viernes, 1 de diciembre de 2017

Día da Memoria Transxénero

Dende hai anos o 20 de novembro ven conmemorando o Día da Memoria Transxénero data en que se lembran as e os compañeirxs que faleceron polo odio irracional debido o prexuicio de quen considera que rachar as fronteiras do xénero, merece a morte.

Segundo os datos Oservatorio de Persoas Trans Asasinadas (Trans Murder Monitoring), polo menos 2.264 persoas transexuais e transxénero foron asasinadas en todo o mundo entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 30 de setembro de 2016 (a gran maioría mulleres trans). Neste último ano, foron preto de 300 as persoas asasinadas das que se ten rexistro, cifra que está moi por baixo de reflectir toda a realidade.

Como sempre ocurre cas realidades ocultas, estamos a falar só dos datos dos que se teñen constancia; trátase, sen dúbida, da punta do iceberg.

Sigamos traballando todas xuntas para que a transfobia, as vexacións e agresións, para que os asesinatos a persoas trans desaparezcan.

Como di o lema da campaña Sorrisos Transformadores:
RESPECTA - DEFENDE - SENSIBILIZA - IGUALA - VIVE - E - DEIXA VIVIR




No hay comentarios: