lunes, 18 de marzo de 2019

Roteiro As guerreiras dos dereitos na cidade de cristal (15/03/19)

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, participou esta mañá no roteiro 'As guerreiras dos dereitos na cidade de cristal'. É un dos percorridos en clave feminista que organiza o Concello para este mes de marzo, dentro da programación do 8M, e cos que se trata de dar a coñecer o labor das mulleres que traballaron a prol da transformación social da cidade. As persoas asistentes ao roteiro percorreron o centro urbano acompañados dunha guía que relatou a conexión das mulleres e da cidade coa loita polos dereitos humanos, os dereitos das mulleres --como a loita por unha vida digna, a educación, o traballo ou a liberdade sexual-- e a relación entre urbanismo e feminismo.

No hay comentarios: