domingo, 23 de julio de 2017

Arelas, asociación de familias de menores trans-LEI TRANS Galega

Queridxs amigxs e compañeirxs de loita, como ben sabedes o 11 de xullo o que podía ser un día histórico para moitas persoas trans e as súas familias o lograr unha Lei galega de Identidade de Xénero que lles permitise ter unha vida máis vivible, convertiuse nun día hostórico pola vergoña de ver o partido que goberna para todxs xs galegxs, como votaba NON os dereitos das persoas trans.

Tristemente moitas persoas tivemos que presenciar cómo as esperanzas por ter vidas mais dignas, cas mesmas igualdades de oportunidades e cos memos dereitos co resto da ciudadanía, chocaron contra un muro inmenso de prexuízos, vergoña e hipocresía, pois o Partido Popular de Galicia votou en contra da toma en consideración da futura -porque tarde ou temprano acabará chegando- lei de identidade de xénero galega. Non se trataba de aprobar o texto, senón de permitir que comezara un proceso de debate e enmendas. Ante isto preguntámonos repetidas veces o por qué, pois se había aspectos nos que non estaban de acordo sempre podían sinalalo e incorporalos á lei, máis, o motivo do seu NON non se baseaba en aspectos técnicos ou modificacións, senón que era, estrutural e ideolóxico.

Noutra banda, tivemos o orgullo de escoitar a toda unha oposición parlamentaria unida, e defendendo de maneira rotunda todo o que recollía o borrador da Lei presentada dende o colectivo LGTBI galego. Así o BNG, En Marea e o Psda-PSOE encheron o hemiciclo do Parlamento Galego de respeto e dignidade hacia o colectivo trans, recordando a loita das que nos antecederon e recoñecendo o traballo dos que saímos a rúa a loitar polos nosos dereitos. Tratando abertamente sen límites todas as cuestión relacionadas ca non identificación do sexo e xénero asignado o nacer. Levando os discursos e o debate parlamentario a unha altura diga do tema que se estaba a tratar. Dende Amizando, ARELAS, ULTREIA e NOS MESMAS, todo o noso recoñecemento xs tres parlamentarios que defenderon o noso colectivo.

A representade do Grupo Parlamentario Psdga-PSOE Noela Blanco sinalou que o borrador da futura Lei Galega de Identidade de Xénero “foi presentada polas persoas LGTBI no Parlamento de Galicia, como unha oportunidade de comezar a devolverlles o respecto que merecen, afirmar a súa identidade e de restituír a súa liberdade”. “Estas persoas que teñen ahí non piden privilexios, piden ser iguais en todos os ámbitos, pero non unha mera declaración de intencións”.

Decía Olalla Rodil do grupo Parlamentario do BNG, na súa intervención que o colectivo trans tiña “pedras, atrancos, límites que comezan no momento en que para acceder a calquera servizo, como o sanitario ou o recoñecemento legal do seu xénero sentido, teñen que ser diagnosticadas cun trastorno de disforia de xénero, é dicir, como enfermas mentais. Ese é o maior avance recollido nesta lei, a súa pedra angular, deixar de considerar a transexualidade unha enfermidade para recoñecer que non sempre a identidade de xénero se corresponde co sexo asignado ao nacer. O que é o mesmo, que o xénero non ten nada que ver cos xenitais, que hai homes con vaxina e mulleres con pene”. Efectivamente, o que onte puidemos presenciar é que O Grupo Parlamentario do PP non admiten a nosa existencia fora de estereotipos e clichés estigmatizantes, dentro dos criterio diagnósticos das súas UTIGs disfrazadas de “Unidades de Referencia”, indo así por detrás da meirande parte da sociedade á que representan e dos criterios das lexislación e recomendacións internacionas e nacionais de non tratar as persoas trans como enfermos mentais.

Marcos Cal de En Marea apuntaba na súa intervención que “ ha un sentimento común que é a todalas persoas que loitaron polo dereito a ser que di: se volvese a nacer volvería a ser quen son, máis preferiría non ter que voltar a vivir a infancia que tiven”. Engadía que “a transexualidade non é un problema, a Transfobia si, aquí e fora de este hemiciclo”. Indudablemente o PP non lles importa o noso sufrimento, de feito, o goberno abandonou o Pleno durante o debate, Feijoo, o Presidente da Xunta de Galicia incluído. Para eles, a igualdade non é máis que un termo sometido a un uso político, non unha realidade na que de verdade crean. Co seu voto en contra de esta Lei institucionalizaban os prexuizos que aínda residen nunha parte da sociedade. Daban o visto bon ás discriminacións que seguen a darse en tantos ámbitos da sociedade e das institucións; unha palmadita na espalda ao psicólogx que che pregunta por qué non levas tacóns se es unha muller, ou cómo vas a ser un home penetrado, ou que te avisa que nunca serás unha verdaderia muller porque non terás a regra e fillxs propios. Un recoñecemento a aqueles que rexeitan, insultan, acosan e agreden a todo o que é diferente.O PP de Galicia co seu voto negativo dixo non ao dereito de autodeterminación das identidades, a despatoloxización da transexualidade, os dereitos fundamentais do colectivo trans.

Dixo non unha sociedade máis xusta.

O que non teñen en conta, o que seguramente non entenden, é que sempre van vivir na nosa memoria como aqueles que prolongaron o noso sufrimento. O que non asumen, é a súa hipocresía de levantar a nosa bandeira cando ían votar en contra da Lei, foi todo un insulto ao colectivo.

O que non saben é que non poden parar o furacán dos dereitos trans, que irrumpirá no Congreso cunha Lei Trans Integral Estatal en outubro, que este colectivo LGTBI galego velará por que se cumple íntegramente na nosa comunidade.

Vémonos nas rúas compas¡¡


No hay comentarios: