viernes, 8 de agosto de 2008

Obradoiro De Autodefensa Feminista Para Mulleres E Lesbianas

9 Agosto, LSO Casa Das Atochas (Rúa Atocha Alta 14, A Coruña)
12:00h comeza o obradoiro
14:00h xantar lixeiro
16:00h - 19:30h continua o obradoiro
22:00h ceador vegano
23:00h proxección do filme NOVEMBER (Alemaña, 2004)Dirección, guión e produción: Hito Steyerl. Duración: 32 minutos.Elexía a unha amiga, Andrea Wolf, coa que a videoartista Hito Steyerl (Múnic, 1966) fixera unha película de artes marciais aos 17 anos. Mesturando estas imaxes coas de títulos de Russ Meyer, René Viennet e o actor Bruce Lee, imos descubrindo outros aspectos da vida de Andrea. Acusada de pertencer á Fracción Roxa, alistouse na milicia kurda e foi asasinada en 1998 como presunta terrorista. Que pasara nese tempo? Segundo Steyerl un proxecto sobre a era de Novembro, “cando a revolución está acabada e só os seus xestos seguen circulando”.
23:30h-1:30h festa con DJanes convidadas e DJanes Nomepisesofreghao, Gogós, etc.
ANTE A VIOLENCIA MACHISTA AUTODEFENSA FEMINISTA Se vindes de fora da cidade falade con nos e arranxamos a durmida: tlf. 981220070/671309080/637986303

No hay comentarios: