jueves, 14 de diciembre de 2017

VIDEOFORUM con motivo do Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro)

O luns 18 de decembro, ás 19:00 h. no Centro Cívico Cidade Vella na Coruña, proxectaráse a película NAZ & MAALIK, que unha vez finalizada, reflexionaráse sobre as diferentes orientacións sexuais na relixión musulmana.

Ambientada nun só día en Brooklyn, céntrase en dous adolescentes musulmáns (Naz e Maalik), que son vixiados por un axente encuberto do FBI que comeza a seguilos debido a súa relixión, mentres os dous protagonistas musulmáns realizan a súa rutina diaria un venres pola tarde. E unha historia onde se mesturan as discriminacións sociais debido á raza, relixión e sexualidade.

Os dereitos humanos (ONU) son dereitos inherentes a todos os seres humanos, sin distinción algunha de raza, sexo, nacionalidade, orixe étnica, lengua, relixión ou calquera outra condición. Entre os dereitos humanos inclúense a garantía de igualdade e non discriminación entre todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual e a súa identidade de xénero, isto significa que é ilegal facer calquera distinción en materia de dereitos das persoas polo feito de que sexan lesbianas, gai, bisexual ou transxénero (LGBT).



No hay comentarios: