miércoles, 11 de diciembre de 2013

Xornada Sexualidades desobedientes


Durante os tres últimos anos, Fiadeiras propón traballar o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, organizando unhas xornadas  baixo o lema Educación social e Violencia de Xénero que teñen como principal obxectivo sensibilizar e concienciar sobre a necesidade de establecer boas prácticas dende a educación social para a eliminación de tódalas formas de violencia contra as mulleres.
Dentro desta xornada, e como peche artístico á mesma, representarase a obra Un bo peixe, sobre violencia machista, a cargo do grupo de GTO Corunha [Teatro dx oprimidx]

Lugar: Aula Sarmiento da Facultade de Ciencias da Educación, Campus Vida. Santiago de Compostela.
Inscrición gratuíta.



No hay comentarios: