Entidade: Fundación Isonomía da Universitat Jaume I de Castelló
Lugar: On-line
Datas: 2008-2009
O curso “Tratamento non sexista da información: claves e fundamentos” é un curso de postgraos de especialización, homologado pola Universitat Jaume I, que está dirixido, principalmente, a profesionais dos medios de comunicación (radio, prensa, televisión, Internet, etc.), a persoas tituladas en Ciencias da Información e a todas aquelas interesadas por coñecer claves e ferramentas para dar un uso non sexista á linguaxe.
O presente curso está impartido por profesorado experto en materia comunicación, xénero e igualdade da Universitat Jaume I de Castellón e doutras universidades do estado
español. Este curso tamén pode ser realizado por persoas que aínda que non posúan unha graduación universitaria teñen interese en recibir formación na materia ben debido á súa actividade social (asociacionismo, voluntariado, etc.) ou persoal. As persoas que non acrediten titulación universitaria non poderán acceder ao título de postgraos aínda que lles será acreditada a formación recibida a través dun certificado de participación avaliado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario