viernes, 17 de marzo de 2017

Ffotocreativa

Sesión 2 do Ffotocreativa Vigo "Sentir o corpo. Que nos mexe dentro? o próximo Sábado 25 de Marzo de 11h a 14h no Patio de Guixar (Barrio de Teis, Vigo).

Se queredes unirvos a este grupiño de mulleres e explorar os poderes das emocións, como se comunican connosco a través do noso corpo e unha iniciación á súa representación visual, apúntate hoxe e compartilla experiencias connosco.

Feminismo, fotografia e creatividade para mulleres  en 5 sesións nas que percorreremos o fascinante mundo que conforma a nosa identidade, contexto e relacións.

Aprenderemos colectivamente a ler imaxes, teoría da historia e mecánica da fotografía e a escreber as nosas propias narrativas visuais.

O Patio de Guixar é a parceira de Ffotoeduca pondo ao noso dispor o seu local na rúa Xulián Estevez, 56 en Teis.

É moi recomendabel asistir a todas as sesións pero aceitase asistencia a días soltos.
O prezo de cada sesión é de 20€

PROGRAMA:

Sesión 1: Sábado 25 de Febreiro de 11h a 14h - Observar o contexto. Onde estamos?
Sesión 2: Sábado 25 de Marzo de 11h a 14h - Sentir o corpo. Qué nos mexe dentro?
Sesión 3: Sábado 29 de Abril de 11h a 14h - Identidade e memoria. Quen somos?
Sesión 4: Sábado 27 de Maio de 11h a 14h - Movemento e acción. Cómo creamos?
Sesión 5: Sábado 24 de Xuño de 11h a 14h - Coidados e celebración. Cando paramos?


Podes unirte xá a esta iniciativa enchendo este formulario https://goo.gl/form s/vlTKppokIToyb4Zu1

Para máis información sobre esta proposta e sobre Ffotoeduca: fotoeducagaliza@gmail.com

Aqui mais información sobre o Ffotocreativa e como apuntarse: http://fotoeducagaliza.blogspot.com.es


No hay comentarios: