viernes, 8 de agosto de 2008

Axudas Dirixidas Á Realización E Difusión De Estudos E Investigacións E Á Organización De Xornadas Ou Congresos En Materias Relacionadas Coas Mulleres

A convocatoria destas axudas por parte da Vicepresidencia da Xunta de Galicia enmárcase dentro dos obxectivos do V Plan do Goberno Galego para a Igualdade entre Mulleres e Homes 2007-2010, que establece como obxectivo específico 4.5 o impulso da formación e da investigación sobre a violencia de xénero en todos os sectores da sociedade.
Nesta liña, estas axudas están dirixidas a fomentar en Galicia a realización e difusión de estudos e proxectos de investigación no ámbito da igualdade entre mulleres e home, establecéndose algunhas áreas prioritarias susceptibles de estudo e/ou investigacións.Os beneficiarios destas axudas establécense segundo as diferentes modalidades que sinalan as bases:
  • Bolsas destinadas a estudantes dos últimos cursos universitarios ou de terceiro ciclo para desenvolver estudos ou proxectos de investigación relacionados con algunha das áreas prioritarias determinadas no artigo 2º desta orde.Poderá concederse nesta modalidade un importe máximo de 6.000 euros por cada bolsa.
  • Axudas a universidades galegas para a realización de estudos ou proxectos de investigación relacionados con algunha das áreas prioritarias determinadas no artigo 2º desta orde.Poderá concederse nesta modalidade un importe máximo de 15.000 euros.
  • Axudas a entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas e colexios profesionais para a realización de estudos ou proxectos de investigación relacionados con algunha das áreas prioritarias determinadas no artigo 2º desta orde.Poderá concederse nesta modalidade un importe máximo de 7.000 euros.
  • Axudas a editoriais, sexan persoas físicas ou persoas xurídicas, para a publicación de estudos, investigacións e outras publicacións sobre temas relacionados con algunha das áreas prioritarias determinadas no artigo 2º desta orde.Poderá concederse nesta modalidade un importe máximo de 8.000 euros.
  • Axudas a entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas e ás universidades, destinadas á organización de xornadas ou congresos relacionados con algunha das áreas prioritarias determinadas no artigo 2º desta orde.Poderá concederse nesta modalidade un importe máximo de 6.000 euros.

Estado do trámite: En prazo de presentación A data límite para a presentación de solicitudes será de un mes contado a partir da publicación das bases do DOG para os tres primeiros casos. Para os dous segundos casos o prazo rematará o 30 de setembro de 2008.

Convocatoria do DOG e Anexos

No hay comentarios: