sábado, 20 de febrero de 2016
A Valedora advirte de situacións en que o Sergas trata como "doentes" ou "pervertidos" persoas LGTBi
Milagros Otero, presentou no Parlamento o Informe
extraordinario sobre a situación de persoas lesbianas, gais, transexuais,
bisexuais e intersexuais na Galiza e alerta da "falta de formación"
entre @s profesionais da educación ou a sanidade, entre outros sectores.
A Xunta anuncia un protocolo após deixar o PP sen
contido a lei LGTBi
Esta quinta feira (18 de febreiro) a Valedora do
Pobo, Milagros Otero, presentou no Pazo do Hórreo o Informe extraordinario
sobre a situación de persoas LGTBi http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/AxendaParlamentaria/c_pet_2016_02_18_docu.pdf na Galiza, un documento elaborado a partir de encontros cos colectivos e
asociacións para a defensa das liberdades sexuais e de xénero.
Milagros Otero atribúa á "falta de
formación" o tratamento discriminatorio e vexatorio que reciben persoas
LGTBi nas institucións públicas.
Neste senso, na súa intervención a Valedora alertou
da "falta de formación" d@s profesionais, nomeadamente da sanidade.
Neste senso, Milagros Otero sinalou que aínda se producen situacións nas que o
persoal do Sergas --médico e psicolóxico-- trata como "doentes" ou
mesmo "pervertidos" ás persoas LGTBi chegando mesmo a diagnosticaren
como "trastornos da personalidade ou esquizofrenía" as identidades
sexuais.
Aliás, instou a "desmitificar" o vencello
entre as persoas LGTBi e a transmisión do VIH/SIDA.
Mais, lembrou tamén que a "inexistencia" de
protocolos específicos no ámbito educativo e da falta de formación e
información por parte das equipas docentes impiden combater de maneira eficaz
casos de transfobia ou agresións por razón de identidade sexual. Neste senso,
desde a Consellaría de Educación xa avanzaron a pasada semana que están a
concluír un protocolo educativo na materia e que podería ser presentado a
vindeira semana.
A Valedora recibiu apenas 3 queixas por agresións
LGTBifóbicas de entre máis de 36 mil.
A presentación do extenso informe coincide coa recente
agresión homófoba acontecida en Compostela. Neste senso, a Valedora indicou que
se reuniu cos colectivos Ultreia e ALEAS a petición propia para coñecer o
acontecido e advertiu do "repunte" de condutas LGTBifóbicas polas que
amosou a súa "preocupación".
Neste senso, a Valedora indica que apenas recibiu
"unhas tres queixas" nesta materia das "máis de 36 mil" que
se presentaron. Un número, lamentou, "escaso", dixo, que mostra as
poucas denuncias que aínda se presentan por agresións LGTBifóbicas, unha cuestión
que xa foi subliñada o pasado ano polo anterior Valedor, Julio Fernández, co
gallo do informe de 2015.
Neste senso, os colectivos reclaman, como así
trasladou Milagros Otero, a aplicación efectiva de Lei para a non
discriminación das persoas LGTBi na Galiza aprobada en 2014 mais da que non se
están a cumprir boa parte dos seus preceptos, segundo denunciaron as forzas da
oposición.
Etiquetas:
derechos sexuales,
lgtbi,
protocolo,
recursos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario