viernes, 17 de marzo de 2017

Manifestación "Que non te enganen, a Diversidade existe"


Non podemos estar mais emocionadxs e deseXosxs de poder sair de novo o sábado as ruas de Compostela para berrar ben alto canto nos gusta e canto amamos a Diversidade.
Qué non vos enganen, xs nosxs fillxs existen e están.
Qué nos vos enganen, as familias orgullosas dxs seus fillxs existen e están.
Qué non vos enganen, as persoas trans adultas existen e están.
Qué non vos enganen, a Diversidade existe!!!
Todxs xuntxs o sábado a Compostela!!!

Dende fai unhas semanas o colectivo LGTBI e mais nomeadamente o colectivo de menores e persoas trans adultas, estamos sendo atacadxs e insultadxs por organizacións e por unha parte da sociedade que non respeta a diversidade.

Debido as campañas que incitan o odio e a LGTBIfobia, varias persoas do colectivo foron novamente atacadas e agredidas, coñecimos estes días que a crianzas trans lles baixan os pantalóns nos seus colexios para "comprobar" o que teñen entre as pernas, dous rapaces homosexuais foron atacados e golpeados en Barcelona, unha muller trans foi terriblemente golpeada ata a morte en Brasil,...

Cando vai parar todo isto?. Non podemos seguir soportando o acoso, as discriminacións, as agresións, os asesinatos ...Non podemos permitir que se nos trate de silenciar e invisibilidar.

O colectivo LGTBI non somos lobby, non adoctrinamos, non respondemos a ningunha ideoloxía, traballamos a reo para conseguir DEREITOS FUNDAMENTAIS, traballamos pola igualdade de oportunidades e a equidade social. Por iso seguimos na loita por unha Leí galega de Identidade de Xénero, lle pese a quen lle pese.

Queremos unha sociedade libre da opresión e da violencia.
Queremos unha sociedade onde a diferencia e a diversidade sexa un valor a respetar.
Queremos e esiximos respeto¡

Por iso dende ARELAS, AMIZANDO e ULTREIA LGTBI convocamos o próximo sábado 18 de marzo as 19:00 hs unha manifestación na Praza do Obradoiro e camiñaremos ata o Toural para berrar polas rúas de Compostela : "QUE NON TE ENGANEN, A DIVERSIDADE EXISTE. POLO DEREITO A SER E EXISTIR".

No hay comentarios: