martes, 19 de agosto de 2008
Vicepresidencia Condena O Caso De Violencia De Xénero Ocorrido En Vigo
A Vicepresidencia da Xunta de Galicia mostra a súa máis enérxica repulsa polo caso de violencia de xénero ocorrido en Vigo, no que resultou morta unha muller presuntamente a mans da súa parella e convoca para hoxe 19 de agosto ás 12,00 horas, unha concentración na que se gardará un minuto de silencio. O acto en memoria da última vítima da violencia de xénero terá lugar na explanada da Vicepresidencia, en San Caetano, en Santiago.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario