lunes, 4 de mayo de 2009

AGaSEX en prensa:“Educamos na igualdade de xéneros”

Ideal Gallego, Sábado 2 de Mayo de 2009:
A educación dos máis pequenos, a súa formación cando aínda comezan a abrir os ollos, probablemente marcará o resto da súa existencia. A importancia que se da a este tipo de actuacións no aspecto sexual soe ser tratada de forma distinta á dunha clase de Matemáticas ou Literatura. Pero, sen dúbida, pode ser moito máis definitiva de cara ao desenvolvemento da criatura. Dese tipo de “moldeado” da infancia encárgase Paula López Baldomir, desde a asociación Agasex.

­Que é exactamente Agasex?
-A Asociación Galega para a Saúde Sexual. Unha entidade sen ánimo de lucro que desenvolve actuacións sociais e educativas en Galicia, educamos na igualdade de xéneros e de orientacións sexuais.

­A que tipo de xente chega a súa mensaxe?
-O noso público obxectivo son os e as adolescentes, sen embargo, tentamos que todo o mundo poida ter acceso a uns servizos de calidade, aos que poida acudir para pedir información.
­
Cal e esa información?
-Pretendemos formar en saúde sexual por medio de actividades educativas e concienciar para previr a transmisión e extensión do VIH/sida e outas ITS e tamén sensibilizar para a igualdade de dereitos a colectivos que se atopan discriminados.
­Existen prexuizos sexuais aínda hoxe?
­Sen ir moi lonxe, ata finais do ano pasado, non tivemos ocasión de traballar en ningún centro educativo o tema da homosexualidade, é un tabú. En moitos casos segue a entenderse a educación sexual simplemente como a preveción ou a obtención de información sobre métodos anticonceptivos, e non é así.
­
Somos homófobos?
­Nas nosas intervencións educativas facemos unha dinámica onde os nenos e as nenas teñen que inventar en grupo a historia dun ligue, cando rematan é raro que os protagonistas desa historia sexan homosexuais.

No hay comentarios: