O CGAC saca, deste xeito, a arte á rúa "trasladando as cuestións da diversidade sexual, a sida ou a cultura de masas ao debate no espazo público con tres obras significativas", segundo un comunicado. De feito, unha delas xa está a crear as primeiras dúbidas perceptivas entre os máis observadores en forma de valado publicitario á altura de Bertamiráns, na estrada Santiago-Noia. É obra do cubano Felix González-Torres, falecido en 1996 por causa da sida, que lanza unha mensaxe cargada de denuncia a través dun gran rectángulo negro con inscricións en branco que aluden a eventos relacionados cos gays.
O proxecto invade o terreo do compromiso político e da crítica social. Carteis de Pepe Miralles inundarán as rúas de Santiago tal e como o fixeran no 1994 co seguinte texto: "Se abertamente vos comunicase o meu estado de saúde, cantos de vós fariades un acto de compaixón para despois construírdes un muro arredor meu".
Mentres, a parella artística Cabello/Carceller actualiza a intervención Se vende realizada no 2003. Desta volta, escollen o escaparate da tenda Andrómenas que presentará o conflito entre o discurso homosexual, a mensaxe publicitaria e a cultura do consumismo a través duns monitores nos que se le "se vende" sobre o fondo da bandeira arco iris.
No hay comentarios:
Publicar un comentario