domingo, 1 de diciembre de 2013

1 de decembro, Día Mundial da loita contra o VIH


Con motivo do Día Mundial da loita contra o VIH, o Centro de Anticoncepción e Sexualidade, o luns día 2 continuando cas nosas accións preventivas, ofrecémosche un espacio onde poder realizar a proba rápida do VIH de forma gratuita, anónima e confidencial na Ronda de Nelle, 126, baixo d, dende as 09:00 da mañá ata as 15:00 hrs.

Teremos unha mesa informativa onde che facilitaremos guías, folletos e materiais preventivos, xa que a información e a prevención son imprescindibles para detectar e deter a infección. Comprometidas/os e implicadas/os nas accións preventivas, destacamos o noso traballo no campo da educación sexual onde ofrecemos formación e información contrastada a todas as persoas que a demanden e poder atender así ás súas necesidades en materia de saúde sexual.

Este ano a nosa campaña está baseada na Sensibilización, Liberdade e Respeto nas túas relacións afectivo-sexuais dirixido ás persoas menores de 30 anos.



No hay comentarios: