martes, 3 de diciembre de 2013

Xornadas “Feminismo e Saúde”


Os mércores, 4, 11 e 18 de decembro terán lugar as xornadas "Femismo é saúde" organizadas polo colectivo Acción Rabuda e a Universidade da Coruña. Tres sesións nas que se abordarán diferentes temas relacionados coa saúde integral das mulleres desde unha perspectiva crítica feminista.

As sesións serán no Campus de Riazor da Coruña, no edificio da NORMAL en horario de 19:00 a 21:30.

A entrada é de balde ata completar aforo.

As persoas interesadas e que participen nas tres sesións recibirán diploma de asistencia expedido pola Universidade da Coruña.

No hay comentarios: