domingo, 12 de marzo de 2017
8 de marzo A Coruña
A Coruña celebrou, por vez primeira, o Día
Internacional das Mulleres como festividade local. Nesta xornada, o alcalde,
Xulio Ferreiro, e a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga,
inauguraron as prazas Oito de marzo e Elvira Bao Maceiras, acto no que
estiveron acompañados por Elvira Varela e Arturo Kesser, filla e neto da mestra
e membro das Irmandades da Fala.
Durante esta xornada festiva tivo lugar o roteiro
'Traficando con peixe e cigarros: mulleres, traballos e saberes da cidade', no
que, desde a praza Elvira Bao Maceiras até a praza da Fábrica de Tabacos, se
fixo un percorrido pola historia dos distintos colectivos de mulleres que
mudaron a realidade coruñesa.
Na praza da Fábrica de Tabacos, peza clave do
movemento sindicalista e dos dereitos laborais na cidade, ten lugar unha feira
de creadoras e artesás, que se manterá aberta ao público até as 20.00 horas, e
que contou con actividades como unha acción performativa, unha foliada co grupo
Habelas Hainas e unha concentración de moteiras.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario