É un método “complementario” que se debe utilizar cando outros fallan ou se mantiveron relacións coitais sen protección ou desprotexidas.
Ésta era unha das reivindicacións que levamos a solicitar hai anos desde a asociación. O obxectivo da dispensación libre da pilula do día dispois é de reducir os embarazos non planexados e os abortos. Esta solución de emerxencia poderáse dispensar a menores de idade, por iso é necesario acompañala de medidas serias relacionadas ca educación sexual para contribuir a promover nas/os xóvenes e na sociedade en xeral unha sexualidade "o mais sá posible e mais responsable".
"Sólo hai unha minoría de casos que poden facer un uso irracional da pilula poscoital. Igual que os hai que o fan con outros medicamentos". As/os menores, na medida en que están capacitados para decidir ter relacións sexuais, deberían estalo para acceder a este método de urxencia.
En Galicia desde o ano 2006, xa se facilitaba o acceso á pilula postcoital con receita médica desde Atención Primaria de maneira gratuita. Esta medida ven a poñer fin ás desigualdades existentes entre as diferentes CCAA.
A anticoncepción de emerxencia reúne tódolos requisitos para unha automedicación segura. Así está recoñecida polas axencias europea e estadounidense do medicamento. «Sólo se pode utilizar para esa indicación, non ten efectos secundarios importantes, non existen contraindicacións (salvo a intolerancia ó principio activo e enfermidade hepática grave). En todo caso ó igual que outros medicamentos necesita ir acompañada dunha información axeitada para o uso correcto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario