martes, 26 de agosto de 2008

Subvencións Para O Fomento Do Movemento Asociativo E De Defensa Da Muller

Axudas para programas e actividades que persigan entre outros os seguintes obxectivos:

• Sensibilizar e potenciar a igualdade de oportunidades e trato nos diversos ámbitos da sociedade, especialmente na loita contra a violencia de xénero.• Sensibilizar e potenciar a necesidade de que homes e mulleres actúen corresponsablemente nas funcións e tarefas familiares e do fogar.• Formar e informar ás mulleres do eido rural sobre melloras para o desenvolvemento deste sector produtivo.• Promover accións relacionadas coa saúde das mulleres e o seu benestar xeral.• Promover a práctica de actividades físicas para acadar unha mellor calidade de vida.• Potenciar o asociacionismo feminino e a participación das mulleres en todos os ámbitos.• Potenciar as relacións entre as mulleres e a súa participación en actividades de ocio e tempo libre dun xeito lúdico pero mantendo unha parta didáctica.• Promocionar o acceso e uso das novas tecnoloxías
Beneficiario:Asociacións de mulleres, secretarías da muller dos sindicatos e vogalías da muller das asociacións de veciños do Concello de Santiago que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar inscritas no rexistro municipal de asociacións e, no caso de estalo, ter actualizados tódolos seus datos, polo que calquera cambio xurdido dende a súa inscrición ou última actualización, deberá comunicarse por escrito á Unidade Técnica de Muller xunto á solicitude. b) Carecer de fins de lucro. c) Desenvolver principalmente as súas actividades no Concello de Santiago de Compostela. d) Estar ao corrente, no seu caso, nas xustificacións doutras subvencións concedidas polo Concello de Santiago. e) Estar ao corrente nas obrigas tributarias co Concello, Axencia Tributaria e coa Seguridade Social e non estar incluídas nalgún dos supostos de prohibición ou incompatibilidade previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Publicación:
BOP de A Coruña de 25 de agosto de 2008

No hay comentarios: