van parir o feto morto sen posibilidade de
anestesia epidural.
Ademais non se lles pode garantir que vaian ser
atendidas durante todo o proceso por xinecólog@ ou matrona, nin que vaian ter o
expulsivo (parto) asistido nun paritorio e non na habitación de ingreso.
Para ter a seguridade de dispor dunha atención
axeitada tal e como recollen os protocolos internacionais: ser atendida en todo
momento por profesionais de xinecoloxía e ter acceso á anestesia, as mulleres
teñen que desprazarse ata Madrid.
Ademais non queremos esquecernos de denunciar tamén
que as mulleres de 30 concellos do rural : Abegondo,Aranga,Arteixo, Bergondo,
Betanzos, Cabanas, Camariñas, Carballo, Cee, Cerceda, Coirós, Corcubión,
Coristanco, Culleredo, Curtis, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laracha, Malpica,
Miño, Muxía, Oza - Cesuras, Paderne, Ponteceso, Sobrado dos Monxes,Vilarmaior,
Vilasantar, Vimianzo e Zas, están sen profesional de xinecoloxía no seu Centro
de Orientación Familiar de referencia (O COF do Ventorrillo) dende xaneiro do
2013.
Este tipo de atención vulnera os acordos
internacionais sobre os “Dereitos Sexuais e Reprodutivos” recoñecidos como
dereitos humanos.
E por todo instamos a que se adopten as medidas
oportunas para garantir unha atención integral e de calidade.
DENUNCIAMOS
- Que na área sanitaria da Coruña están a vulnerar os dereitos sexuais e
reprodutivos de todas nós.
- As mulleres que temos necesidade de que se nos practique un aborto de
máis de 14 semanas por causas médicas no hospital materno -infantil Teresa
Herrera da Coruña, somos dobremente castigadas ao non ter a mesma atención que
nun parto.
- Ao trauma de ter que interromper un embarazo desexado, non se nos pode
garantir a atención durante todo o proceso por persoal sanitario, nin que
teñamos o expulsivo (parto) asistido nun paritorio, obrigándonos a parir o feto
morto na mesma habitación do ingreso, sen posibilidade de anestesia epidural.
-
Ante esta situación a única saída que temos as mulleres para ser atendidas en
todo momento por profesionais sanitarios e ter acceso á anestesia, é
desprazarse fóra de Galiza, a Madrid.
ESIXIMOS
1º.Que contraten XA parteiras que nos atendan ás mulleres durante todo o
proceso: indución do parto e expulsivo do feto morto.
2º. Parir o feto morto
nun paritorio con posibilidade de anestesia epidural como todas as
parturientes.
Etiquetas:
aborto,
derechos humanos,
derechos reproductivos,
manifestación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario